"Josep" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 326.
-
PERSOEIRO
Escritor. Iniciou a súa produción literaria con Coses vistes (1925) e Llanterna màgica (1926). Polémico e belixerante nos seus escritos políticos, foi un propagandista da Lliga e de F. Cambó, que describiu na biografía Francesc Cambó (1928-1930). No plano político, foi elixido deputado da Mancomunitat de Catalunya en 1921. Colaborador da revista Destino, nesta etapa publicou Guía de la Costa Brava (1941), Las ciudades del mar (1942), Un señor de Barcelona (1945) e El carrer estret (1951, Premio Joanor Martorell). A súa obra pódese considerar como unhas vastas memorias que cobren medio século de vida catalá. En 1966 coa publicación de El quadern gris, un dietario escrito entre 1918 e 1919 que constitúe unha das súas obras máis relevantes, inicia a recompilación da Obra completa. En 1968 foi instituído o premio Josep Pla no seu honor e en 1980 recibiu a Medalla d’Or da Generalitat.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e botánico. Foi catedrático de Historia Natural na Universidade de Santiago de Compostela (1849-1868) e na de Barcelona (1868-1888), onde foi reitor (1880). Escribiu o primeiro catálogo da flora de Galicia: Ensayo de una flora fanerogámica gallega: ampliada con indicaciones acerca los usos médicos de las especies que se describen (1852). Tamén publicou Programa de lecciones para la cátedra de Historia Natural (1851), Discurso leído en la solemne inauguración del curso académico de 1859 a 1860 en la Universidad Literaria de Santiago (1859), contra a teoría evolucionista, e Congreso agrícola gallego de 1864 (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico belga. Ideou un método estroboscópico para o estudo dos movementos vibratorios e inventou o fenaquistoscopio (1832). Estudou os fenómenos capilares das láminas delgadas e diversos fenómenos ópticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Discípulo de J. Haydn, ampliou os seus coñecementos musicais en Italia con D. Cimarosa e G. Paisiello. Foi mestre de capela da catedral de Estrasburgo (1783). Establecido en París, converteuse en editor musical e fabricante de pianos. Compuxo obras de ton patriótico durante a Revolución Francesa, ademais de sinfonías, música de cámara e concertos, elegantes e refinados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Levantou numerosos edificios en Bruxelas, entre os que sobresae o Palacio de Xustiza (1866-1883). Inscrito no neoclasicismo, utilizou ocasionalmente o historicismo gótico, como na igrexa de Laecken, tamén en Bruxelas (1854).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano francesa. Coñecida como Lily Pons, estudou piano e canto en París e debutou en Mülhausen (1928) con Lakmé. Actuou (1931-1959) no Metropolitan de Nova York, onde debutou como protagonista de Lucia di Lammermoor, e interpretou óperas italianas, principalmente de Donizetti e Rossini, e francesas. Actuou tamén en Europa e destacan as súas interpretacións en La Sonnambula, Rigoletto, Linda di Chamounix ou Il Barbiere di Siviglia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico inglés. A súa condición de teólogo e pastor non foi un impedimento para a actividade científica, iniciada baixo a influencia de B. Franklin coa redacción de History and Present State of Electricity (1767), seguida de investigacións sobre o denominado aire fixo (dióxido de carbono) e outros gases. En 1774 obtivo por primeira vez osíxeno puro (que el denominaba aire desfloxisticado) ao quentar óxido de mercurio. Despois de escribir Experiments and Observations on Different Kinds of Air (1877), marchou a EE UU con outros disidentes relixiosos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Socialista libertario francés. Fillo dunha familia campesiña, estudou pensionado na escola de Besançon e posteriormente conseguiu unha bolsa para estudar na Sorbonne en París, onde se puxo en contacto cos fourieristas.Traballou de apoderado dunha empresa de navegación en Lyon e relacionouse co movemento mutualista. Estaba convencido de que era posible un equilibrio económico e un sistema de contrato social que, segundo el, non tiña unha orixe histórica, senón que viña dado polas características básicas da consciencia humana: a solidariedade e a axuda mutua. Defendeu a familia e a propiedade familiar como a base da economía. Escribiu Système des contraditions économiques ou la Philosophie de la misère (1846), que ocasionou unha polémica con K. Marx, e De la capacité politique des classes ouvrières (1865).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico francés. Despois de dirixir a farmacia do hospital da Salpêtrière, trasladouse a España, contratado polo goberno, para ensinar química en Bergara, Segovia e Madrid. Despois dunha longa polémica con Berthollet, conseguiu impoñer ao mundo científico a lei que leva o seu nome. Foi un dos fundadores da análise química.