"Cid" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 848.

  • de compracer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que é da mesma cidade que outra ou que outras.

    2. Persoa natural ou habitante da mesma nación que outra ou outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de renovación espiritual promovido pola comunidade ecuménica de Taizé (Francia), fortemente influído pola personalidade do seu prior Roger Schutz. Iniciou o seu labor na xuntanza do verán de 1974. Organiza reunións europeas anuais coa participación de grupos de mozos pertencentes a países de toda Europa. Neses encontros, nos que tomaron parte algunhas asociacións parroquiais de Galicia e de toda España, desenvolvéronse diversas actividades de carácter social e relixioso. Dous deles tiveron lugar en Barcelona, nos anos 1979 e 1985, con máis de 20.000 asistentes. O 7 de marzo de 1980, arredor de 2.000 rapaces xuntáronse en Sevilla e iniciaron unha peregrinación europea ata Bélxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e político. Cursou estudios na Escola de Náutica da Coruña entre os anos 1962 e 1966, e navegou como mariño mercante desde 1966 a 1968. Posteriormente, dedicouse á docencia ata que comezou a participar activamente na política. En 1982 obtivo o cargo de deputado independente polas listas do PSOE no Parlamento de Galicia e durante o goberno tripartito, entre outubro de 1987 e febreiro de 1990, exerceu como conselleiro de Cultura. Foi un dos fundadores do grupo Voces Ceibes, que aglutinou os cantautores da Nova Canción Galega a partir de 1968; membro fundador e primeiro vicepresidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo do que dimitiu trala organización do Primeiro Congreso de Escritores, é membro fundador e primeiro presidente do PEN Clube de Galicia, posto do que tamén dimitiu unha vez organizado o Congreso Mundial do PEN en 1993. A súa andaina literaria comezou co poemario Mencer de lúas (1968), pero o xénero que cultivou con maior asiduidade e éxito foi a narrativa....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido de estrutura semellante á da heparina que, por hidrólise, produce ácido sulfúrico, acético, glicurónico e galactosamina na córnea e no tecido conectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de conducir.

    2. Aplícase ao órgano ou ao elemento mecánico que recibe movemento de rotación ou translación por medio dun motor ou condutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de coñecer ou coñecerse.

      1. Que se coñece.

      2. Aplícase á persoa a quen coñece moita xente, especialmente por algunha actividade concreta que desenvolve.

    2. Persoa á que se trata con pouca ou moita frecuencia sen ter intimidade con ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en 1985 en Barcelona a iniciativa das VI xornadas internacionais do Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i Nacionals (1981). Agrupa movementos nacionalistas, políticos, culturais e sindicais das nacións sen Estado de Europa coa finalidade de potenciar a Europa das nacións como alternativa á Europa dos estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de cónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade de dereito público de carácter administrativo constituída o 28 de abril de 1992, a partir do Real Padroado da Cidade de Santiago polas administracións central (goberno da nación), autonómica (Xunta de Galicia) e municipal (concello de Santiago de Compostela). Con sede no pazo de Vaamonde, ten como obxectivos manter e xestionar as instalacións e equipamentos das que dispón e promover o exercicio coordinado das tres administracións públicas, especialmente no que se refire á protección e promoción exterior da cidade de Santiago e aos camiños de peregrinación no seu termo municipal. Ten as funcións de facilitarlle ao Real Padroado a infraestrutura administrativa necesaria; impulsar, promover e coordinar a execución dos seus acordos; asumir a execución dos proxectos e a xestión dos servicios, así como exercer aquelas funcións que as administracións consorciadas lle encomenden. Os seus órganos de goberno e administración son o consello de administración, o presidente (cargo que ocupa...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de convencer.

    2. Que cre dunha forma segura en algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao cónxuxe que causa a morte da súa parella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de dar morte alguén ao seu cónxuxe. Segundo o dereito penal, esta figura de delito inclúese na de parricidio. No dereito canónico, esta acción invalida o matrimonio posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Competición europea de fútbol. Creouse en 1956 para equipos representativos das cidades que celebrasen feiras internacionais, xa fosen de clubs ou de seleccións locais. As dúas primeiras edicións do campionato duraron máis dun ano: en ambas as ocasións (1956-1958 e 1958-1960) impúxose o FC Barcelona. Dende 1961 tivo periodicidade anual. O Valencia CF sumou dous triunfos (1961-1962 e 1962-1963), o Real Zaragoza un (1963-1964) e o Barcelona completou o palmarés español no torneo co seu terceiro título (1965-1966). A partir da tempada 1968-1969 o acceso á disputa da Copa de Feiras quedou restrinxido aos equipos que se proclamasen subcampións das ligas nacionais. A derradeira edición disputouse na campaña 1970-1971; o seu relevo tomouno a Copa da UEFA. Ao desaparecer o torneo, a UEFA organizou unha gran final para adxudicar o trofeo en propiedade: nela competiron o FC Barcelona, en calidade de primeiro vencedor, e o Leeds United, campión da derradeira edición; esa gran final, disputada en Barcelona...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos corácidos.

    2. Ave da familia dos corácidos.

    3. Familia de aves da orde dos coraciformes á que pertencen os gaios azuis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra de América do Sur que forma a parte occidental da cordilleira dos Andes. Distínguense catro sectores, o colombiano, que se inicia na fosa de Atrato, o ecuatoriano, o peruano e o boliviano. Está formada por rochas metamórficas recubertas por materiais volcánicos. De N a S as maiores elevacións son Nevado Sajama (6.542 m) e Nevado Toroni (5.985 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos crácidos.

    2. Ave da familia dos crácidos.

    3. Familia de aves da orde das craciformes. De talle grande ou mediana, teñen o peteiro xeralmente pequeno, as patas robustas e a miúdo unha crista erecta. Coñécense unhas corenta especies espalladas por América, dende Texas ata Arxentina, como a chacalaca, o guan e o curaçao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de críptico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao axente que mata as criptógamas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos insectívoros de coloración dorsal cinsenta ou acastañada cinsenta, con pouco contraste coa parte ventral, orellas sen cubrir polo pelo e rabo con algúns pelos sobresaíntes do resto. Os dentes son de cor branca na súa totalidade e o bordo superior do primeiro incisivo inferior é liso. Presentan unha gran variabilidade de tamaño, dende os 50 mm ata os 85 mm, e mais a cola que oscila entre os 25 mm e os 50 mm; o peso vai dende 3,5 ata 14 g. Os animais defenden territorios que poden acadar os 400 m2 e que comparten durante a reprodución. Aliméntanse principalmente de pequenos invertebrados e presentan diariamente períodos de actividade e descanso de dúas horas. Aínda que non teñen letargos estacionais en situacións de penuria alimentaria poden entrar en sonos de varias horas. Teñen unha vida media de ano e medio e constitúen unha presa común das rapaces nocturnas e dos mustélidos. De orixe bioxeográfica tropical, a maioría das 133 especies actuais viven en África...

    VER O DETALLE DO TERMO