conectador -ra
conectador -ra
(
-
adx
Que conecta.
-
s
m
[TECNOL]
Dispositivo empregado para conectar dous circuítos ou sistemas eléctricos, formado por dúas pezas cunha serie de contactos metálicos que se poden encaixar unha coa outra co fin de establecer a conexión entre os contactos correspondentes. Poden ser de diversos tipos, segundo a disposición de contactos (en forma circular, rectangular, en liña, etc) e empréganse en cables, aparellos, circuítos impresos, etc. Os conectadores para circuítos impresos son lineais cunha ou dúas series de contactos e teñen unha separación ou paso entre contactos sucesivos de 0,1 ou 0,2 polgadas (2,54 mm ou 5,08 mm).