"Marín" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 276.

      1. Que está, crece ou actúa baixo a superficie do mar.

      2. relevo submarino

        Conxunto de relevos do fondo mariño. Distínguense tres zonas: o precontinente, do que destacan a plataforma continental, o talude continental e o glacis; os fondos medios, ocupados por concas submarinas en forma de cubeta, separadas entre elas por bordos ou limiares, e polas dorsais ou cadeas montañosas, cuxos cumios ás veces forman illas (chemineas e guyots); e as grandes profundidades, que corresponden ás fosas abisais ou mariñas. Do estudo do fondo mariño ocúpase a oceanografía.

      1. submarino de peto

        Submarino especialmente proxectado e construído para realizar operacións militares especiais ou para a inspección técnica de cascos de embarcacións ou diques, ou para exploracións científicas. Caracterízanse polas súas pequenas dimensións, por ter pouco desprazamento e unha autonomía reducida. Os empregados para finalidades civís adoitan ser de unha ou dúas prazas, e os de operacións militares adoitan ter unha dotación de dous ou seis homes. O seu armamento é de un ou dous torpedos, cunha carga explosiva considerable, e eles mesmos poden converterse en armas ao lanzarse contra o inimigo.

      2. Embarcación de guerra especialmente concibida e construída para poder mergullarse, navegar e combater baixo a auga. Cando o submarino navega pola superficie ten unha flotabilidade positiva, e a inmersión efectúase ao anulala, aumentando o peso da nave ao encher de auga uns tanques provistos de válvulas de inundación na parte inferior e de ventilación na parte superior, que teñen a función de permitir a entrada e saída de auga de mar ou de aire comprimido, respectivamente. O submarino non queda perfectamente equilibrado cando se mergulla e iso fai necesaria a utilización de temóns de profundidade. A propulsión obtense, en superficie ou cando navega mergullado a pouca profundidade (cando se pon en funcionamento o snorkel), mediante os motores diésel de que está provisto, que accionan, á vez, un xerador que carga unha batería de acumuladores, cuxa enerxía eléctrica alimenta os motores que moven as hélices cando navega mergullado. Nesta situación pódese observar desde o interior a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monterroso. Construída durante a segunda metade do s XII en estilo románico, leva cuberta a dúas augas. Presenta nave única e ábsida rectangular, onde se abriu unha fiestra de medio punto sobre columnas e capiteis decorados con motivos zoomorfos. Os muros son de cachotaría e cantaría. No interior destaca o arco triunfal, de medio punto, mentres que o arco da portada foi substituído por un lintel. Na fachada destaca a espadana, cun só van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore robusta, de ata 24 m de altura, con follas pinnatisectas e colgantes, flor amarela pálida, con pintas vermellas, zigomorfas, hermafroditas, con catro sépalos e tres pétalos e froito en legume. É orixinaria de África tropical. Cultívase nas rexións cálidas como árbore froiteira, ornamental e de sombra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado en Camariñas. Por causa das rapinas, os seus monxes refuxiáronse en varias ocasións no de San Paio de Antealtares, que o restaurou como priorado e o refixo como construción durante o s XII. As súas rendas foron unidas ás do mosteiro de San Paio, ata a súa desaparición, ao ser unido a San Martiño Pinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Doutor en Dereito, foi profesor de dereito canónico na Universidade de Santiago de Compostela. Ordenado sacerdote en 1937, foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela, secretario capitular da mesma e chantre do cabido. Publicou Vida del Ilustrísimo Sr. D. Francisco de Aguiar y Seixas (1951) e La bula “Apostolici Ministerii” en Santiago (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a ultramar.

    2. Que é ou que provén de ultramar.

    3. Tenda onde se venden comestibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cultural creada en Betanzos en 1979 coa finalidade de realizar e promover actividades culturais e estudos de investigación centrados nas Mariñas. Entre as súas actividades destacan a recuperación da documentación do Arquivo Histórico Municipal, a posta en marcha do Museo das Mariñas, a recolección de material para o Fondo Fotográfico de Betanzos e a publicación, desde 1985, do boletín Untia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse en Santiago de Compostela e en Madrid, onde foi discípulo de F. Madrazo. As súas obras caracterizáronse polo perfecto dominio do debuxo e da cor. Realizou retratos (Juan Fierros, Vicente Valderrama Barrio), cadros relixiosos (Santa Bárbara, San Vicente de Paúl), escenas de xénero e tipos populares (Extrema Unción), bodegóns e paisaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e historiador. Fundou a Irmandade da Fala de Betanzos (1917), o Museo Pedagóxico Rexional na Coruña (1926) e dirixiu as Colonias Escolares Coruñesas e o Anuario Brigantino. Fundou a revista pedagóxica El Normalista (1913). Cronista de Betanzos desde 1940, das suas obras destacan El blasón de Betanzos de los Caballeros (1968), Los enterramientos de la iglesia de San Francisco (1931) e Las antiguas rutas jacobeas del territorio brigantino: 4º itinerario (1975). As súas poesías recompiláronse en Obra poética de Francisco Vales Villamarín (2000). Secretario perpetuo da Real Academia Galega, foi membro da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Recibiu, entre outros galardóns, o premio vitalicio da Fundación Pedro Barrié de la Maza e a encomenda da orde de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor. Foi alcalde de Ribeira, membro da Comisión Executiva do PSdeG-PSOE (1987-1994), deputado autonómico (1990-1997) e voceiro do grupo socialista no Parlamento de Galicia (1993-1997). Das súas obras destacan Galicia en terra allea (1997), A pesca está no vento (2001), Os señores do mar (2002) e As sombras dos mortos: historias de naufraxios en Cabo Corrubedo (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de Santiago que dá nome ao concello de Vilamarín, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Ourense situado no centro-S da Comunidade Autónoma de Galicia e no NO da provincia de Ourense. Limita ao N co concello de Carballedo (comarca de Chantada), ao S cos de Amoeiro e Coles (Ourense), ao L coa Peroxa (Ourense) e ao O con San Cristovo de Cea (O Carballiño). Abrangue unha superficie de 56,1 km 2 , cunha poboación de 2.281 h (2007) distribuída nas parroquias de Boimorto, León, Orbán, Reádegos, O Río, Sobreira, Tamallancos, Vilamarín e Viña. A súa capital é o núcleo de Vilamarín (42° 28’ 03’’ N - 7° 53’ 21’’ O), a 18 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Ourense.
    Xeografía física
    O concello está situado nun espazo de suaves pendentes, inclinado de N a S, cunha altitude media de 550 m, e cun relevo levemente ondulado. A parte N correspóndese co espazo máis elevado, no seu límite coa provincia de Lugo, formado por granitos e materiais máis duros que ficaron en resalte tras a intensa erosión,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vilamarín. No s XV foi fortaleza do conde de Ribadavia e no s XVII pertenceu aos condes de Maceda. No s XIX e comezos do s XX pertenceu á familia da Maza e tivo varios propietarios ata que o mercou a Deputación Provincial de Ourense. Ten dúas plantas poligonais irregulares cun patio central, desde onde se accedía á planta superior. A entrada está flanqueada por dúas torres semicirculares e, na parte oeste, ten unha muralla co seu paseo de rolda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Gondomar. Construíuse entre os ss XII e XIII pero ten engadidos e reformas dos ss XVI e XIX. Ten unha soa nave, dividida en tres tramos por arcos faxóns de medio punto, e ábsida rectangular. No lado norte engadíuselle un corpo rectangular que funciona como sancristía. A portada principal está composta por tres arquivoltas de arco de medio punto e tímpano liso. A fachada remata en volutas con pináculos nas esquinas e cunha espadana de dobre van culminada cun frontón circular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘compañeiro (de traballo)’.

    VER O DETALLE DO TERMO