coñecido -da

coñecido -da

(< coñecer)

  1. p reg

    de coñecer ou coñecerse.

  2. adx
    1. Que se coñece.

      Ex: Sempre emprega refráns moi coñecidos.

    2. Aplícase á persoa a quen coñece moita xente, especialmente por algunha actividade concreta que desenvolve.

      Ex: O coñecido cantante declarou en contra da discográfica.

  3. s

    Persoa á que se trata con pouca ou moita frecuencia sen ter intimidade con ela.

    Ex: Ten poucos amigos, pero moitos coñecidos.

Refráns

  • Casa sabida, señas escusa.

Palabras veciñas

coñecer | coñecer | coñecible | coñecido -da | conectable | conectador -ra | conectar