"CISC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 605.

  • PERSOEIRO

    Duque de Bretaña (1442-1450). Apoiou a Carlos VII de Francia no seu enfrontamento cos ingleses en Normandie, onde fixo arrestar o seu irmán Gilles, aliado do monarca inglés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1515-1547), duque de Milán (Francisco II; 1512-1521 e 1524-1525) e conde de Angulema (1496-1547), fillo de Carlos de Orleans e de Luísa de Savoia. Herdou a coroa do seu curmán Luís XII e casou con Claudia, filla deste e de Ana de Bretaña, de xeito que integrou definitivamente o ducado de Bretaña na coroa francesa. Iniciou o seu reinado enfrontándose a Carlos I en Italia, onde obtivo o ducado de Milán. Trala morte do Emperador Maximiliano I (1519), presentou a súa candidatura á xefatura do Sacro Imperio Romano Xermánico, pero os príncipes alemáns escolleron a Carlos V, que se converteu no seu principal rival. En 1525, o emperador apresouno en Pavia e asinou un tratado polo que renunciaba a Nápoles, Milán e Xénova e cedía Borgoña. Posteriormente, continuou o enfrotamento aínda que polo Tratado de Cambrai (1529) renunciou ás súas pretensións en Italia a cambio da soberanía de Borgoña. Retomou as hostilidades ata que pola Paz de Crépy (1544) renunciou definitivamente a Nápoles...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Milán (1450-1466), conde de Pavia e de Cotignola e señor de Piacenza, fillo do condottiere M. A. Sforza. De nome F. Sforza, entrou ao servizo de Filipe María I de Milán, venceu os venecianos e apoderouse da marca papal de Ancona e de parte de Umbria. Despois de ocupar Brescia casou coa filla do duque de Milán, Branca María Visconti, e recibiu o señorío de Cremona. Trala morte do duque milanés e a proclamación da República Ambrosiana en Milán, estivo ao mando dos exércitos milaneses fronte aos venecianos, aos que venceu en Caravaggio (1448). En 1450 suprimiu a república, fíxose proclamar duque e en 1664 ocupou Savona, a Riviera e Xénova. Moi influenciado polo humanismo, foi o artífice do desenvolvemento urbanístico e arquitectónico do ducado de Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Modena e de Reggio (1629-1658) e de Correggio, fillo do duque Afonso III e de Isabel de Savoia. De nome Francesco I d’Este, apoiou a política da coroa hispánica no Mediterráneo e obtivo de Filipe IV o ducado de Correggio (1635). Desde 1647 aliouse co monarca francés que o converteu en xeneralísimo dos exércitos franceses en Italia, cos que, entre 1656 e 1658, devastou o Milanesado e a rexión de Mantua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1479-1483), conde de Foix e de Bigorre, vizconde de Bearn, de Marsan, de Gabardà, de Brulhès, de Oloron e de Castellbò e señor de Andorra (1471-1483), fillo de Gastón III. De nome François Febus, sucedeu os seus avós Gastón IV de Foix e Leonor I de Navarra. Durante o seu reinado sucedéronse as loitas entre os agramonteses e beaumonteses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque de Toscana (1574-1587), fillo de Cosme I Medici. De nome Francesco Medici, gobernou coa axuda de G. B. Concini e B. Vinta e converteu o ducado fundado polo seu pai nun importante centro comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1792-1806), de Austria (Francisco I; 1804-1835) e rei de Bohemia e Hungría (Francisco II; 1792-1835), fillo e sucesor de Leopoldo II e de María Luísa de Borbón. Educado en Viena, tomou parte nas diversas coalicións europeas e nos conflitos bélicos provocados pola Revolución Francesa e as Guerras Napoleónicas, polo que se viu obrigado a ceder territorios nas paces de Campoformio (1797), Lunéville (1801), Bratislava (1805) e Viena (1809). Trala sinatura do Tratado de Presburgo (1805), abdicou da coroa imperial (1806) e converteuse no derradeiro emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, aínda que preservou o título de Emperador de Austria ao casar a súa filla María Luísa con Napoleón. Tralas vitorias sobre as tropas francesas en Leipzig (1813) e en Waterloo (1815) e a celebración do Congreso de Viena (1815), recobrou boa parte dos territorios austríacos e converteuse no presidente da nova Confederación Xermánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei