dispositivo -va
(< lat disposĭtu ‘disposto’, p p dedisponĕre)
-
adx
Que dispón, aplicado especialmente á parte dunha sentenza ou dunha ordenación en que está disposto aquilo que hai que facer.
-
-
s
m
[TECNOL]
Peza ou conxunto de pezas ou cousas colocadas de maneira que sirvan para producir unha determinada acción.
-
dispositivo activo
[TECNOL]
Compoñente electrónico que produce unha amplificación.
-
dispositivo electroacústico
[TECNOL]
Dispositivo que transforma os sinais electrónicos en sinais sonoras.
-
dispositivo escénico
[ESPECT]
Conxunto de elementos que forman parte da posta en escena. Engade unha concepción dinámica da escenografía, que debe modificarse seguindo o desenvolvemento da acción dramática. Implica un cambio na organización tradicional do espazo e no seu fundamento ideolóxico, e concibe o decorado como un artefacto en continua evolución e transformación na representación. No teatro moderno combínanse as distintas posibilidades de iluminación, son e movemento dos personaxes para acadaren unha representación máis expresiva, que se axuste ás diversas situacións da trama.
-
dispositivo intrauterino
[MED]
DIU.
-
dispositivo pasivo
[TECNOL]
Compoñente que non produce unha amplificación, por exemplo unha resistencia ou un condensador.
-
dispositivo periférico
[TECNOL]
Dispositivo de entrada ou saída que se conecta á unidade central de proceso dun ordenador; por exemplo o teclado ten como función a captura de datos cara ao ordenador; ou a pantalla do ordenador que entrega ao exterior os datos xerados por un procesador.
-
s
m
[TECNOL]
-
s
m
[BÉL]
Disposición que adoptan as tropas para cumprir unha misión.