Núñez González, Manuel

Núñez González, Manuel

Escritor. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e ingresou na Compañía de Xesús, da que posteriormente saíu por problemas de saúde. Como poeta afastouse do costumismo e do modernismo imperante, e as súas características artísticas foron as dun romanticismo tardío pero posuidor dunha gran propensión lírica. Asumiu unha gran variedade de formas métricas e cultivou versos de diferentes medidas, como heptasílabos, hendecasílabos ou alexandrinos. Publicou algúns traballos líricos baixo o pseudónimo de Ma-Nu-Gon en O Tío Marcos da Portela, dos que destacan “Alborada”, “Os amores da terriña” e “Aurora dun puro amor”. Tamén tirou do prelo Salaios. Versos gallegos (1895), cunha clara influencia de Follas Novas de Rosalía de Castro; Efusivas (1908), escrita en castelán; e a monografía La poesía popular gallega (1894), premiada en Pontevedra en 1892. Foi membro da Real Academia Galega.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vilardevós

  • Deceso