"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín publicado entre maio de 1811 e o 17 de novembro de 1811. Tiña periodicidade irregular. Editábase na imprenta do Sexto Exército.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación anual editada polo Instituto de Estudios Vigueses, dependente da Fundación Provigo y su Área. Trátase dunha colección de artigos en lingua galega ou castelá recollidos baixo o epígrafe de Boletín Glaucopis. O seu primeiro número saíu no ano 1995 en Vigo. No seu limiar, o director do Instituto, Andrés Martínez-Morás y Soria, afirmaba a súa vontade de contribuír a un mellor coñecemento de Vigo, achegando diversa información aos vigueses e non vigueses, e facendo especial fincapé na historia da cidade. A Historia, a Arqueoloxía, a Toponimia, a Arquitectura, a Fotografía e a Filoloxía son algunhas das materias tratadas nos seus artigos. Entre os seus colaboradores figuran Xosé M. Souto González, Xoán C. Abad Gallego, Gerardo Sacau Rodríguez, Gerardo González Martín, Fernando J. Costas Goberna, Elisa Pereira García e Bernardo M. Vázquez Gil. Entre algúns dos seus artigos destacan “Vigo: problemas xeográficos e coñecemento da nosa realidade” (nº1, 1995), “As marcas nos muíños...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida no mes de agosto de 1982 en Melide. Aínda que non figurou baixo ningunha responsabilidade, os encargados da publicación foron o director do museo Xosé Manuel Broz Rei, o secretario Xosé Domingos Fuciños Gómez e os vocais Benedicto e Xulio Álvarez García. Este boletín deleitaba tanto cos poemas dos colaboradores Xosé Vázquez Pintor, Manuel Souto, Ramón Porto Trado ou Manuel Díaz, como coas traducións ao galego que Xosé María Monterroso Devesa fixo de Rabindranath Tagore ou de Henry Fellow. A pesar de que a súa finalidade era a recuperación, o estudo e a conservación do patrimonio histórico e artístico da comarca, tamén contou con artigos sobre Historia local, Etnografía, escavacións arqueolóxicas, Arte, Heráldica, música tradicional, onomástica da parroquia, etc. O boletín estaba ilustrado con debuxos e fotografías en branco e negro. A única mostra narrativa que se atopou é a publicación nun dos seus números dun relato de Exeria Branco. Na súa presentación afirmaban...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida no ano 1913 na Coruña. Tiña periodicidade mensual e puido ter a súa continuidade no Boletín de la Estadística Municipal de La Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apareceu en Santiago de Compostela ao redor de 1988. Era unha publicación da Xunta de Galicia, concretamente da Consellería de Economía e Facenda en colaboración co Instituto Galego de Estatística. O último número que se editou data de 1991. Este boletín redactouse en galego e contou con seccións dedicadas ao “Movemento natural da poboación”, “Emprego e paro”, “Gandería e pesca”, “Transportes e comunicacións”, “Turismo, consumo e prezos”, “Finanzas” e “Bibliografía”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín aparecido arredor do ano 1967, que desapareceu en 1968. Foi unha publicación bilingüe de carácter sindicalista e reivindicativo. Na primeira páxina facía un balance da historia sindical da universidade, baseada segundo o propio boletín na discusión e no debate das diversas posturas, e a promoción das primeiras asembleas libres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transcrición defectuosa do texto grego Bωμόι Σεστίου (debería transliterarse como Bomoi Sestiou), que se encontra en Ptolomeo (Xeogr, II, 6, 3), equivalente ás Aras Sestianas ou “tres arae quae Sestianas vocant” de Mela (Chorogr III, 13), e tamén citadas por Plinio (Nat Hist, IV, 111): “tres arae Sestianae Augusto dicatae” quen di que lle foron dedicadas a Augusto. Seguramente o nome de Sestianas fai referencia a Lucio Sestio, cónsul romano que tomou parte nas guerras galaicas como legado de Augusto. O profesor Luis Monteagudo situounas nas Illas Sisargas, tras demostrar que a palabra ara en latín ademais do sentido de ‘altar’ ten tamén o significado de ‘escollo, rocha mariña’. Seguindo o fío desta opinión, o Bωμόι de Ptolomeo sería, xa que logo, unha tradución incorrecta de ara. Esta hipótese cobra maior forza se aceptan que tralo nome Sisargas agóchase a palabra Caesaricas. Non obstante , outros estudiosos como...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canle situada entre a punta de Pertusato (Córsega) e as de Testa e Falcona (Sardeña).
-
PERSOEIRO
Pintor anónimo da escola gótica aragonesa. O seu estilo derivaba do de Jaume Huguet. Realizou o retablo de san Martín conservado no museo Bonnat (Baiona, Francia) de onde procede o seu nome. Atribúeselle unha predela con escenas da Paixón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de San Jaime. Pretendente carlista á coroa de España co nome de Afonso Carlos I, irmán de Carlos VII. En 1871 casou con María das Neves de Braganza, infanta de Portugal. Durante a Terceira Guerra Carlista foi designado capitán xeneral das forzas de Catalunya (1872-1876). En 1931, ao morrer sen fillos o seu sobriño Xaime, converteuse en pretendente. Rompeu as negociacións que iniciara co destronado Afonso XIII e mostrouse de acordo coa entrada dos carlistas no levantamento de 1936. Morreu sen fillos, deixando irresoluta a súa sucesión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pretendente carlista á coroa de España co nome de Carlos VII. Neto de Carlos María Isidro de Borbón e sobriño do conde de Montemolín. En 1866 casou con Margarida de Borbón, filla do duque de Parma. Reorganizou o Carlismo. En 1869 promulgou o seu primeiro manifesto político onde prometeu a defensa da unidade relixiosa, a descentralización política e o proteccionismo económico. Ese mesmo ano intentou un golpe militar a prol do Carlismo. En 1872 impulsou a loita carlista, que se estendeu a Catalunya, País Vasco e Navarra, que continuou despois da proclamación de Afonso XII (1874) e que rematou en 1876. Un ano despois reorganizou de novo o Carlismo e en 1900 fixo un novo levantamento militar. Sucedeulle como pretendente o seu fillo Xaime de Borbón e de Borbón-Parma.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prefectura do Chad (600.350 km2; 73.185 h [1993]). A capital é Faya-Largeau (5.200 h [1993]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club Baloncesto Bosco.
-
ENTRADA LARGA
Estatística cuántica que rexe o comportamento dun conxunto de bosóns indiscernibles e independentes. Os bosóns non obedecen ao principio de exclusión de Pauli e, polo tanto, non pode haber un número calquera nun mesmo estado cuántico. Pódese demostrar que o número medio de bosóns no estado de enerxía E é
FORMULA
onde k é a constante de Boltzmann, T a temperatura absoluta do sistema e μ unha constante determinada pola condición Σn<J>E</J>=N, onde N é o número total de partículas do conxunto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político francés. Estudiou na escola militar de Saint-Cyr, participou na defensa de París contra os prusianos (1870), entrou na Asemblea Nacional coa promesa de reformar a Constitución de 1875 e, apoiado por Clemenceau, foi ministro de Guerra (1886-1887). Debido ao seu progama democratizador, aínda que con propostas pouco concretas, gañou a simpatía de todos os descontentos do goberno radical (republicanos, nacionalistas, obreiros e soldados). Os seus seguidores formaron o Comité Republicano Nacional, que venceu nas eleccións parciais de 1888-1889; sen embargo, a Boulanger faltoulle decisión para marchar sobre o Eliseo e tomar as rendas do país malia o apoio das clases populares, os soldados e a policia. O goberno aproveitou esa indecisión para anular as eleccións e acusar de complot contra o estado a Boulanger, quen fuxiu a Bruxelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estilo principal da arte rupestre do Sáhara (V-II milenio a C), presente nos grandes macizos centrais (Hoggar, Tassili, Ennedi e Tibesti), no que se distinguen tres subestilos sucesivos. Caracterízase pola pintura, ás veces polícroma, e o gravado de grandes rabaños de bóvidos domésticos e figuras humanas, nas que se distinguen individuos dos grupos fulani (de feito algunhas das escenas representadas interpretáronse de acordo coa súa mitoloxía actual) e bérberes.
-
PERSOEIRO
Novelista e avogado romanés. É autor de Intuneric şi lumina (Tebras e luces, 1912) e do drama Sorana (1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘pantalóns’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club Baloncesto Breogán.