"MIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 424.

  • Que é semellante a un mexillón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia neurotóxica que se pode atopar nalgúns lamelibranquios como o mexillón. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema que, durante o Imperio Inca, consistía no traslado de grupos de poboación dun territorio a outro coa finalidade de evitar sublevacións e de conseguir a rápida asimilación das poboacións conquistadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos colonos que se establecía nas terras en que se aplicaba a mitima.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto público de propaganda, especialmente sobre cuestións políticas ou sociais, en que interveñen un ou varios oradores.

    2. Reunión deportiva de exhibición ou competición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do antigo México, situada no actual estado de Oaxaca, na chaira do río Mitla. Os restos da cidade manifestan, arquitectonicamente, unha ruptura coa tradición zapoteca e a consecución dunha gran perfección no estilo. Ocupada polos aztecas en 1490, a cidade conservouse como un conxunto de cinco grupos de edificios, que permitiu a diferenciación cultural entre zapotecos e mixtecos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ditos ou narracións, entre outros, fabulosos e xeralmente contrapostos a calquera tipo de formulación razoable e demostrada, empregados sobre todo para reflectir convicións filosóficas, cosmovisionais ou relixiosas. A palabra designa o resultado do feito de dicir, razoar ou contar. No senso de cousa dita, oponse á acción, actividade ou traballo, xa desde os poemas homéricos. Como resultado do feito de razoar fai referencia á verba falada, oposta á verba escrita. Cabe situar no s V a C o momento característico desta oposición. Finalmente, como relato (narración e fabulación) pode opoñerse, culminando o proceso anterior, ao logos, entendido como o resultado dunha formulación razoada e demostrada. Máis adiante os cristiáns opuxeron os mitos, que consideraban inventados polo home, á súa historia sagrada. As primeiras apoloxías xa manifestaban un menosprezo non disimulado polos antigos relatos que constituíran o núcleo fundamental da relixión grega. O recurso á alegoría como interpretación foi...

      1. Cousa fabulosa inventada por alguén.

      2. Idea ou figura presentada como intocable ou absoluta.

    2. Alegoría de Platón, no libro VII da República, en que a condición humana se compara coa dun prisioneiro encadeado dentro dunha caverna, de costas á luz, e que non pode mirar as cousas reais, soamente as sombras proxectadas na parede que para el son a realidade mesma. Só o filósofo é capaz de liberarse desa ilusión. A alegoría da caverna constituíu para Platón o punto de partida que o leva á idea de que a educación debe orientar aos seres humanos a contemplar a verdadeira realidade e, en último termo, a idea do Ben.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken de Ibaraki, situada na illa de Honshū, Xapón (246.559 h [1997]). Posúe un dos parques naturais máis importantes de Xapón, o Kairakuen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orgánulo citoplasmático granular de forma esférica ou alongada, duns 10 μ de longo e de 1,5 μ de diámetro, que está presente en todas as células eucariotas. Ten unha dobre membrana, de estrutura semellante á membrana plasmática, de natureza fosfoglicoproteica. A membrana externa é lisa e moi permeable, separada por un espazo da membrana interna, que se invaxina en numerosos lugares, formando as denominadas cristas mitocondriais, que penetran profundamente na matriz mitocondrial. No seu interior teñen lugar diversas reaccións enzimáticas: o ciclo de Krebs, a cadea respiratoria, a fosforilación oxidativa e a β-oxidación dos ácidos graxos. Tamén hai na matriz mitocondrial ribosomas e fragmentos de ARN e ADN, que se cre poden constituír un sistema xenético autónomo respecto ao nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á mitocondria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mitófidos.

    2. Peixe da familia dos mitófidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos mitofiformes, que posúen escamas cicloides e a aleta anal orixínase case inmediatamente despois do remate da aleta dorsal. De distribución global, son mariños e inclúense nesta familia uns 32 xéneros. A maioría presentan migración diurna, existindo un pico de abundancia entre os 300 e 1.200 m durante o día e os 10 e 100 m durante a noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mitofiformes.

    2. Peixe da orde dos mitofiformes.

    3. Orde de peixes de pequeno tamaño, de corpo delgado, nú ou recuberto de escamas. Habitan en todos os mares, especialmetne nas rexións abisais, e moitos posúen fotóforo, polo que tamén se lles coñece co nome de peixes lanterna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo da orixe dos mitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición ou explicación dos mitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á mitografía ou aos mitógrafos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que describe, explica ou compón mitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada en mitoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de mitos dun pobo, dun conxunto de pobos ou dunha zona xeográfica. Tamén pode facer referencia a unha relixión, divindade ou a unha obra literaria ou artística como a mitoloxía de Góngora ou Rubens.

    2. Ciencia que estuda os mitos. Pódense sinalar catro tendencias na investigación desde o último terzo do s XIX: a mitoloxía comparada, a escola antropolóxica, o simbolismo e o funcionalismo. A mitoloxía comparada, con Max Müller como principal representante, recorre ás etimoloxías e ás comparacións para chegar á raíz dos feitos que estuda, que considera como enfermidades da linguaxe. A escola antropolóxica inglesa tivo como representantes a E. B. Taylor, Andrew Lang e J. G. Frazer e optou por explicacións de tipo naturalista. Nestes enfoques de estudo dos mitos ten un papel importante o contraste entre as civilizacións chamadas primitivas e a grecolatina. O simbolismo fixa unha especie de universais míticos comúns a todas as civilizacións sen constituír ningún sistema e o funcionalismo atende ao contexto histórico-cultural sen fixarse tampouco no sistema, como na obra de Malinowski. Das correntes posteriores destacan a liña antropolóxica de base sociolóxica das análises de M. Mauss, que pretendeu...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á mitoloxía ou á mitoloxización.

    2. Que non ten existencia real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que consiste en interpretar conceptual e filosoficamente os mitos máis alá da súa idea primeira ou elemental.

    VER O DETALLE DO TERMO