"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como o pintor do Camiño, cofundou o Equipo 7 e fundou o Equipo diez, en Madrid, e a revista Nueva moda de la piel. Asesor cultural do Camiño de Santiago para diversos centros e institucións en Europa e EE UU, as súas pinturas representaron diferentes escenas do camiño e tentaron retratar globalmente ao peregrino. Foi nomeado cabaleiro da orde do Camiño de Santiago e da soberana e hereditaria orde de San Xoán de Xerusalén e Malta, pola súa contribución ao Camiño de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico checo. Fixo investigacións sobre a esterilización do leite, mediante o aparato que leva o seu nome, a refinación do azucre e a conservación dos alimentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política alemá creada no Congreso de Gotha (1875), co nome, ata 1890, de Sozialistische Arbeiterpartei, Deutschlands. Nace como resultado da unión da Allgemeiner Deutscher Arbeiterverein fundada por F. Lassalle en 1863, e o Sozialdemokratisches Arbeiterpartei fundado en 1860 no Congreso de Eisenbach por A.Bebel e W.Liebknecht. No Congreso de Erfurt (1891) adoptou un programa marxista revolucionario defendido por Kautsky. A partir de 1896 tomou parte a tendencia revisionista de Eduard Bernstein. Tras a Primeira Guerra Mundial, accedeu ao poder con F. Ebert, e foi o responsable principal da represión sanguenta da revolución espartaquista de 1919. Despois da Segunda Guerra Mundial, dirixido por Kurt Schumacher, quedou reducido á República Federal de Alemaña. A súa evolución cara á dereita acentuouse, ata que, baixo a dirección de Ollenhauer, renunciou ao marxismo (Congreso de Bad Godesberg, 1959). Dirixido por Willy Brandt, en 1966 participou no goberno de gran...
-
PERSOEIRO
Teólogo protestante alemán. Primeiro conselleiro do consistorio de Berlín (1764), constituíu o centro dun iluminismo moderado e foi un dos renovadores da teoloxía evanxélica do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista italiano. Demostrou a imposibilidade da xeración espontánea e foi o primeiro en conseguir a fecundación artificial en batracios e mamíferos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos ésteres dos ácidos graxos e o anhídrido interno do sorbitol. Son insolubles en auga e solubles en alcohol. Desígnanse coa letra S e distínguense por un nome, segundo o ácido esterificante. Empréganse na preparación de cremas.
-
DISTRITOS
Distrito urbano de Berlín, Alemaña, situado ao O da cidade e na desembocadura do Spree no Havel. Foi fortaleza ata 1903, e desde 1920 formou parte do Gran Berlín. Na súa prisión foron recluídos os condenados no Proceso de Nuremberg.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo alemán. Estudou en Jena, onde coñeceu o pietismo, ao que se adheriu (1730) despois de visitar os irmáns de Hernhut. Bispo dunha comunidade de irmáns bohemios nas colonias de América do Norte, fixo a súa exposición doutrinal en Idea fidei Fratrum (1789).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade lingüística falada en EE UU e México produto da fusión das linguas castelá e inglesa. Formouse entre 1965 e 1970 como consecuencia dos fluxos migratorios hispanos cara a EE UU e como resultado do contacto das culturas anglosaxoa e hispánica. É un fenómeno predominantemente oral, que nace moitas veces pola necesidade de nomear novas realidades ou a de suplir o descoñecemento de termos en inglés. O filólogo mexicano Ilán Stavens traduciu o primeiro capítulo de El Quijote a esta variedade e editou un dicionario con máis de 6.000 entradas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos, da orde dos lepidópteros, con ás triangulares e antenas longas. A especie S. pilleriana é a causante dunha das pragas que poden afectar á vide.
-
PERSOEIRO
Batería de jazz estadounidense. Coñecido como Kenny Clarke, foi un dos pioneiros da rítmica bop. Formou parte da orquestra de Dizzy Gillespie, do trío de Thelonious Monk e do Modern Jazz Quartet.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta alemán. Xesuíta, está considerado o lírico relixioso máis importante da primeira época do Barroco. Das súas obras destaca Trutznachtigall (O reiseñor altivo, 1649).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar alemán. Membro do Estado Maior, participou na campaña de Francia (1940) e na de Rusia (1942-1943). Foi destituído (1944) a raíz do atentado contra Hitler. Tras a guerra foi xefe (1957-1963) das forzas da OTAN en Europa Central.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador inglés. Oficial do exército de India, explorou e estudou rexións do Himalaia, Tibet e o Cáucaso. Descubriu o lago Vitoria (1858), que supuña que era a fonte do Nilo. En 1860 explorou as rexións de Uganda e navegou finalmente polo Nilo, augas abaixo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo alemán. Estudou medicina, bioloxía e física nas universidades de Heidelberg, Múnic e Wurzburgo. Os seus experimentos sobre embrións de anfibios demostraron que a capacidade morfoxenética das células embrionarias non se fai específica ata un momento avanzado da embrioxénese, e que esta especificidade é inducida por unha zona do embrión que el denominou organizador. Entre as súas obras destacan Zur Theorie der tierischen Entwicklung (Teoría no desenvolvemento nos animais) e Experimentelle Beiträge zu einer Theorie der Entwicklung (Probas experimentais dunha teoría do desenvolvemento, 1936). En 1935 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polo descubrimento da indución embrionaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Diana de Gales.
-
PERSOEIRO
Político ruso. Conselleiro de Alexandre I (1806-1812), impulsou un proxecto liberal destinado á descentralización administrativa e á participación das clases ilustradas no goberno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado probablemente en Celeiro (Barreiros). A súa construción autorizouna o Rei Silo ao abade Sperautane en 775. De carácter dúplice, en 958 o Rei Ordoño IV cedeuno ao conde Osorio.
-
PERSOEIRO
Médico. Coñecido como Adrianus Spigellus, estudou en Lovaina e Padua, e especializouse en anatomía e cirurxía. Das súas obras destaca De formatu foetu liber singularis oeneis figuris ornalus. Epistolae duo anatomicae. Tractatus de arthritide, obra póstuma editada en 1626.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e produtor cinematográfico estadounidense. Fundou as produtoras Amblin Entertainment e DreamWorks SKG. Da súa filmografía destacan Duel (1971), The Sugarland Express (1974), Jaws (1975), Close Encounters of the Third Kind (1977), E.T. (1982), a triloxía sobre o aventureiro Indiana Jones (Raiders of the Lost Ark, 1981; Indiana Jones and the Temple of Doom, 1984; e Indiana Jones and the Last Crusade, 1989), The Color Purple (1985), Jurassic Park (1992), Schindler’s List (1993, Oscar á mellor película e ao mellor director 1994), Saving Private Ryan (1998, Oscar ao mellor director 1999), Artificial Intelligence: AI (2001), The Terminal (2004) e War of the Worlds (2005).
VER O DETALLE DO TERMO