"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Alumno de Lewis Hine (1909) na Ethical Cultura High School, a través del coñeceu a A. Stieglitz. Vinculado á Photo Secession, comezou no pictorialismo e logo evolucionou cara á “fotografía directa” e non figurativa (1915). Tras a Primeira Guerra Mundial alternou o cine, dirixindo a película vangardista Manhattan (1921), coa fotografía de plantas, paisaxes e arquitectura. Publicou The Mexican Portfolio (1940), Un Paese (1954), Tir a Mhurain (1968) e Ghana: An African Portrait (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e químico alemán. Fundou e dirixiu o Instituto de Química Inorgánica e Nuclear da Universidade de Maguncia. Fixo investigacións en química e física nuclear e radioisótopos, inventou un método de datación que se basea na descomposición do rubidio 87 radioactivo e en 1938 colaborou con O. Hahn nas súas investigacións sobre a fisión do uranio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano e actriz. Coñecida como Teresa Stratas, foi unha das figuras da Metropolitan Opera House de Nova York. Destaca a súa interpretación de Lula, de A. Berg, na Òpera de París (1979). Traballou nos filmes The Canadians (1961), La Traviata (1982) ou StratasSphere (1886), un documental de Harry Rasky. En 1981 interrompeu a súa carreira musical para traballar con Tareixa de Calcuta no coidado de enfermos terminais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político alemán. Fundador e principal dirixente da Unión Social Cristiá (CSU). Foi deputado do Landtag (1949-1978), ministro de Asuntos Especiais (1953), de Asuntos Atómicos (1955), de Defensa (1956-1962) e de Finanzas (1966-1969) e ministro-presidente do goberno de Baviera desde 1978.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra, pai de Johann Strauss. De formación autodidacta, fundou a súa propia orquestra (1825). Director de música de danza da corte imperial (1835), creou o valse vienés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra e compositor, fillo de Johann Strauss. Enriqueceu o valse da primeira metade do s XIX. Compuxo aproximadamente cento cincuenta valses, entre os que destaca An der schönen blauen Donau (No belo Danubio azul, 1867). Creou unha gran cantidade de operetas vienesas, como Die Fledermaus (O morcego, 1874) e compuxo numerosos bailes de salón. En 1841 fundou a súa propia orquestra, que fusionou coa do seu pai cando este morreu (1849). Cando foi nomeado director dos bailes da corte (1863), confioulles a dirección da orquestra aos seus irmáns Joseph Strauss (Viena 1827-1870) e Eduard Strauss (Viena 1835-1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e actriz cinematográfica. Protagonizou a versión cinematográfica da revista musical Funny Girl (1968, Oscar á mellor actriz), Hello, Dolly! (1969), The Way We Were (1973), A Star is Born (1977) e Nuts (1988), e dirixiu e interpretou Yentl (1983) e The Prince of Tides (1992), ademais de participar nas bandas sonoras de numerosos filmes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Deputado do partido nacional-liberal (1907), fundou o partido populista (1918). Nomeado chanceler (1923), formou un goberno de coalición cos socialistas. Reprimiu con enerxía as revoltas sociais, pero, abandonado polos socialistas, tivo que dimitir. Recibiu o Premio Nobel da Paz con A. Briand en 1926.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Cultivou todos os xéneros, sobre todo o teatro, e revolucionou o uso do idioma sueco. Da súa produción destacan Mäster Olof (1872), Röda rummet (A cámara vermella, 1879), Hemsöborna (A xente de Hemsö, 1887), Giftas (Casade, 1884), Fädren (O pai, 1887), Fröken Julie (A señorita Xulia, 1888), Till Damaskus (Cara a Damasco, 1898-1904), Ett drömspel (Un soño, 1902), Ensam (Solitario, 1903) e Bla Böcker (Libros azuis, 1907-1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de grandes comerciantes e industriais rusos dos ss XVI-XVII, coñecidos pola súa actividade colonizadora dos Urais e de Siberia. Nos ss XVII-XIX eran grandes terratenentes e industriais, e os seus dominios ocupaban grandes extensións. No s XVIII entraron a formar parte da aristocracia rusa, co título de príncipe, e no s XIX ocuparon importantes cargos políticos, diplomáticos e militares. Durante os ss XVI e XVII foron patrocinadores dunha escola iconográfica coñecida como escola Stroganov.