Field, Sally

Field, Sally

Actriz estadounidense. Deuse a coñecer a través de diversas series de televisión. A mediados dos anos setenta comezou a facer papeis secundarios en producións de Hollywood. En 1979 gañou o seu primeiro Oscar pola súa interpretación na película Norma Rae, de Martin Ritt. A partir dese momento a súa carreira progresou con filmes como Places in the Heart (Nun lugar do corazón, 1984), polo que conseguiu o seu segundo Oscar, Steel Magnolias (Magnolias de aceiro, 1989), Not Without My Daughter (Non sen a miña filla, 1990), Mrs. Doubtfire (Señora Doubtfire, 1993), Forrest Gump (1994), Eye for an Eye (Ollo por ollo, 1996), Where the Heart Is (Onde está o corazón, 2000) ou Say It Isn’t So (2001).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pasadena, California