spanglish
spanglish
s
m
[LING]
ariedade lingüística falada en EE UU e México produto da fusión das linguas castelá e inglesa. Formouse entre 1965 e 1970 como consecuencia dos fluxos migratorios hispanos cara a EE UU e como resultado do contacto das culturas anglosaxoa e hispánica. É un fenómeno predominantemente oral, que nace moitas veces pola necesidade de nomear novas realidades ou a de suplir o descoñecemento de termos en inglés. O filólogo mexicano Ilán Stavens traduciu o primeiro capítulo de El Quijote a esta variedade e editou un dicionario con máis de 6.000 entradas.