"Marc" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 524.
-
PERSOEIRO
Teólogo e bispo de Ancira. Opúxose ao arianismo e foi apoiado por Atanasio e os niceos, pero foi acusado de sabeliano e desterrado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Centurión romano. Casou con santa Nunia e tiveron unha ducia de fillos, todos eles mártires e santos. A súa festividade celébrase o 30 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de París. Segundo a lenda, librou a cidade dun dragón que habitaba a sepultura dunha muller adúltera, morta sen se arrepentir. A súa festividade celébrase o 1 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (308-309) e mártir. Atacou os cristiáns renegados e apóstatas públicos mediante a esixencia de penitencia pública. Detido por orde do Emperador Maxencio, este obrigouno a ser o seu palafreneiro dentro da súa propia igrexa, transformada en corte de cabalos. Morreu martirizado. A súa festividade celébrase o 16 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1555). De nome Marcello Cervini, dirixiu a sé papal entre abril e maio, e preparou a restauración do Concilio de Trento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en Ourense en 1942 para continuar co traballo que Marcelo Macías García desenvolvía a prol do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Entre os seus obxectivos está o fomento do Museo e Arquivo Provincial de Ourense, a xestión dos fondos económicos de ambos os dous centros, e o estudio, investigación e difusión do patrimonio cultural, sobre todo no campo da antropoloxía, a arqueoloxía, a arte, a historia e a bibliografía. O seu primeiro director, Xesús Ferro Couselo, contou con colaboradores como Florentino López Alonso-Cuevillas, Vicente Martínez-Risco, Xoaquín Lorenzo Fernández e Carlos Vázquez Varela. Publicou o Boletín Auriense entre 1943 e 1953 e os seus anexos, a serie Guías do Patrimonio Cultural e numerosas obras, entre as que destaca Historia de los monasterios y prioratos anejos a Celanova (1991). En 1983 recibiu o Premio Otero Pedrayo.
-
PERSOEIRO
Xurista romano. Foi membro do consilium de Antonino Pio e de Marco Aurelio. Pensador agudo e intelixente, criticou as opinións dos xuristas antigos, e escribiu Digesta, en 31 libros. Tamén escribiu unhas notae ás Digesta e ás regulae de Pomponio, uns comentarios Ad legem Iuliam et Papiam e cinco libros De officio consulis.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do latín Marcellus, diminutivo de Marcus e xentilicio da familia Claudia. Destacan con este nome san Marcelo I, celebrado o 26 xaneiro; san Marcelo de París, celebrado o 1 de novembro; san Marcelo de León ou da Gallaecia, celebrado o 30 de outubro; Marcelo II; e santa Marcela de Roma, celebrada o 31 de xaneiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de marcescente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás follas e outros órganos vexetais que se secan na planta sen desprenderse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode murchar.
-
-
Relativo ou pertencente ás marcgraviáceas.
-
Planta da familia das marcgraviáceas.
-
Familia de árbores e arbustos, a miúdo epífitas ou plantas gabeadoras, da antiga orde das parietais, que presenta follas sen estípulas, flores actinomorfas e hermafroditas agrupadas en inflorescencias en umbela ou acio e froito en cápsula. Comprende unhas 100 especies de América tropical.
-
-
PERSOEIRO
Escritora. Comezou colaborando en Las Noticias e La Dona Catalana. A súa poesía é postsimbolista con elementos realistas (Rutas, 1938; La pasión desvelada, 1946 ou El viento, 1951). Tamén publicou novelas (Nina, 1949 ou Algo muere cada día, 1955), e, xunto co seu marido, Ricardo Fernández de la Reguera, escribiu dez títulos dos Nuevos episodios nacionales (1963-1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Financeiro. Participou na constitución da Compañía Transmediterránea (1916) e posteriormente na absorción de La Isleña (1917) e na creación dunha moderna fábrica de abonos químicos. A partir de 1918 iniciou a súa vida política desde o Partido Liberal e promoveu un amplio reagrupamento de forzas políticas contra mauristas. En 1926 constituíu a Banca March SA, e apoiou financeiramente a sublevación militar de xullo de 1936. En 1955 creou a Fundación Juan March, composta por un patronato e un consello, desde a que se promove a investigación científica e as relacións culturais entre o estado español e outros estados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arnau Marc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausiàs Marc.
-
PERSOEIRO
Fotógrafa alemana. Traballou para as publicacións Twen e Brigitte (1956), e os seus traballos, que amosan un punto de vista moi particular, foron expostos en Hamburgo e Berlín. Publicou Mann, oh! Man (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Frederic Ernest McIntyre Bickel.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e realizador cinematográfico dinamarqués. Coñecido como Gabriel Axel, as súas longametraxes tiveron unha certa repercusión en diferentes festivais nórdicos e en Cannes. Destacan as súas comedias e unha serie de filmes sobre a Prehistoria, xunto co filme Babettes gaestebud (O festín de Babette, 1987, Oscar á mellor película estranxeira 1988), que é unha adaptación dun conto de Isak Dinesen. Dirixiu tamén Altid ballade (1955), Amour (1970), Prince of Jutland (1994) e Leïla (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jaume Marc.