"Bia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 440.

  • Relativo ou pertencente ao lesbianismo ou á muller lesbiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Lesbos ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da illa de Lesbos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do N de África, situado entre o Mar Mediterráneo ao N, Exipto ao L, Sudán ao SL, Chad e Níxer ao S, Alxeria ao O e Tunisia ao NO (1.757.500 km2; 5.605.000 h [estim 2001]). A capital é Trípoli.
    Xeografía física
    O relevo está formado por un antigo bloque arrasado en parte e afundido pola tectónica en diversas seccións, formando relevos tabulares, como os altiplanos de Cirenaica e Tripolitania, de escasa altitude. Entre estos e o mar existe unha chaira costeira ou sahel, cunha sucesión de concas pechadas. Ao S o Palatino; ǧ abal descende cara ao oasis, que marca o límite N do deserto. Pódense diferenciar tres tipos de deserto: o deserto de rochas ou de hamada, o deserto de area ou erg e o deserto de pedras ou serir. O clima está determinado polas influencias mariñas na franxa costeira, con precipitacións modestas. O interior, sometido á influencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deserto do N de África, continuación oriental de Sáhara, que se estende desde as montañas do Tibesti ao O ata o val do Nilo ao L (2.000.000 km2). Está constituído por unha chaira inclinada cara ao O, onde destacan dunas e mesetas pedregosas, separada dos altiplanos do N de Cirenaica por unha gran depresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Libia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Libia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos organismos que viven en auga doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político chinés. Militante comunista desde 1924, uniuse ao Exército Vermello e participou na Longa Marcha (1934-1935) con Mao Zedong. Loitou contra os xaponeses (1938-1939) e distinguiuse durante a guerra civil. Dirixiu as forzas chinesas en Corea (1950) e chegou a mariscal (1955). Vicepresidente do Comité Central do Partido Comunista (1958) e herdeiro político de Mao Zedong, organizou a Revolución Cultural (1966) e creou un exército popular, pero as súas teses políticas acabaron enfrontándoo con Zhou Enlai e en 1971 foi acusado dun intento de golpe de estado e morreu, oficialmente, nun accidente aéreo cando fuxía cara a URSS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de liófobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e boxeador. Coñecido como Arthur Cravan, foi campión de Europa de boxeo. Fundou e dirixiu a revista Maintenant (1912-1915), foi precursor do dadaísmo e afirmou que do futurismo ía derivar toda a pintura posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo publicitario. Presidente do Club Escuela Vigoglobo, foi un dos primeiros pilotos de globos aerostáticos en Galicia. Ademais de participar na elaboración da Guía do Museo Quiñones de León de Vigo, colaborou nos volumes Viens en Galice (1991) e Camelias para elas (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Rosende, afluente do Anllóns, entre Carballo e Coristanco. Por ela pasaba o Camiño Real desde A Coruña a Fisterra. Ten catro arcos, con bóvedas de cantería e o pavimento, de pedra, conserva a fileira no centro característica das pontes medievais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do nome persoal grego Makrobios, latinizado en Macrobius; e este, á súa vez, do adxectivo makrobios ‘de longa vida’, composto do adxectivo makros ‘longo’ e o substantivo bios ‘vida’. San Macrobio (s IV), mártir en Oriente, celébrase o 20 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás malesherbiáceas.

    2. Planta da familia das malesherbiáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas ou subarbustivas, da orde das parietais, de flores actinomorfas e hermafroditas e froito en cápsula pechada. Comprende unhas 25 especies propias dos Andes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición e idade do mancebo.

    2. Situación de quen vive amancebado.

    3. Casa onde se exerce a prostitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático alemán. Foi director do observatorio de Göttingen. Entre 1753 e 1761 fixo numerosas observacións dos movementos da Lúa, que foron publicadas en 1770, e elaborou un catálogo estelar, que contiña un millar de estrelas zodiacais. En 1761 estableceu unha fórmula para calcular e corrixir as desviacións instrumentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos agaricais, da familia das tricolomatáceas, que presenta láminas brancas e rizomorfos grosos. En Galicia está presente a especie comestible M. megacollybia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera herba perenne ou máis raramente anual, que presenta follas planas e de grandes dimensións. É abundante sobre todo na montaña húmida e nas terras intertropicais chuviosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que necesita dunha salinidade media para vivir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que vive nun ambiente medianamente osixenado en que existe unha considerable cantidade de materia orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aprehensión que se ten polos fungos.

    VER O DETALLE DO TERMO