conectivo -va

conectivo -va

(

  1. adx

    Que serve para conectar.

  2. adx [LING]

    Aplícase a todos aqueles elementos lingüísticos que funcionan como nexos (conxuncións, preposicións, pronomes relativos, etc).

  3. s f [FILOS]

    En lóxica formal, partículas que relacionan unhas proposicións con outras e fan posible o cálculo proposicional. Entre as consideradas principais, están as cinco binarias que relacionan dúas proposicións p, q. Comprenden a conxunción “e” (p = q, lese p e q), a disxunción “ou” (p > q, lese p ou q), a condicional “se...entón” (p D q, lese se p, entón q), a bicondicional “se e só se (p C q, lese p se e só se q) e a disxunción exclusiva “ou...ou” (p F q, lese ou p ou q).

  4. s m [BOT]

    Parte media e estéril da antera que conecta as dúas tecas, no medio da que se acostuma inserir o filamento do estame.

  5. s m [ZOOL]

    Parte do sistema nervioso de moitos invertebrados que une os diferentes ganglios dunha mesma cadea ganglionar.

  6. tecido conectivo [BIOL]

    Tecido conxuntivo.