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, historiador da arte e político. Estudou arquitectura e ciencias exactas en Barcelona e doutorouse en Madrid en 1888. Establecido en Barcelona, dirixiu a construción da casa Martí (1985) e realizou a Casa Amatller (1900) e a casa Terrades (1905), e os proxectos da Exposición Internacional de 1915. Proxectou o enlace da Via Laietana co sector da capela de Santa Àgata (1914) e o arranxo da praza de Catalunya (1923). Cofundador da Lliga Regionalista (1901) e rexedor do Ajuntament de Barcelona (1902-1905), axudou a E. Prat de la Riba i Sarrà na súa tarefa cultural e foi presidente do Institut d’Èstudis Catalans. Foi designado segundo presidente (1917) e presidente (1919-1923) da Mancomunitat de Catalunya. A Guerra Civil Española obrigouno a fuxir e estableceuse en Francia. Bo coñecedor da arte medieval catalá, escribiu L’arquitectura romànica a Catalunya (1909-1918, con A. de Falguera e J. Goday) e La geografia i els orígens del primer art romànic (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Emigrou a EE UU en 1864 e naturalizouse nese país. En 1883 comprou The World, un dos diarios máis destacados de Nova York e en 1903 doou un millón de dólares á Columbia University para a creación dunha escola de xornalismo. Modernizador dos medios de comunicación impresos, instituíu os premios que levan o seu nome, que outorga anualmente desde 1917 a devandita universidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar austríaco de orixe húngara, conde de Radetz. Distinguiuse na guerra contra Napoleón e deseñou a estratexia da Batalla de Leipzig (1813). Foi xefe das forzas austríacas en Italia desde 1831 e gobernador xeral do Reino Lombardo-Véneto (1850-1857).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político prusiano. Conselleiro de Federico Guillerme IV de Prusia (1795-1861), ocupou a carteira de Asuntos Exteriores en 1850, pero dimitiu aos dous meses por non poder impoñer a súa política respecto a Austria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Profesor de música desde 1840, na súa obra recibiu a influencia de F. Mendelssohn e R. Schumann. A súa produción comprende máis de duascentas obras, das que destacan as composicións para piano e de cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e teólogo alemán. Elixido papa o 19 de abril de 2005, tomou o nome de Benedito XVI. Ordenado sacerdote en 1951, estudou filosofía e teoloxía na Universidade de Múnic (1946-1951). En 1953 doutorouse en teoloxía coa tese Pobo e casa de Deus na doutrina de santo Agostiño. Profesor en diversos centros e catedrático de Dogmática e Historia do Dogma na Universidade de Ratisbona, foi membro do Concilio Vaticano II e da comisión pontificia para a revisión do Código de Dereito Canónico. Arcebispo de Múnic e Freising (1977-1982) e cardeal coa titularidade de Santa Maria Consolatrice al Tiburtino (1977), foi prefecto da Congregazione per la Dottrina della Fede (1981-2005), presidiu a comisión encargada da preparación do novo catecismo da Igrexa Católica e en 2002 converteuse en decano do Collegio Cardinalizio. Condenou a teoloxía de liberación e aos teólogos H. Küng e B. Schilebeeckx. Das súas obras destacan Introdución ao cristianismo (1968), Dogma e revelación...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Discípulo de G. Fauré, integrou a linguaxe musical de Mozart, Chopin, Borodin e Stravinskij, e incorporou elementos de música exótica en Schéhérazade (1903). Nas súas obras pianísticas evolucionou da complexidade de Jeux d’eaux (1901) á simplicidade de Sonatine (1905) e da suite Ma mère l’oye (1905). Escribiu dúas obras para escena, a ópera L’heure espagnole (1907) e a lírica fantástica L’enfant et les sortilèges (1925). En música de concerto amosou a súa vinculación ao neoclasicismo, en especial no Concerto en sol majeur (1931), para piano e orquestra. O seu talento de orquestrador púxose de manifesto na Rhapsodie espagnole (1907), no ballet Daphnis et Chloé (1909), nos célebres La Valse (1920) e Bolero (1927), e na transcrición orquestral dos Cadros dunha exposición, de Mussorgskij.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Parapsicólogo estadounidense. En 1935 fundou co inglés W. McDougall (1871-1938) un laboratorio de parapsicoloxía, onde estudou experimentalmente a denominada “función ϕ ”. Das súas obras destaca Extra-sensory Perception (1934) e The Reach of the Mind (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Lo Spagnoletto, de moi novo marchou a Roma, onde viviu intensamente a nova maneira introducida por Caravaggio e asistiu á Accademia Nazionale di San Luca. Despois estableceuse en Nápoles, onde recibiu a protección dos representantes da Coroa de Castela, o duque de Osuna e o conde de Monterrey. Recibiu encargos importantes e un gran número das súas obras chegaron á Península Ibérica. O seu estilo evolucionou de maneira inversa ao de Caravaggio, pois foise aclarando progresivamente, evolución que se aprecia en Calvario da colexiata de Osuna (1616-1620), Trinidad (1636?) e El sueño de Jacob (1639). A composición das súas obras está equilibrada mediante o debuxo e a cor. O dominio do debuxo manifestouno nos gravados. Entre as súas obras destacan tamén Isaac bendiciendo a Jacob (1637), El Nacimiento (1643), La Adoración de los pastores (1650), La Piedad (1637), La Purísima...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Conselleiro de estado (1875) e deputado republicano (1878-1885 e 1887-1809), foi xefe do Parti Républicain Modéré. Ministro de Asuntos Exteriores (1890-1893), ocupou outros ministerios e foi xefe de goberno varias veces (1892-1893, 1895, 1914 e 1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Marie Joseph Paul Yves Roch Gilbert Motier.