conectivo -va
(
-
adx
Que serve para conectar.
-
adx
[LING]
Aplícase a todos aqueles elementos lingüísticos que funcionan como nexos (conxuncións, preposicións, pronomes relativos, etc).
-
s
f
[FILOS]
En lóxica formal, partículas que relacionan unhas proposicións con outras e fan posible o cálculo proposicional. Entre as consideradas principais, están as cinco binarias que relacionan dúas proposicións p, q. Comprenden a conxunción “e” (p = q, lese p e q), a disxunción “ou” (p > q, lese p ou q), a condicional “se...entón” (p D q, lese se p, entón q), a bicondicional “se e só se” (p C q, lese p se e só se q) e a disxunción exclusiva “ou...ou” (p F q, lese ou p ou q).
-
s
m
[BOT]
Parte media e estéril da antera que conecta as dúas tecas, no medio da que se acostuma inserir o filamento do estame.
-
s
m
[ZOOL]
Parte do sistema nervioso de moitos invertebrados que une os diferentes ganglios dunha mesma cadea ganglionar.
-
tecido conectivo
[BIOL]
Tecido conxuntivo.