"Ivo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 721.

  • Aplícase aos seres vivos que se alimentan de materia orgánica en descomposición, vexetal ou animal. Nos ecosistemas terrestres están representados, entre outros, por algunhas formigas, lesmas, cempés, miñocas e colémbolos. Abundan mesmo nas augas onde o proceso de descomposición é lento, como acontece con moitos poliquetos, moluscos bivalvos ou crustáceos. Tamén reciben o nome de detritófago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que devolve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que provoca ou denota dexeneración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode producir difracción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para difundir ou que tende á difusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a aquilo que diminúe ou reduce unha cousa.

      1. Palabra formada mediante a adición á raíz ou palabra base dun sufixo diminutivo. Así, por exemplo, son diminutivos: homiño

      2. sufixo diminutivo

        sufixo diminutivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Precipitación intensa e breve de tipo tormentoso.

    2. Torrente que se forma como consecuencia dunha precipitación intensa e breve, de tipo tormentoso, no que a auga discorre con moita rapidez e que desaparece pouco despois de que cese a chuvia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dirección.

      1. Que ten a capacidade de dirixir.

      2. Persoa que forma parte dunha xunta directiva.

    2. direccional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • discriminatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao discurso.

    2. Que discorre ou que reflexiona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa ou sofre unha disimilación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que, durante o seu decurso, se produce disipación de enerxía.

    2. Estado da materia que ten lugar cando un sistema se afasta do equilibrio térmico ao recibir agresións externas que sobrepasan un valor crítico.

    3. Sistema que evoluciona, mediante un proceso irreversible, cara a un estado de equilibrio, cun mínimo de enerxía libre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á disociación.

    2. Que disocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á disolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que dispersa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dispón, aplicado especialmente á parte dunha sentenza ou dunha ordenación en que está disposto aquilo que hai que facer.

      1. Peza ou conxunto de pezas ou cousas colocadas de maneira que sirvan para producir unha determinada acción.

      2. dispositivo activo

        Compoñente electrónico que produce unha amplificación.

      3. dispositivo electroacústico

        Dispositivo que transforma os sinais electrónicos en sinais sonoras.

      4. dispositivo escénico

        Conxunto de elementos que forman parte da posta en escena. Engade unha concepción dinámica da escenografía, que debe modificarse seguindo o desenvolvemento da acción dramática. Implica un cambio na organización tradicional do espazo e no seu fundamento ideolóxico, e concibe o decorado como un artefacto en continua evolución e transformación na representación. No teatro moderno combínanse as distintas posibilidades de iluminación, son e movemento dos personaxes para acadaren unha representación máis expresiva, que se axuste ás diversas situacións da trama.

      5. dispositivo intrauterino

        DIU.

      6. dispositivo pasivo

        Compoñente que non produce unha amplificación, por exemplo unha resistencia ou un condensador.

      7. dispositivo periférico

        Dispositivo de entrada ou saída que se conecta á unidade central de proceso dun ordenador; por exemplo o teclado ten como función a captura de datos cara ao ordenador; ou a pantalla do ordenador que entrega ao exterior os datos xerados por un procesador.

    2. Disposición que adoptan as tropas para cumprir unha misión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para distinguir.

    2. Aplícase ao trazo articulatorio ou acústico que, na realización dos fonemas, é susceptible de exercer valores discretos diferenciais respecto doutras realizacións. Cando un destes trazos é común a unha serie de realizacións fonemáticas denomínase marca de correlación. Por exemplo, os trazos distintivos do [p], en galego, son: [consoante], [xordo], [oral], [oclusivo], [bilabial]. Por [consoante] oponse ás vocais, por [xordo] a [b], por [oclusivo] a [f] e por [bilabial] a [t] e a [k].

    3. Trazo que distingue ou caracteriza algo, especialmente o obxecto que identifica os pertencentes a algunha profesión ou grupo

      1. Bandeira especial que se iza nun navío para indicar a presenza dunha persoa a quen lle corresponden determinados honores.

      2. distintivo de clase

        Sinal que se asigna á embarcación de regatas que pertence a unha clase internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á distribución.

    2. Que expresa distribución ou alternancia na acción.

    3. Aplícase a cada unha das partes dun todo.

    4. Aplícase a unha das dúas leis de composición interna (*, °) respecto a outra, nun conxunto E dotado de dúas leis de composición internas, cando se satisfán as seguintes propiedades: se a*(b°c) = (a*b)°(a*c) dise que * é distributiva con respecto a °, se (b°c)*a = (b*a)°(c*a) dise que * é distributiva con respecto a °, e se se satisfán ambas as dúas condicións dise que * é distributiva respecto a °. En R, a multiplicación é distributiva respecto da suma, pero non ao revés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á disuasión.

    2. Que disuade ou tende a disuadir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que implica disxunción.

    2. Que establece ou expresa unha disxunción entre dúas unidades lingüísticas.

    3. Razoamento dedutivo en que unha ou máis proposicións son disxuntivas.

    VER O DETALLE DO TERMO