conectar

conectar

(< ingl to connect)

  1. v t

    Unir ou poñer en relación unha persoa ou cousa con outra.

    Ex: Deben conectar mellor as ideas para que cheguen a entenderse. Van construír unha nova estrada para conectar as dúas vilas.

    Sinónimos: enlazar.
  2. v t [FÍS]

    Establecer un contacto eléctrico entre dous condutores.

    Ex: Onte non puidemos traballar porque non se puido conectar o ordenador.

    Antónimos: desconectar. Confrontacións: enchufar.
  3. v t [TECNOL]

    Unir por medio dun tubo.

    Ex: A auga da traída aínda non está conectada ás casas.

  4. v t [TECNOL]

    Establecer unha relación entre dous mecanismos mediante un sistema de transmisión.

  5. v t [INFORM]

    Acceder a unha rede de comunicacións, como Internet, a través de determinadas operacións.

  6. v i
    1. Establecer algo relación con outra cousa. OBS: Constrúese seguido da preposición con.

      Ex: Conectou co deporte e está moi contento. A miña casa conecta coa autoestrada.

    2. Conseguir alguén un grao de integración de ideas con outra persoa ou cun grupo de persoas. OBS: Constrúese seguido da preposición con.

      Ex: Todos conectaron cos principios establecidos pola comunidade.

  7. v pron

    Poñerse en relación ou contacto con algo ou alguén.

    Ex: Conéctanse todos os días a través da Internet.

Conxugar
VERBO conectar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conecto
conectas
conecta
conectamos
conectades
conectan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conectaba
conectabas
conectaba
conectabamos
conectabades
conectaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conectei
conectaches
conectou
conectamos
conectastes
conectaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conectara
conectaras
conectara
conectaramos
conectarades
conectaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conectarei
conectarás
conectará
conectaremos
conectaredes
conectarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conectaría
conectarías
conectaría
conectariamos
conectariades
conectarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conecte
conectes
conecte
conectemos
conectedes
conecten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conectase
conectases
conectase
conectasemos
conectasedes
conectasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conectar
conectares
conectar
conectarmos
conectardes
conectaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
conecta
-
-
conectade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conectar
conectares
conectar
conectarmos
conectardes
conectaren
Xerundio conectando
Participio conectado
conectada
conectados
conectadas