Suances Pereiro, José Javier

Suances Pereiro, José Javier

Arquitecto. Titulouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1964) e traballou con Antonio Alex Reylén ata 1974. Foi un dos fundadores do COAG, do que foi decano-presidente (1981-1983) e en 1983 incorporouse á Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e foi nomeado arquitecto do patrimonio, artístico, arqueolóxico e histórico da provincia de Ourense. Foi deputado do PSdG-PSOE por Ourense no Parlamento galego (1985-1989). Das súas obras destacan o convento das Carmelitas Descalzas de Ourense (1967), o colexio do Cumial de Ourense (1969), o edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense (1972), o grupo de vivendas da Uceira no Carballiño (1980), a intervención en Santo Estevo de Ribas de Sil (1980), a rehabilitación da casa Junquera, sede de Caixanova en Ourense (1987), o Centro de Saúde da Pobra de Trives (1991), a rehabilitación da casa Simeón, sede do Centro Cultural de Ourense (1996) e o Centro Cultural de Fontiñas (1998).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ourense