Mitla

Mitla

Cidade do antigo México, situada no actual estado de Oaxaca, na chaira do río Mitla. Os restos da cidade manifestan, arquitectonicamente, unha ruptura coa tradición zapoteca e a consecución dunha gran perfección no estilo. Ocupada polos aztecas en 1490, a cidade conservouse como un conxunto de cinco grupos de edificios, que permitiu a diferenciación cultural entre zapotecos e mixtecos.