"Martin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 595.
-
PERSOEIRO
Humanista e gramático. Coñecido como Elio Antonio de Nebrija [Lebrija], a súa curiosidade científica abrangueu, ademais da filoloxía e da gramática, campos tan diversos como a historia, a literatura, a arqueoloxía, a cosmografía, a botánica, a filosofía e a teoloxía. Intentou restaurar o estudo e o uso do latín e, estudiando comparativamente a lingua latina e a castelá, chegou a argumentar algunhas distincións que, co tempo, habían ser fundamentais na ciencia da lingüística. Despois de estar un tempo en Sevilla (1470-1473), ao servizo do arcebispo Fonseca, marchou a Salamanca (1476-1486) como profesor de gramática e retórica. Alí foi onde iniciou a súa produción literaria e publicou Introdutiones in latinam grammaticam, per eundem recognitae atque exactissime correctae glossematis cum antiquo exemplari collatis (1481), en latín vulgar e logo en castelán. Posteriormente, publicou Repitio Secunda quam fecit anno christianae salutis MCCCCLXXXVI de corruptis hispanorum ignorantia quarumdam...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Destacou na Guerra de África, en México (1861-1862), onde loitou ás ordes do xeneral Prim, e en Cuba (1869). En 1872, voltou a España e loitou en Catalunya contra os carlistas e ao ano seguinte en València. Enfrontado co goberno republicano, dimitiu do cargo de capitán xeneral e foi confinado en Mallorca. O 29 de decembro de 1874 pronunciouse en Sagunt en nome de Afonso XII. O colapso do goberno provisional deulle a vitoria e o rei foi proclamado en Madrid. Nomeado capitán xeneral de Catalunya (1874-1886), iniciou a campaña contra os carlistas e marchou a Cuba onde dirixiu a guerra. Despois de derrotar os insurrectos (Paz de Zanjón, 1878), voltou a España e ao ano seguinte formou un goberno. Morto Afonso XII, fixo de mediador entre Cánovas del Castillo e Mateo Sagasta para que asinaran o Pacto de El Pardo (1885). Nomeado de novo capitán xeneral de Catalunya (1890 e 1893), foi xeneral en xefe das forzas de África (1893) e acabou a guerra de Melilla. Capitán xeneral de Castela-A...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, fillo de Manuel Martínez Murguía e Rosalía de Castro. Coñecido como Ovidio Murguía, integrouse na chamada Xeración Doente. Formouse na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago desde 1887, onde tivo como mestre a J. M. Fenollera. Autorretratouse en Tarde de invierno en el Sarela e as súas primeiras obras caracterizáronse polo emprego dunha variada e brillante gama cromática, da que destaca Feria de Santa Susana (1982?). En 1895 trasladouse coa súa familia á Coruña, onde estableceu o seu primeiro estudo e onde se deu a coñecer expoñendo nos escaparates dos comercios. En 1897 viaxou a Madrid para ampliar a súa formación e instalouse na casa do seu amigo Alejandro Pérez Lugín, quen lle facilitaría o contacto coa elite intelectual e política do momento. Dedicouse fundamentalmente á temática paisaxista (Sierra de Guadarrama) e costumista (Campesina lavando, 1895). As súas visitas aos exteriores madrileños combináronse coas visitas ao Museo del Prado e coas clases no Círculo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. Percorreu os ríos Paraná e Paraguay ata arribar no porto de Candelaria. En 1552 foi nomeado por Carlos I gobernador de Río de La Plata.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. A súa obra evolucionou cara ao expresionismo e cara ao xestualismo. Na década de 1980 interesouse polos aspectos culturais de Galicia e reflectiu nas súas obras aspectos da mitoloxía prerromana en series como Elfos ou Ninfas. Das súas obras destacan as series Rostros, Contaminación litoral (1986-1987) e Manolitos, e a performance A destrución do óvalo (2002). Tamén realizou a dirección artística do vídeo Viúda Gómez e Hijos (1986), de Xavier Villaverde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Estableceuse en Tui a partir de 1852, onde se fixo cargo dos obradoiros tipográficos de Juan Verea, o primeiro impresor de Tui (1852-1853). En 1860 imprimiu unha Pastoral, por encargo do bispo da diocese da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño mercante. De ideoloxía anarquista, desde moi novo andou embarcado nos vapores que recalaban na costa L de EEUU e do Caribe, contribuíndo xunto cos tamén galegos Juan Vidal e Secundino Brage á organización dos traballadores do mar de diversas nacionalidades na Unión de Fogoneros, Marineros y Similares. Impulsor con Pedro Esteve e Alberto Martín do semanario neoiorquino en lingua española Cultura Obrera, en que asinaba como Xan da Graña, continuou a manter durante a primeira e a segunda década do s XX vencellos cos libertarios galegos a través dos voceiros Germinal e Cultura Libertaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arbitrista. Fixo recomendacións ao erario público para impulsar a actividade económica e mellorar as condicións das clases humildes. Escribiu Memoriales o discursos para remediar la despoblación, la pobreza y la esterilidad de España (1656).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anatomista. Fundou o Museo Arqueológico e a Sociedad Económica de Amigos del País e dirixiu o Hospital de San Roque de Santiago de Compostela. Publicou un estudo sobre frei Martín Sarmiento.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cirurxián. Fundou o servizo gratuíto municipal de Maternidade (1914). Colaborou en revistas médicas e das súas publicacións destacan Un caso de cesárea seguido de histerectomía (1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, filósofo e político. Sufriu exilio nos períodos absolutistas e ocupou cargos de embaixador, deputado, ministro de Estado (1822, 1834-1835, e 1844-1846) e presidente do goberno (1834-1835). Da súa obra dramática, en que evoluciona desde o neoclasicismo ao romanticismo moderado, destacan La viúda de Padilla (1814), Edipo (1829) e La conjuración de Venecia (1834).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Foi redactor dos xornais La Noche, La Hoja del Lunes e El Pueblo Gallego, e fundou e dirixiu Informe Gráfico, El Pope, Informe Gallego e El Pueblo Gallego del siglo XX. Recibiu o Premio Lija da Asociación da Prensa de Vigo (1992) e a medalla do Concello de Vigo (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega que trae como armas, en campo de goles, seis besantes de ouro e azul.
