"Dal" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 544.

  • Construción situada en Santiago de Cercio (Lalín). A súa planta é rectangular con escaleira exterior e solainas cubertas na fachada principal. Nun dos seus extremos engadiuse unha torre de planta cadrada cun brasón dos Deza, Varela, Arias e Suárez. A capela converteuse nun alpendre unido á torre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de fidalgo.

    2. Que ten un comportamento nobre e xeneroso.

    3. Grupo social, de orixes medievais, composto polos fidalgos. En Galicia, a presencia continuada da alta nobreza na corte castelá provocou que na Idade Moderna se convertese, xunto cos eclesiásticos, nos rectores da sociedade. A orixe das grandes casas fidalgas galegas ten lugar a principios do s XVI, cando escudeiros, burócratas e cregos adquiriron patrimonios agrarios, construíron pazos ou casas grandes e integráronse na vida rural. A acumulación de grandes dominios e rendas produciuse como consecuencia da cesión por parte da Igrexa de numerosos bens e a chegada ao mundo rural de capital de orixe comercial, que permitiu a compra de terras e que a fidalguía se colocase na posición intermedia entre os titulares do dominio da terra, Igrexa e mosteiros, e os traballadores directos da mesma. Non obstante , esta non se configurou como unha burguesía agraria, posto que vivía das rendas forais ou asimiladas e todo o que se cultivaba na casa era para consumo propio. O seu arraigamento á terra permitiu...

    4. Documento polo que se demostraba a fidalguía dun individuo na Coroa de Castela. A sentenza que se incluía no documento facíase pública pola xustiza e despois pola Real Audiencia. Na Coroa de Aragón era equivalente á firma provisoria dos infanzóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio concedido du-rante a celebración, cada catro anos, do Congreso Internacional de Matemáticas a dous eminentes matemáticos en activo, tradicionalmente de menos de 40 anos de idade, e dende 1966 a un máximo de seis. O xurado, formado por oito membros, desígnase entre dous congresos consecutivos polo comité executivo da Unión Internacional de Matemáticas. Creada e dotada polo matemático canadense J. Ch. Fields durante o congreso de Toronto do ano 1924, comezou a concederse en 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á estrutura que presentan algunhas rochas eruptivas nas que os cristais ou micrólitos aciculares se orientan segundo as inflexións das correntes da lava. Algúns gneis e outras rochas metamórficas teñen unha estrutura fluidal, producida pola orientación paralela que adoptaron os seus elementos cando se someteron a grandes presións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo noruegués. Profesor nas universidades de Oslo e Stanford, centrou os seus estudios na filosofía da linguaxe. Destacou polas súas interpretacións da filosofía de E. Husserl, á que considerou unha teoría xeneralizada do significado. Editor do Journal of Symbolic Logic (1970-1982), escribiu Husserl und Frege (1958). Foi membro, entre outras, da American Academy of Science and Arts e da Kongelige Danske Videnskabernes Selskab.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extremo inferior dun terreo en pendente que está situado na parte oposta á cabeceira.

    2. Extensión de terreo que se encontra situada nun nivel inferior con respecto a outro ou outros de máis altura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Florida, EE UU (152.397 h [2000]). Sitúase a carón da costa do Atlántico, na desembocadura do New. É unha zona residencial e turística. Do seu patrimonio cultural destacan o Broward Center for the Performing Arts, o Fort Lauderdale Museum of Art e o Museum of Discovery and Science.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado no val do Guadalquivir, entre Carmona e Écija (7.470 h [1996]. Centro agrícola de La Campiña, con industrias alimentarias. De orixes prehistóricas, recibiu durante a ocupación romana o nome de Obulcula. Conquistada polos cristiáns en 1248, o seu señorío foi entregado á orde de Alcántara. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o xacemento de Fuente de la Reina e os restos do castelo de Fuentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, director e guionista. Coñecido como Chema Gagino, en 1985 comezou a súa carreira no sector audiovisual, traballando como actor e director de dobraxe. Entre 1988 e 1993 exerceu como director, guionista e locutor en numerosos programas de creación para diferentes emisoras de radio privadas e públicas. A comezos da década dos noventa fundou con outros socios o Colectivo CAOS para a Creación e Experimentación Audiovisual, organizando diversos certames e obradoiros de cine e vídeo. Guionista, produtor, director e actor de dobraxe, a súa faceta máis destacable é a de guionista e director cinematográfico e televisivo, con obras como a curtametraxe Isolina do Caurel (1997) ou a serie Terra de Miranda, en colaboración con Jorge Coira para o Grupo Voz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade constituída no ano 1983 baixo a presidencia de Ramon Boixadós, situada no edificio do Teatre-Museu Dalí en Figueres. Ten como obxectivo promover a obra de Dalí, ademais de protexer e xestionar o seu patrimonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Abandonou a súa oposición á redención dos foros na Ditadura de Primo de Rivera e participou co grupo La Sota de Pontevedra en favor da mesma. Foi asesor xurídico da Deputación de Pontevedra ata o seu cesemento, motivado por participar no xuízo contra A. Bóveda. Foi un dos fundadores da Misión Biolóxica de Galicia e da Caixa de Aforros Provincial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza que se coloca diante e por riba das rodas dun vehículo para evitar as salpicaduras de lama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ignaz Nachum Gidalewitch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Coñecido como Tim Nachum Gidal, colaborou coas revistas Münchner Illustrierte Press e Picture Post. En 1930 participou nunha exposición sobre a primeira experiencia televisiva no Deutches Museum. Nunha viaxe á India realizou unha reportaxe sobre Mahatma Gandhi que o levou a ser coñecido mundialmente. Foi tamén redactor xefe da revista militar Parade. En 1948 instalouse nos EE UU e traballou na revista Life e como profesor na Nova Escola de Investigacións en Ciencias Sociais. Publicou Deutschland-Beginn des modernen Photojournalismus (1972) e Modern Photojournalism: Origin and Evolution 1910-1933 (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de California, nos EE UU (180.040 h [1990]). Xurdida arredor da actividade mineira (1886), constitúe un suburbio de Los Angeles. Foi fundada en 1798 por J. M. Verdugo co nome de Rancho San Rafael e desde 1887 pasou a denominarse Town of Glendale. Do seu patrimonio cultural destacan as casas dos Verdugo (1860), de San Rafael (1871) e dos Taylor (1873).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Arizona, nos EE UU, situada no Salt River Valley, ao L de Phoenix (148.130 h [1990]). Fundada no s XIX, converteuse durante a Segunda Guerra Mundial no lugar de entrenamento dos pilotos norteamericanos. Do seu patrimonio cultural destaca o Sahuaro Ranch (s XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cabra que ten máis de dous meses.

    2. Cabra en época de celo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción propia do godallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está sucio e presenta un aspecto pouco coidado.

    2. Que é obscena, groseira e sen educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen cheira mal e presenta un aspecto desaseado.

    2. Castrón que está en celo.

    VER O DETALLE DO TERMO