Stark, Johannes
Stark, Johannes
Físico alemán. Estudou na Universidade de Múnic, foi profesor nas de Göttingen, Aquisgrán, Greifswald e Würzburg e dirixiu o Instituto Físico Técnico do Terceiro Reich. Investigou a radiación e a teoría atómica, descubriu o efecto Doppler nos raios canais (1905) e o efecto que leva o seu nome (1913). Das súas obras destaca Die Elektrizität in Gas (A electricidade nos gases). En 1919 recibiu o Premio Nobel de Física.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Schickenhof -
Deceso
Lugar : Traunstein