-
PERSOEIRO
Teólogo. Foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela e cabaleiro da Orden de Carlos III. Escribiu Oratoria sagrada (1886) e Baraja mística (1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política arxentina. Coñecida como Isabelita, en 1961 casou en Madrid con J. D. Perón. En 1973, cando este recuperou a presidencia de Arxentina, foi nomeada vicepresidenta (1973) e presidenta trala morte do seu marido en 1974, cargo que ocupou ata 1976, por mor dun golpe de estado militar. Exiliouse a España en 1981 e coa volta da democracia a Arxentina mantivo a presidencia dos peronistas ata 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lexicógrafo e bibliólogo. De formación autodidacta, ten numerosos traballos sobre gramática, ortografía, lexicografía e técnicas editoriais. É autor de Dicionario de tipografía y del libro (1974), Dudas y errores del lenguaje (1974), Dicionario general del periodismo (1981), Dicionario de ortografía (1985), Dicionario de bibliología y ciencias afines (1989), Dicionario de lexicografía práctica (1995), Dicionario de edición, tipografía y artes gráficas (2001) e Libro de estilo Vocento (2003). Foi presidente de honra do Comité Español da Asociación Internacional de Bibliología (1991-1997 e 1998-2000) e presidente da Asociación Española de Bibliología (1997-2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Incorporou á literatura castelá un extenso vocabulario de lingua popular e coloquial, antecedente da linguaxe de La Celestina. Da súa produción destacan Corbacho o Reprobación del amor mundano, de carácter satírico, Vidas de San Ildefonso y San Isidro, Atalaya de las Crónicas, de tipo histórico, e a obra menor Vencimiento del mundo. Así mesmo, fixo a tradución do Libro de la perdurable virginidad de Santa María, obra de San Ildefonso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia burguesa que exerceu o control sobre os territorios de Santiago de Compostela nos ss XIII-XIV. O primeiro membro coñecido da familia é o prestamista Pedro Martínez de Tudela (s XII). Martiño Pérez de Tudela, fillo do anterior e alcalde da cidade (1219-1237), relacionouse coas autoridades eclesiásticas e foi testemuña na firma de documentos importantes. Martiño Xulián de Tudela formou outra rama familiar e puido ser o representante da burguesía compostelá ante a Corte. Xulián Martínez de Tudela , fillo do anterior, foi cabaleiro e trobador.
-
PERSOEIRO
Político e xurista. Foi deputado polo distrito de Mondoñedo (1916-1919) e pola provincia de Burgos durante tres lexislaturas. Organizou o Partido Agrario, foi nomeado alcalde de Madrid, así como ministro de Agricultura, Industria e Comercio (1935) e de Estado (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina. Coñecida como Alicia Alonso, en 1938 debutou en Broadway en diversos musicais, como Great Lady e Star in your eyes. En 1940 incorporouse ao Ballet Theatre of New York, co que lanzou a súa carreira e traballou con importantes personalidades da danza como Mijail Fokine, Leónide Massine ou Bronislava Nijinska. En 1948 fundou en La Habana o Ballet Alicia Alonso, que en 1959 tomou o nome de Ballet Nacional de Cuba, do que foi a directora e prima ballerina assoluta. Recibiu a Encomienda de la Orden de Isabel la Católica (1993), a medalla de ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid (1998), a Medalla Pablo Picasso da UNESCO (1999) e o Premio Benois da Danza (2000). En 2002 foi nomeada embaixadora da República de Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO