"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pazo de Cea.
-
-
Relativo ou pertencente a Nigrán ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Nigrán.
-
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Palma o Vello, foi discípulo de Giovanni Bellini e recibiu a influencia de Giorgione e Tiziano. Comezou con representacións das sacre conversazioni e máis adiante fixo figuras sobre paisaxe e figuras femininas orixinais pola súa sensualidade. Da súa obra destaca Madonna col Bambino tra San Giovanni Battista e la Maddalena. O fillo do seu sobriño, Jacopo Nigretti , coñecido como Palma o Novo (Venecia 1554-1628), tamén pintor, foi influído por Tiziano, Tintoretto, Il Veronese, Rafael e Miguel Anxo. Traballou no Palazzo Ducale e en igrexas venecianas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de invocar os defuntos para obter por medio deles, o coñecemento das cousas futuras. Existen testemuños da práctica desta arte en Babilonia, en Grecia e en Roma e tamén foi practicada polos hebreos. Entre os primeiros cristiáns foi condenada, e atópanse trazos na Idade Media e no Renacemento. Aínda subsiste, esporádica e clandestinamente en África ecuatorial, nas Antillas e en Tíbet.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que practica a nigromancia.
-
-
Relativo ou pertencente á nigromancia.
-
nigromante.
-
-
PERSOEIRO
Monxe italiano. Despois de organizar a vida cenobítica de tradición bizantina en Calabria e noutros lugares, fundou, en Lacio, a abadía grega de Grottaferrata. A súa festividade celébrase o 26 se setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cromatina descrita nas neuronas que se atopa no citoplasma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Megye de Hungría (2.544 km2; 220.261 h [2001]). A capital é Salgótarján.
-
CIDADES
Cidade do departamento de Seine-Saint-Denis, na rexión de Île-de-France, Francia, situada na beira esquerda do río Marne, ao NL de París (54.032 h [1990]). A súa economía baséase na fabricación de depuradoras de auga.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tratado sobre as leis.
-
Método de cálculo que se basea na utilización dos nomogramas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á nomografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Autor dunha nomografía.
-
-
Gráfico dunha lei.
-
Gráfico ou abaco que consiste en tres ou máis liñas rectas, ás veces curvas, habitualmente paralelas e graduadas cada unha por unha variable de maneira que, ao curtar as tres liñas cunha recta ortogonal, se obteñen os valores relativos das tres variables.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo entre dous estados de se abster de empregar a forza un contra o outro e de resolver os seus conflitos mediante unha negociación ou someténdoos a unha arbitraxe. Asinado por estados que poderían ter motivos para se enfrontar belicamente, sería só unha medida diplomática para adiar as hostilidades no canto de sinalar o comezo dunha verdadeira política de distensión.
-
PERSOEIRO
Xogador de golf australiano. Coñecido como o gran tiburón branco, debutou como profesional en 1976. Gañou o British Open (1986 e 1993), 66 torneos internacionais e foi subcampión de todos os grandes torneos (Masters, US Open e PGA). Retirouse en 1998.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de regras que pretenden ser unha norma do galego de Asturias. Na súa redacción partiuse de dous principios básicos: a) as falas do estremo occidental de Asturias son variedades do galego oriental e b) o referente é o galego común, pero respectando a personalidade lingüística das variedades galegas da Terra Eo-Navia. Foron publicadas en setembro de 1990 pola Mesa prá Defensa del Galego de Asturias e da Cultura da Comarca (MDGA) e redactadas por unha comisión constituída por Xosé Carlos Álvarez Blanco, Xoán Babarro González, Francisco Fernández Rei, Celso Martínez Fernández, Antonio Meilán García e Antón Fernández Santamarina. Son as normas que se empregan na revista Freita e nas diversas publicacións da MDGA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de normas ortográficas e morfolóxicas que rexen a norma escrita do galego. O modelo lingüístico que propoñen está baseado na lingua viva, ten como referente as distintas variantes dialectais para conseguir unha variante supradialectal, conxuga a tradición escrita e harmonízaa coas demais linguas romances, en especial co portugués. O texto foi aprobado nunha sesión conxunta da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega o 3 de xullo de 1982. Foi revisado, actualizado e ampliado coa aprobación do Consello Científico do Instituto da Lingua Galega o 11 de novembro de 1994 e da Real Academia Galega, en sesión extraordinaria, o 25 de febreiro de 1995. O 12 de xullo de 2003, en sesión plenaria, a Real Academia Galega aprobou unha nova revisión e ampliación do texto normativo, na busca da concordia lingüística con outras propostas normativas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Patrón que permite debuxar rapidamente letras, números, signos ou figuras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo Norteamericano de Libre Comercio.