Ratzinger, Joseph
Eclesiástico e teólogo alemán. Elixido papa o 19 de abril de 2005, tomou o nome de Benedito XVI. Ordenado sacerdote en 1951, estudou filosofía e teoloxía na Universidade de Múnic (1946-1951). En 1953 doutorouse en teoloxía coa tese Pobo e casa de Deus na doutrina de santo Agostiño. Profesor en diversos centros e catedrático de Dogmática e Historia do Dogma na Universidade de Ratisbona, foi membro do Concilio Vaticano II e da comisión pontificia para a revisión do Código de Dereito Canónico. Arcebispo de Múnic e Freising (1977-1982) e cardeal coa titularidade de Santa Maria Consolatrice al Tiburtino (1977), foi prefecto da Congregazione per la Dottrina della Fede (1981-2005), presidiu a comisión encargada da preparación do novo catecismo da Igrexa Católica e en 2002 converteuse en decano do Collegio Cardinalizio. Condenou a teoloxía de liberación e aos teólogos H. Küng e B. Schilebeeckx. Das súas obras destacan Introdución ao cristianismo (1968), Dogma e revelación (1973), Informe sobre a fe (1985) e O sal da terra (1996).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Marktl am Inn, Baviera