Fields, medalla
Fields, medalla
Premio concedido du-rante a celebración, cada catro anos, do Congreso Internacional de Matemáticas a dous eminentes matemáticos en activo, tradicionalmente de menos de 40 anos de idade, e dende 1966 a un máximo de seis. O xurado, formado por oito membros, desígnase entre dous congresos consecutivos polo comité executivo da Unión Internacional de Matemáticas. Creada e dotada polo matemático canadense J. Ch. Fields durante o congreso de Toronto do ano 1924, comezou a concederse en 1936.