"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Fotógrafa. Coñecida como Gertrude Käsebier, estudou pintura en Nova York e química en Alemaña. En 1897 abriu un estudo en Nova York. Primeira muller elixida polo grupo pictorialista Linked Ring, foi unha das fundadoras do grupo Photo-Secession. Da súa obra destacan as imaxes familiares pouco convencionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • número de Margoulis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruby Stevens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dependencias do palacio do Vaticano situadas enriba dos apartamentos dos Borja. Xulio II decorou tres estancias (1508-1517) con murais de Raffaelo Sanzio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome búlgaro da cordilleira dos Balcáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Estudou na Universidade de Múnic, foi profesor nas de Göttingen, Aquisgrán, Greifswald e Würzburg e dirixiu o Instituto Físico Técnico do Terceiro Reich. Investigou a radiación e a teoría atómica, descubriu o efecto Doppler nos raios canais (1905) e o efecto que leva o seu nome (1913). Das súas obras destaca Die Elektrizität in Gas (A electricidade nos gases). En 1919 recibiu o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do estado de New York, EE UU, que enlaza con Long Island pola Verrazano Narrows Bridge.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Estudou na Universidade de Halle, onde se doutourou en 1903. Estudou os conxuntos macromoleculares, a polimerización dos plásticos e outros sintéticos e descubriu que moitas substancias dos tecidos vivos, como o amidón, as proteínas ou a celulosa, son macromoléculas. Das súas obras destacan Die Kettene (As cadeas, 1912) e Makromolekulare Chemie und Biologie (Química e Bioloxía macromolecular, 1947). En 1953 recibiu o Premio Nobel de Química, polas investigacións sobre os polímeros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do fylke de Rogaland, Noruega, situado no Boknfjord, ao SO do país (108.848 h [2001]). É un importante porto e núcleo da industria conserveira do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico austríaco. Foi profesor en Viena, estudou a difusión dos gases, a condutividade calorífica e, sobre todo, a radiación do corpo negro, da que enunciou a lei que leva o seu nome, despois estudada por Boltzmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei segundo a que a potencia total radiada polo corpo negro varía proporcionalmente á cuarta potencia da temperatura: P = óT4, onde T é a temperatura absoluta e ao é a constante de Stefan-Boltzmann, que vale 5,67032×10-8 Wm-2 K-4. OBS: Tamén se denomina lei de Boltzmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Barbu Delavrancea, escribiu unha triloxía histórica ambientada en tempos de Estevo o Grande, e as novelas Hagi-Tudose (1887) e Liniste (Silencio, 1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Il Sassetta, foi autor do políptico (1437), hoxe desmembrado, e do altar maior da catedral de Borgo San Sepolcro, co que mostrou un coñecemento das innovacións en perspectiva introducidas pola escola florentina. É autor tamén dun tríptico da Virxe co neno, san Martiño e o pobo (1433) e Visión de San Tomé que mostran a influencia de Duccio e S. Martini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, cantante e compositor italiano. Formado en Múnic e en Roma, foi organista na corte de Baviera (1675) e director musical en 1681. Compuxo sete óperas (1681-1709).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo austríaco. Especialista en epistemoloxía e filosofía da ciencia, escribiu Metaphysik-Skepsis-Wissenschaft (Metafísica-Escepticismo-Ciencia, 1954), Das Universalienproblem (O problema dos universais, 1957) e Probleme und Resultate der Wissenschaftstheorie und analytischen Philosophie (problemas e resultados da teoría da ciencia e da filosofía analítica, 1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Intérprete e profesor en París, compuxo a ópera Romeu e Xulieta (1790), concertos para piano e sonatas para violín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e pintor. Foi unha das figuras máis relevantes da fotografía do século XX pola súa ampla traxectoria e a defensa da fotografía como manifestación artística. Emigrado a EE UU (1881), adoptou o nome de Edward e comezou na fotografía (1895). Formado en París, onde foi membro do Linked Ring (1901) e cofundador do grupo Photo-Secession (1902). Abriu en Nova York a galería 291 con Stieglitz (1905), defendendo un estilo pictorialista ata a Primeira Guerra Mundial. Xefe de fotografía en Vanity Fair e Vogue (1923), retratou aos persoeiros daquel tempo, encamiñando a súa técnica cara á foto directa e o Novo Realismo. Retirado da fotografía comercial (1938), foi director de fotografía do MOMA (1947) e organizou mostras fotográficas tan relevantes como The Family of Man (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra alemán. Coñecido como William Steinberg, naturalizouse estadounidense. Foi axudante de O. Klemperer na Ópera de Colonia (1920) e en 1936 estableceuse en EE UU onde dirixiu varias orquestras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario e escritor. Estudou as relacións entre literatura e sociedade. Das súas obras destacan a narración Anno Domini (1964) e os ensaios Tolstoy or Dostoevsky (1958), The Death of Tragedy (1960), After Babel (1975), Antigones (1984), Passion Spent: Essays 1978-96 (1996), Errata: an Examined Life (1997) e Grammars of Creation (2001). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades en 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO