Lubiáns, ponte
Lubiáns, ponte
Construción situada sobre o río Rosende, afluente do Anllóns, entre Carballo e Coristanco. Por ela pasaba o Camiño Real desde A Coruña a Fisterra. Ten catro arcos, con bóvedas de cantería e o pavimento, de pedra, conserva a fileira no centro característica das pontes medievais.