"Arra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 638.

    1. carracha.

    2. Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘botón’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi membro fundador da Academia Literaria de Santiago de Compostela e colaborou na prensa galega da época como La Aurora de Galicia e El Idólatra de Galicia. Publicou, entre outras obras: El sensualismo considerado en sus relaciones ideológicas, morales y políticas (1842), Observaciones sobre el drama titulado “Fernán Pérez Curruchao y el arzobispo Don Suero” (1842) e Observaciones sobre la doctrina de Macarel relativa a la libertad de cultos (1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carga que leva ou pode levar un carro en cada viaxe que fai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido artisticamente como David Carradine, conseguiu un dos seus maiores éxitos na serie de televisión Kung Fu (1972-1974). Traballou con directores de renome, como Ingmar Bergman ou Martin Scorsese, e realizou traballos como guionista, realizador, produtor e incluso, compositor de bandas sonoras. Interpretou, entre outras películas: Taggart (1964), The Serpent Egge (O ovo da serpe, 1978), Río abajo (1984), Bird on a Wire (Dous paxaros a tiro, 1990) e The Robinson’s New Adventure (As novas aventuras da familia Robinson, 1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Formouse na State University de Colorado. Pertence á saga familiar dos Carradine e estivo moi ligado aos círculos liberais de Broadway. Interpretou, entre outros filmes: A Gunfight (O gran duelo, 1971), Welcome to the L.A. (Benvido a Los Angeles, 1976), The Long Riders (Foraxidos de lenda, 1980), The Ballad of Sad Cafe (A balada do Sad Café, 1991) e A Thousand Acres (Douscentos acres, 1998). Gañou un Oscar á mellor canción pola longametraxe titulada Nashville (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido como John Carradine, traballou xunto co director John Ford e fundou unha saga familiar de actores coñecidos a nivel mundial. Interpretou, entre outros filmes: The Sign of the Cross (O signo da cruz, 1932), The Garden of Allah (O xardín de Alá, 1936), Drums Along the Mohawk (Corazóns indomables, 1939), The Hound of the Baskervilles (O can dos Baskerville, 1939), The Grapes of Wrath (As uvas da ira, 1940), House of Dracula (A mansión de Drácula, 1945), The Adventures of Huckleberry Finn (As aventuras de Huckleberry Finn, 1960), The seven minutes (Os sete minutos, 1971), The Sentinel (A sentinela, 1977), Revenge (Vinganza, 1986) e Buried Alive (Enterrado vivo, 1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestre. Foi o creador, a finais de 1932, da Escuela Rural de Budiño (O Porriño) na que funcionou, ata o 1936, unha Cooperativa Rural Escolar Anexa a la Escuela Nacional de Niños (CREANN). Durante a Segunda República esta escola foi visitada por grupos de mestres que celebraban as semanas pedagóxicas dentro dos programas das Misiones Pedagógicas. Nel influíron tanto os escritos de Joaquín Costa como de López Otero. É autor de varios escritos onde deixou constancia da experiencia do seu proxecto: “La Escuela Rural. Proyecto y ensayo en Budiño (Porriño)”, memoria redactada en 1940; “La Cooperativa Rural Escolar de Porriño (CREANN)”, artigo publicado en El Magisterio Español e tamén publicou varias colaboracións no Boletín de la Sociedad Fomento de Porriño y su Distrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Estableceuse en Pontevedra no 1881. No seu obradoiro imprimíronse as revistas La Voz de Suevia (1881-1882), El Trueno (1885), Galicia Cómica (1885-1886), El Látigo (1889) e a Unión Republicana (1892-1989) e, entre outros, os libros: Colección de poesías gallegas (1882), de F. Portela Pérez; Cuadro de la literatura gallega en los siglos XIII y XIV (1886), de Augusto González Besada; Pelra antre seixos (1888), de Rogelio Lois; Homenajes dedicados a la memoria del difunto filósofo y eximio escritor Indalecio Armesto (1890) e Un café flamenco en Galicia y otras poesías, de E. Labarta. Trala súa morte a imprenta pasou á súa viúva e aos seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mucilaxe hidrocoloide formado por sales de calcio, potasio, sodio, amonio, magnesio e anhidrogalactosa e por sales de ésteres sulfúricos de polisacáridos derivados da galactosa. Obtense das algas vermellas dos xéneros Chondrus e Gigartina e preséntase en forma de pos. Forma xeles coa auga e estabiliza emulsións e suspensións. Utilízase moito na industria alimentaria como aditivo en derivados lácteos, en produtos cun contido enerxético reducido e en derivados da froita; en farmacia como emoliente, laxante e pectoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se adoita colocar os carros todos xuntos.

    2. Camiño polo que pasa o carro.

    3. Tonel para transportar a auga no carro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do litoral da parroquia de Baredo, no concello de Baiona, situada ao N do cabo Silleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Begonte baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca metropolitana da Coruña, situado na provincia homónima no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Culleredo e Cambre (A Coruña), ao S co de Ordes e co enclave parroquial de Bruma, pertencente ao concello de Mesía (ambos os dous na comarca de Ordes), ao L co concello de Abegondo (A Coruña) e ao O cos de Cerceda (Ordes) e Culleredo. Abrangue unha superficie de 48 km 2 nos que acolle unha poboación de 5.647 h (2007), distribuídos nas parroquias de Beira, Cañás, Paleo, Quembre, Sergude, Sumio, Tabeaio e Vigo. A capital municipal é a vila de Carral, situada na parroquia de Paleo, a 43° 13’ 12’’ de latitude N e 8° 21’ 15’’ de lonxitude O, 18 km ao S da Coruña e 47 km ao N de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O concello de Carral está baixo o dominio climático oceánico húmido e pertence, dentro dos subtipos galegos, ao do litoral atlántico...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. O topónimo Carral (derivado do lat vulgar carrale ‘relativo ao carro’) fai referencia á existencia no lugar dun carral ‘camiño polo que pasa o carro’. Documéntase no século XIII: “Joham Carral” (doc ano 1266 en Ángel Rodríguez González/José Ángel Rey Caiña “Tumbo de Lorenzana”, Estudios Mindonienses 8, 1992, p 173).

    2. Liñaxe orixinaria de Espinosa de los Monteros, en Burgos, que se espallou por Santander, Asturias e Galicia. As súas armas levan, en campo de goles, unha corneta de ouro e, no oco que forma a asa, un luceiro de prata. Outra variante leva o mesmo brasón pero coas pezas en posición alternante: en campo de goles, unha corneta de ouro e no xefe unha estrela do mesmo metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Execucións que tiveron lugar no serán do 26 de abril de 1846 no adro da igrexa de San Estevo de Paleo (Carral), nas que morreron os militares procesados pola súa participación no levantamento de 1846. O tribunal militar, que estaba constituído nun mesón da vila, non tiña o mandato de xulgar os responsables do levantamento, senón que estaba predisposto polas ordes do capitán xeneral Villalonga para fusilar os reos en tres horas. No transcurso do proceso xudicial, que comezara ás 6 da mañá dese mesmo día, o tribunal foi apremiado para que axilizase os trámites: había necesidade dunha acción exemplar diante do resto dos sublevados de Galicia. Os fusilados, que pasaron a ser coñecidos pola historiografía galega como Mártires de Carral, foron os comandantes Miguel Solís Cuetos, Juan Sánchez e Víctor Velasco; os capitáns de infantería Manuel Ferrer, Jacinto Dabán e Fermín Mariné; e os capitáns Ramón José Lloréns, Santiago de la Llave, Francisco Márquez, José Martínez, Felipe Valero e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • canafístula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa de baixa estatura e escarranchada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ramo moi cargado de froita, particularmente de cereixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave acuática da familia dos estérnidos que abarca 41 especies, principalmente mariñas (aínda que as do xénero Chlidonias viven en augas doces durante a época de cría). Presentan na plumaxe nupcial un bonete negro que a finais do verán se reduce ao aparecer a fronte branca típica da plumaxe invernal. Teñen membranas entre tres dos dedos, a cola en forma de galla e as ás longas e estreitas, o que lles permite un voo moi lixeiro. Capturan pequenos animais acuáticos dentro da auga, onde se somerxen logo de pendurarse cun voo en peneira. Os pitos nacen cubertos de plumas e cos ollos abertos, e abandonan o niño ao pouco de nacer para agacharse preto del ata que chegan os pais co alimento. Aínda que en Galicia non aniñan, algunhas especies son comúns na época de paso e no inverno.

    2. Carrán de 23 cm de lonxitude que na plumaxe nupcial presenta o corpo e a cabeza de cor negra, e o peteiro de cor vermella. Na plumaxe invernal, as partes superiores do corpo aparecen de cor agrisada e as inferiores brancas, a cabeza permanece negra agás a fronte branca e o peteiro colle un aspecto mouro. A mitra e a cola permanecen de cor branca todo o ano. Aliméntase de insectos, peixes e cágados. Ten unha distribución paleártica: aniña en zonas húmidas do L de Europa e pasa o inverno en Senegal e Sudáfrica. Na Península Ibérica vese durante o paso polo Mediterráneo e en Galicia é unha ave accidental.

    3. Carrán de 39 cm de lonxitude, de peteiro de cor vermella, cola moi gallada e parte superior das ás de cor agrisada e o resto de cor branca, agás a cabeza negra e as patas que son de cor vermella no verán. Aliméntase de peixes, crustáceos e moluscos. De distribución circumpolar, en Galicia é unha ave de paso.

    4. Carrán de 43 cm de lonxitude, de peteiro amarelo alaranxado, cola moi gallada e curupela patente. É unha ave divagante dende África ata o oeste e sur de Europa.

    5. Carrán de 41 cm de lonxitude, de peteiro groso e negro, patas negras e cola agrisada e pouco gallada. Aliméntase basicamente de insectos e rara vez atrapa peixes. Aniña en colonias moi densas sobre illas pequenas de marismas e masas de auga doce. Distribuído de xeito puntual en todos os continentes, na Península Ibérica aparece en illas, lagoas, encoros, salinas ou marismas da metade meridional e da costa mediterránea.

    6. Carrán de 32 cm de lonxitude, de peteiro fino e recto, con toda a plumaxe de cor branca, ollos grandes e voo especialmente lixeiro e áxil, que se alimenta de cefalópodos e peixes que captura principalmente pola noite cando soben á superficie. Non constrúe niño e o ovo incúbano sobre unha póla ou nunha pequena repisa. Distribúese no hemisferio sur nos océanos Índico, Pacífico ou Atlántico.

    7. Carrán de 24 cm que posúe o peteiro de cor vermella escura, meixelas brancas e peito escuro, e que na plumaxe nupcial presenta o corpo gris escuro e a mitra gris. O niño é flotante e aparece ancorado na vexetación acuática. De distribución paleártica, na Península Ibérica distribúese en colonias en zonas húmidas atlánticas andaluzas, en L’Albufera de València e no Delta do Ebro; no interior, en zonas húmidas da Mancha como as Tablas de Daimiel. En Galicia é unha ave rara en época de paso.

    8. Carrán de 56 cm de lonxitude, de peteiro moi grande de cor rubia e que presenta unha pequena crista. Atópase en moitos lugares da Península Ibérica non aniña de xeito regular e en Galicia é unha ave rara en época de paso.

    9. Carrán de 41 cm de lonxitude, de peteiro negro coa punta de cor amarela, cabeza cunha pequena crista e partes superiores cinsentas e inferiores brancas. Distribúese polas costas europeas do Océano Atlántico, nos mares Mediterráneo, Negro e Caspio, no Yucatán, no Caribe e Sudamérica. Na Península Ibérica aniña no Delta do Ebro, en L’Albufera de València e nalgunhas partes da costa cantábrica. Fóra de época de cría está presente no litoral ibérico todo o ano, sendo as máximas concentracións invernais en Huelva, no Delta do Ebro e nas Rías Baixas galegas.

    10. Carrán de ata 42 cm de plumaxe cor gris escura, con plumas brancas rizadas cara a fóra en forma de bigote. Aniña na costa sudamericana do Pacífico.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO