"Gonzalez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 326.

  • GALICIA

    Xornalista. Locutora e condutora de programas de TVE en Galicia, foi membro do Consello de Administración da RTVG, locutora da Cadena SER ata 1980 (Hora 25, Matinal Cadena SER e correspondente da SER en Galicia), ademais de colaborar en La Voz de Galicia e pertencer á redacción da revista Andaina. Participou na elaboración de Cultura e medios de comunicación nas sociedades dependentes (1982) e Rosalía de Castro: unha obra non asumida (1985). Recibiu o Premio Nacional de Radio polo seu traballo na SER.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Produtor e director de animación. Emigrado a Cuba, realizou as curtametraxes El gallito de papel (1963) e La saladomaquia (1965). En 1965 trasladouse a París para dirixir o programa infantil da RTF Le manege enchantée, un clásico da animación infantil en Francia e Reino Unido. Director e creador das personaxes de Barrio Sésamo para TVE, en 1983 impulsou, como director de La 2 a realización de programas como Documentos TV ou Metrópolis. Foi presidente de Organización Mundial das Televisións Públicas (INPUT) e colaborou coa UNESCO na difusión de programas de televisión de carácter internacional. En 1998 produciu e realizou a serie Federico García Lorca, retrato de familia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Fundou a Biblioteca Municipal de Baiona e cultivou a pintura e o debuxo. Da súa obra destaca Contribución a una bibliografía de Bayona La Real (1973), Guía monumental ilustrada de Pontevedra (1980) e a carpeta de debuxos Homenaxe a Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Iniciou a súa andaina artística co ceramista conceptual Setsuko Nagasawa e axiña comezou a facer unha obra baseada en instalacións, happenings e estruturas, en que incorporou os materiais pobres e a fotografía. Foi pioneiro das instalacións e da arte máis experimental en Galicia, con achegas á pop art e á reinterpretación do ready made de Marcel Duchamp. Da súa obra destaca Fume (1991), Céspede artificial (1996) e a instalación Un e outro (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Catedrático de Obstreticia e Xinecoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, foi médico interno no hospital de maternidade de Barcelona. Das súas obras destacan a súa tese doutoral, Biología de la vagina (1935) e El uso terapéutico de las gonadotrofinas en obstetricia y ginecología.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Cronista oficial da súa vila natal, fixo carreira eclesiástica en Mondoñedo antes de marchar a Madrid. De volta en Viveiro, colaborou en diversos xornais e foi director de El Eco de Vivero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e ingresou na Compañía de Xesús, da que posteriormente saíu por problemas de saúde. Como poeta afastouse do costumismo e do modernismo imperante, e as súas características artísticas foron as dun romanticismo tardío pero posuidor dunha gran propensión lírica. Asumiu unha gran variedade de formas métricas e cultivou versos de diferentes medidas, como heptasílabos, hendecasílabos ou alexandrinos. Publicou algúns traballos líricos baixo o pseudónimo de Ma-Nu-Gon en O Tío Marcos da Portela, dos que destacan “Alborada”, “Os amores da terriña” e “Aurora dun puro amor”. Tamén tirou do prelo Salaios. Versos gallegos (1895), cunha clara influencia de Follas Novas de Rosalía de Castro; Efusivas (1908), escrita en castelán; e a monografía La poesía popular gallega (1894), premiada en Pontevedra en 1892. Foi membro da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Afiliado ao Partido Conservador, foi deputado polo distrito de Tui (1879-1903), primeiro secretario do Congreso (1880 e 1882), conselleiro do Monte de Piedade e Caixa de Aforros (1892) e senador vitalicio desde 1903. Colaborou en diversos xornais, dos que destaca El Boletín Diplomático. Publicou Guía de Ferrocarriles del Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo. Foi decano da Facultade de Bioloxía de Universidade de Santiago de Compostela. Especializado no estudo dos coleópteros, é autor de numerosos artigos e comunicacións para congresos, tanto a escala nacional como internacional. Foi investigador dos proxectos Fauna Ibérica I e II e Fauna Italiana. Membro de Seminario de Estudos Galegos, é tamén vogal do comité executivo da Asociación Europea de Coleopteroloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote, profesor e poeta. Doutor en Filosofía, en 1923 ordenouse sacerdote. Foi chanceler-secretario e cóengo-maxistral da diocese de Tui (1941) e mestrescola e arcipreste da diocese de Cádiz-Ceuta. Recibiu a influencia de Fray Luis de León, Félix Lope de Vega, san Xoán da Cruz e santa Tareixa de Xesús e escribiu numerosos artigos, comentarios e poemas de temática relixiosa, dos que destacan “Romance a San Pelayo” (1925), “Canto a Santo Tomás”, “Rimas”, “Cátedra” e “Bodas de Plata”. En 1964 foi elixido académico de número da Real Academia Hispano-Americana de Cádiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi aprendiz de Federico de Madrazo e estudou en Italia, onde coñeceu a pintura clásica. Especializouse en pintura de tema histórico e nos retratos. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en 1872, director da Real Academia de Bellas Artes de Roma en 1882 e director do Museo Nacional del Prado. Acadou medallas nas Exposiciones Nacionales de 1862, 1866 e en 1871 co lenzo El 3 de mayo de 1808.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Urólogo. Ocupou diversos cargos en distintos organismos, como no Instituto Nacional de la Seguridad Social e no Instituto Social de la Marina, e foi xefe do equipo de uroloxía do Hospital Universitario San Carlos. Da súa produción destacan Pronóstico y tratamiento de las enfermedades urológicas, Patología quística renal e Hiliosinuquistosis renal, una nueva entidad nosológica? Ingresou na Orden Civil de Alfonso X el Sabio (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante, ilustrador e escritor. Colaborador de Faro de Vigo, dirixiu a galería de arte Arcana de Vilagarcía de Arousa. Escribiu e ilustrou o libro de literatura infantil O paxariño traveso (1987) e libros de poemas como O cavalo económico, Os poemas da seita (1987) e Sombra fértil (1999). Tamén pintou as series Peonzas e Azulados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, guionista, narrador oral e director teatral. Comezou a súa actividade como actor en 1975, destacando na Mostra de Teatro Galego de Ribadavia. Membro fundador da compañía A Farándula (1975), traballou con compañías viguesas ata 1983, cando comezou a actuar con outras agrupacións galegas e co Centro Dramático Galego. Debutou como director con Tranvía Teatro en 1989 coa peza O merlo branco (Premio Xeración Nós de Teatro Infantil 1991). Desde entón escribiu, dirixiu ou fixo adaptacións para varias compañías, especialmente para Ollomoltranvía. Desde finais da década de 1990 participou como guionista en series de ficción para a TVG, como O campo de atrás ou Mareas Vivas (1998). Das súas pezas, algunhas delas dirixidas por el, destacan Raíñas de pedra, A Mostra. Travesura 92 (1991), Commedia, un xoguete para Goldoni (1993), que recibiu varios premios dentro e fóra de Galicia; O Rei Nu (1995), Nano (1997, Premio María...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista. Destacou como xogador no R.C. Celta de Vigo, Real Madrid C. F. e C. Atlético de Madrid. Foi campión de Liga co Real Madrid C. F. (1953-1954) e internacional coa selección B (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre castelán, avó do marqués de Santillana. Fiel a Pedro I o Cruel, desde 1366 serviu a Enrique II de Castela e despois o seu sucesor Xoán I. Ao entrar este en Portugal en 1383 foi nomeado rexente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciado en Ciencias Económicas, especializouse na investigación dos movementos sociais galegos contemporáneos e na historia e na cultura marítima de Galicia. Colaborou coa revista da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), formou parte do grupo etnográfico Mascato e asesorou o Centro Tecnológico del Mar, da Fundación CETMAR. Asesor da Enciclopedia Galega Universal, pertence ao Colectivo de Historia Xerminal. Escribiu A CNT na Galicia (1922-1936) (1994), Sindicalistas e Rebeldes: Anacos da historia do Movemento Obreiro na Galiza (1998), Imaxes da fatiga: Crónica gráfica do traballo na Galiza (1999), O Patrimonio marítimo de Galicia (2000) e O asociacionismo dos pescadores na Galiza de anteguerra: unha visión de conxunto (2001); e, con E. Fernández, O anarquismo en Galicia (1870-1970): apuntes para unha enciclopedia (2004). Coordinou Os conquistadores modernos: Movemento Obreiro na Galiza de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Víctor Campio Pereira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e debuxante. Coñecido como Peridis, colaborou en diversas publicacións periódicas como o diario Informaciones, a revista Cuadernos para el Diálogo e o xornal El País. Director e presentador do programa Las claves del Románico para TVE, no eido arquitectónico realizou a restauración e rehabilitación do mosteiro de Santa María La Real en Aguilar de Campoó, do mosteiro de San Benito en Valladolid, do Teatro Principal de Burgos e da Biblioteca Pública do Alcázar de Toledo. Autor de Los animalillos políticos de Peridis (1977), Del golpe al cambio (1982) e Peridis 1995-2004 (2004), recibiu o Premio Mingote de Humor (1983), o Premio Europa Nostra (1988) pola conservación do patrimonio histórico-artístico e a Medalla al Mérito de las Bellas Artes (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Coñecido como Roxerius, en 1920 rematou os estudos de maxisterio en Santiago de Compostela. Nestes anos frecuentou o centro republicano e as Irmandades da Fala. En 1919 asistiu, con Antón Villar Ponte, Fray Salvador, Sánchez Andrade e Pita Romero, á Xuntanza Escolar Nazonalista, celebrada en Santiago. Nesta Xuntanza decidiuse pedirlle ao goberno a creación dunha cátedra de literatura e lingua galega e a autonomía integral para Galicia. Durante a Segunda República apoiou activamente a campaña a prol do Estatuto de Autonomía de Galicia e, en decembro de 1931, participou na fundación do Partido Galeguista. A partir deste momento, intensificou as súas colaboracións xornalísticas diversificando a súa temática: cartas dirixidas aos mestres, análise da situación económica do maxisterio, a educación de adultos, a asistencia escolar, a pedagoxía e o bilingüismo, a situación das escolas técnicas e a crítica á escola tradicional. Despois de superar por libre os cursos da Escuela Superior de...

    VER O DETALLE DO TERMO