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrofísico sueco. Foi profesor nas universidades de Chicago e de Copenhaguen. Desenvolveu a teoría das nubes luminosas interestelares, denominadas esferas de Strömgren, que están formadas por hidróxeno ionizado por estrelas a altas temperaturas, e estudou a clasificación espectral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Publicou conxuntamente co seu irmán Boris Natanovi č Strugackij (Leningrado 15.4.1933). Autores de literatura de ciencia fición, destaca Piknik na obočine (Picnic á beira do camiño, 1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista ruso. Participou na Revolución Rusa, e foi coautor do Primeiro Plano Quinquenal soviético. Experto en planificación, participou na discusión sobre os criterios de selección de investimentos, rexeitando aqueles que incorporasen magnitudes típicas dunha economía de mercado e formulando criterios alternativos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de poesías que recolle producións da corte de Alfonso V de Aragón en Nápoles entre 1460 e 1463, e que debe o seu nome por comezar cun poema de Lope de Stúñiga. Escrito en latín, italiano, catalán, castelán e galego, contén 162 composicións de 39 autores, entre os que destacan Juan de Dueñas, Juan de Andújar, Fernando de la Torre, Juan de Mena, o marqués de Santillana e o galego Xoán Rodríguez de la Cámara (1395-1450).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento literario alemán desenvolvido desde finais da década de 1770 ata a metade da de 1780, denominado tamén Geniezeit (Tempo do xenio) pola súa glorificación do xenio orixinal, que foi considerado como a forza inspiradora da creatividade artística. O nome deriva da obra dramática de F. M. Klinger, representada por primeira vez en 1776. Oposto á Ilustración e ás súas leis poéticas racionalistas, foi iniciado por J. J. Rousseau e recibiu os seus fundamentos teóricos cos escritos de J. G. Hamman e de J. G. Herder.
-
PERSOEIRO
Zoólogo e xenetista. Xunto con T. H. Morgan, contribuíu ao estudo da localización dos xenes nos cromosomas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Colonizador holandés. Funcionario calvinista da Compañía Holandesa das Indias Occidentais (1632), foi enviado (1647) a Nova Amsterdam para reorganizar a administración. Enfrontouse aos colonos e favoreceu os intereses da Compañía, pero en 1653 estableceu un goberno municipal autónomo. Atacado polo almirante inglés Richard Nicolls (1664), tivo que renderse.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria, situado na costa, ao N de Torrelavega (6.573 h [2001]). Ten industrias químicas e eléctricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Titulouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1964) e traballou con Antonio Alex Reylén ata 1974. Foi un dos fundadores do COAG, do que foi decano-presidente (1981-1983) e en 1983 incorporouse á Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e foi nomeado arquitecto do patrimonio, artístico, arqueolóxico e histórico da provincia de Ourense. Foi deputado do PSdG-PSOE por Ourense no Parlamento galego (1985-1989). Das súas obras destacan o convento das Carmelitas Descalzas de Ourense (1967), o colexio do Cumial de Ourense (1969), o edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense (1972), o grupo de vivendas da Uceira no Carballiño (1980), a intervención en Santo Estevo de Ribas de Sil (1980), a rehabilitación da casa Junquera, sede de Caixanova en Ourense (1987), o Centro de Saúde da Pobra de Trives (1991), a rehabilitación da casa Simeón, sede do Centro Cultural de Ourense (1996) e o Centro Cultural de Fontiñas (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Contraalmirante da Armada. Foi comandante da Mariña na Coruña, onde fundou e dirixiu a Escuela Náutica. Colaborou en Revista General de Marina, Cuadernos de Tiro Naval e El Correo Gallego. Apoiou a tese de que C. Colón era pontevedrés. Foi correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO