"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída en setembro de 1930 como sucesora da Federación de Trabajadores creada en 1920 e integrada na CNT. En 1932, as diversas seccións agrupáronse en sindicatos de industria, co obxectivo de conformar os de edificación, transporte, metalurxia, servizos públicos e profesións varias, e deron lugar á Federación Local y Comarcal de Sindicatos Únicos de Villagarcía. Durante o goberno da Fronte Popular, estendeu a súa influencia a localidades próximas, e incorporou a mariñeiros, toneleiros, descargadores e labregos.
-
GALICIA
Enxeñeiro agrónomo e político. Profesor de economía agraria na Universidade de Santiago de Compostela, foi director territorial do ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (1987-1990). Deputado no Parlamento galego polo PSdG-PSOE (1989-2005), foi conselleiro de Agricultura, Gandaría e Montes (1987-1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Administrador solidario da Fábrica de Cerámica de Sargadelos. Pertence aos consellos de administración da Fábrica de Cerámicas do Castro e do Instituto Galego de Información e á Fundación Galicia-Empresa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
arco de descarga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa pública creada en 1994 para coordinar e impulsar o Plan de Desenvolvemento Comarcal. É un centro de innovación, planificación e estudo do territorio, así como un centro de investigación aplicada que colabora con programas experimentais de ámbito europeo, para a aplicación de novas tecnoloxías para o desenvolvemento e a planificación. Conta co Sistema de Información Xeográfica (SITGA), que ten un banco de datos municipal (BDM), onde se almacenan datos socioeconómicos, de infraestruturas e me-dioambientais xeorreferenciados, que permiten situar e analizar os recursos do territorio galego.
-
GALICIA
Relixioso dominicano. Predicou diversas misións en Galicia e fundou o convento da Orde de Santo Domingo en Padrón. Foi teólogo consultor no Concilio Vaticano I e escribiu diferentes haxiografías.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo xeral que se emprega para abarcar os procesos de adsorción, absorción, desorción e diálise. Os procesos de sorción son a base da maioría dos métodos que se empregan para separar os contaminantes, analizalos e eliminalos do medio en que se atopan.
-
PERSOEIRO
Cantautora. Coñecida como La Negra, está considerada unha das voces máis destacadas da música hispanoamericana. En 1963 participou na creación do Movimiento Nuevo Cancionero, unha corrente renovadora do folclore. Exiliouse en 1979 en París e Madrid por mor da ditadura en Arxentina. Actuou por todo o mundo e participou en diversos filmes, como Güemes, la tierra en armas (1971) e Historias de Argentina en Vivo (2001). Da súa ampla discografía destaca, Canciones con fundamento (1965), Para cantarle a mi gente (1967), El grito de la tierra (1970), Homenaje a Violeta Parra (1971), Traigo un pueblo en mi voz (1973), Mercedes Sosa interpreta a Atahualpa Yupanqui (1977), De mi (1991), Al despertar (1998) ou Misa criolla (2000). Recibiu a medalla de ouro da Orde do Comendador das Artes e das Letras do Ministerio de Cultura de Francia (1989), a Orde do Mérito da República Federal de Alemaña...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Asturias, situado na ría de Pravia e delimitado ao O polo río Nalón (4.174 h [2001]). A cabeceira do termo é Soto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de textos patrísticos e postpatrísticos, con texto crítico e tradución francesa, iniciada en París, en 1942, por H. de Lubac e J. Daniélou, e dirixida por C. Mondésert. Comprende tres series: latina, cunha continuación medieval, grega, con autores bizantinos, e oriental (siríaca, armenia, etc).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura neolítica (6000-4000 a C) desenvolvida no SL de Europa e nos Balcáns, denominada así pola localidade serbia de Starčevo, ao L de Belgrado. Caracterízase por unha cerámica tosca, por pezas finas monocromas ou polícromas e por unhas figuras femininas corpulentas pero moi estilizadas. Vincúlase coa cultura de Sesklo, en Grecia, e coa de Hacilar, en Asia Menor.
-
GALICIA
Escritor. Colaborador de diversos medios de comunicación, foi autor de La llaga (1948), Calle de Echegaray (1950), O acomodador e outras narracións (1969), El agua y el vino (1988), Dios está lejos (1988) e Allariz (1991). En 1965 obtivo o Premio Isaac Fraga pola obra teatral Las monedas de Heliogábalo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, xornalista e escritor. Emigrou a Uruguay e Arxentina, onde ocupou diversos cargos e colaborou en diversas publicacións. Regresou a Ferrol en 1860. En 1867 mercou a imprenta coruñesa de C. Míguez e trasladouna a Ferrol onde imprimiu diversos xornais, e fundou e dirixiu La Democracia. Presidente do comité do Partido Republicano Democrático, foi alcalde da cidade (1868). Participou na sublevación cantonal de 1872 e en 1873 foi elixido deputado por Ferrol. Coa Restauración estivo desterrado en Portugal e, expulsado, exiliouse en París ata 1877. Foi un dos fundadores do Ateneo Artístico (1879) e pertenceu á xunta que dirixiu a Escola de Artes e Oficios ferrolá. Das súas obras destacan Los Guaraníes (1861), Los Demócratas ou El Ángel de la libertad.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesora. Doutora en Filosofía e Ciencias da Educación, presidiu a Nova Escola Galega. Das súas obras destacan Institución escolar e medio ambiente (1982), Deseño curricular e investigación do medio (1990) e A educación en España durante o Sexenio Revolucionario (1868-1874), debates, aspiracións e realidades (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carburante de calidade superior que presenta un elevado índice de octano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á sobrecella.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Categoría taxonómica inferior á división e superior á clase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade que teñen certas substancias de presentar unha condutividade eléctrica moi elevada que lles permite transportar correntes eléctricas sen perda de enerxía e obter campos eléctricos intensos sen quentamento dos circuítos. A supercondutividade descríbese na teoría BCS, e é unha propiedade característica dalgúns metais e aliaxes, como o niobio-estaño. Foi descuberta en 1911 por H. Kamerlingh-Onnes, e en 1985, K.A. Müller e J.G. Bednorz obtiveron os materiais cerámicos supercondutores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a calquera material metálico que presenta supercondutividade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Establecemento comercial de autoservizo onde se vende toda clase de produtos de consumo relacionados coa alimentación e o uso doméstico.