das Dúas Sicilias (1859-1860), fillo de Fernando II. Non puido impedir que Garibaldi ocupase Sicilia e Nápoles en 1860. Capitulou e refuxiose en Roma ata que se exiliou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Bretaña (1458-1488). Sucesor do seu tío Artur III de Richemont, enfrontouse a Luís XI de Francia, ao querer este reducir a independencia do seu ducado (1464). Durante a rexencia de Ana de Francia, interveu na Guerre Folle (1845), pero foi derrotado polas forzas da rexente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1559-1560), fillo de Enrique II e de Catarina de Medici. En 1558 casou con María I de Escocia e delegou o goberno de Francia nos duques de Guisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco I de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Modena e de Reggio (1662-1694), fillo do duque Afonso IV. De nome Francesco II d’Este, durante o seu reinado os seus territorios estiveron baixo a autoridade da súa nai, Laura Martinozzi. Foi o restaurador da Universitá de Modena e do reordenamento da Biblioteca Estense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Milán (1521-1525? e 1529-1535), fillo de Ludovico o Mouro. Exiliouse en Alemaña trala ocupación do ducado por parte das tropas de Francisco I de Francia e en 1521 foi restablecido no trono milanés polo Emperador Carlos V e o Papa León X. Acusado de traizón polo marqués de Pescara, perdeu Milán ante Carlos V (1525) e non o recuperou ata 1529. Ao morrer sen descendencia lexítima, o ducado foi incorporado aos dominios da coroa hispánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Modena e de Reggio (1737-1780), fillo do duque Renato I. De nome Francesco III d’Este, dirixiu os exércitos españois en Italia durante a Guerra de Sucesión austríaca, pero tralas derrotas españolas en Camposanto (1742) e Piacenza (1745), aliouse con Austria e obtivo o cargo de gobernador de Lombardia. Mecenas das artes e das letras, protexeu a S. Muratori e a G. Tiraboschi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Módena e Reggio (1814-1846) e arquiduque de Austria-Este, fillo do arquiduque Fernando e de María Beatriz, duquesa de Modena. De nome Francisco de Lorena-Habsburgo, ocupou o trono en Módena e tentou, sen éxito, proclamarse rei de Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo de teatro afeccionado fundado por Eduardo Gutiérrez en 1975 e que desenvolveu unha considerable actividade no campo da dinamización teatral, con espectáculos como O tío Miseria (1975), Beiramar (1984), sobre o texto de Armando Cotarelo ou Falsa morte e certa morte de Estoraque o Indiano (1985), segundo a peza homónima de Eduardo Blanco Amor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Miguel Fernández Moratinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Honduras (7.946 km2; 878.000 h [estim 1991]). A capital é Tegucigalpa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Modena e de Reggio (1846-1859), fillo de Francisco IV. De nome Francisco de Lorena-Habsburgo, en 1848 foi obrigado a abandonar os ducados, pero foi restituído polos austríacos pouco tempo despois. Expulsado en 1859, os seus estados foron anexionados polo Piemonte e retirouse a Viena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Misioneiro xesuíta. Marchou a París para estudar na Sorbonne (1525), onde obtivo o grao de licenciado (1528) e coñeceu a santo Ignacio de Loiola. Converteuse nun dos seus primeiros seguidores. Ordenado sacerdote en Venecia (1537), participou na fundación da Compañía de Xesús e colaborou na redacción das súas Constitucións. Dedicouse ás obras de caridade en varias cidades de Italia e foi enviado a Oriente (1541). Trala súa chegada a Goa (1542), dedicouse á evanxelización do S da India, Ceilán e Malaca. En agosto de 1549 trasladouse a Kagoshima, no Xapón, onde continuou o seu labor e, despois de volver á India (1551), emprendeu viaxe cara a China. Foi canonizado por Gregorio XV (1622). Na iconografía viste co hábito dos xesuítas, e leva ás veces a esclavina dos peregrinos e o bordón na man; como atributos, unha cruz nunha man ou un cangrexo. A súa festividade celébrase o 3 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO