"Mir" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • (Campo de Criptana, Ciudad Real 1934) Dramaturgo. Licenciado en Dereito (1956), o seu teatro, centrado nos conflitos sociais de personaxes marxinados, aproxímase ao estilo de Valle-Inclán ou Buero Vallejo. Vicepresidente da Asociación de Autores Teatrales, pertence ao consello de redacción da revista Primer Acto. Da súa produción cómpre salientar La Saturna (1973), De San Pascual a San Gil (1974, Premio Lope de Vega 1975), Las alumbradas de la Encarnación Benita (1979, Premio Tirso de Molina 1980) e El libro de Salomón (1994, Premio Ciudad de San Sebastián). Coas súas obras Una familia normal (1999) e Gente que prospera (1999) recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática no ano 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Interesado polas cuestións lingüísticas, publicou Compendio de gramática gallega-castellana, con un vocabulario de nombres y verbos gallegos y su correspondencia castellana, precedidos de unos diálogos sobre diferentes materias. Un grandioso poema de 100 octavas titulado “La Creación y Redención”. Un extracto de fábulas de los mejores fabulistas así como algunas del autor (1864). Do seu estudo dedúcese a importancia do léxico que contén e o escaso valor da parte literaria. É tamén autor de “Apólogos” (1889), incluído na revista A Gaita Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico. Foi membro do CSIC, en 1968 pasou a ser membro da comisión de Selenoloxía da NASA e foi vicepresidente da Asociación Astronáutica Española. Membro da Real Academia de Medicina de Barcelona, recibiu a Orde de Alfonso X el Sabio e a medalla ao Mérito Militar de primeira clase.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno óptico causado pola refracción dos raios de luz a través de capas de aire a diferente temperatura. A máis corrente ten lugar cando as capas de aire máis próximas ao Sol están máis quentes e, polo tanto, son menos densas e de menor índice de refracción que as capas superiores. Un observador pode recibir de cada un dos puntos dun obxecto afastado dous raios de luz: un que percorre un traxecto rectilíneo e outro que percorre un traxecto curvilíneo. Así, o observador ve simultaneamente dúas imaxes do obxecto: unha que corresponde ao obxecto e outra, invertida respecto da primeira, que semella dada por unha superficie reflectora horizontal e que fai imaxinar ao observador a existencia dun lago ou dunha charca. É un fenómeno moi corrente en certas rexións do deserto.

    2. Sensación de ver ou oír algo que non é real.

    3. Ilusión sedutora.

    4. Conxunto de imaxes correspondentes a un único obxecto celeste, que se producen polo fenómeno denominado lente gravitacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Friol baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xermade baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Arcos (Outeiro de Rei). Realizada en cachotaría de lousa enfuscada e encalada con cantaría nos linteis, xambas e esquinais, a súa planta ten forma de U. Conta con solaina orientada ao SO e escaleira de acceso exterior. Nun patio exterior ten un hórreo, capela e alpendre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Miraz (Friol). Realizado en cantaría de granito, consta dunha torre con ameas de dous andares, con planta cadrada, e un edificio anexo de dúas plantas con corredor. Ao seu lado, desenvólvense as dependencias de servizo, arredor dun patio e o conxunto ten forma de L. Nos muros da torre atópanse os escudos dos Saavedra, Taboada e Ribadeneira. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • nitrobenceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. De formación anarquista, foi o fundador da revista Les Grimaces (1883). Escribiu novelas, que se caracterizan polo impresionismo violento e o seu marcado erotismo, e obras teatrais. Das súas obras destacan Le jardin des supplices (1899) e Le journal d’une femme de chambre (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico. É un dos fundadores da citoloxía e a fisioloxía vexetais e autor de traballos memorables sobre as carrizas. Escribiu Elémens de physiologie végétale et botanique (1815).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gospodar de Valaquia (1386-1418), fillo de Radu I. Estivo en loita constante contra os turcos e perdeu parte da súa independencia cando Mehmet I ocupou a Dobruxa e o someteu a tributos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monoterpeno acíclico de cheiro agradable que se atopa nos aceites da herba de cruz, lúpulo e loureiro que se obtén por pirólise do -pineno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘lobo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rrethi de Albania, situado na rexión de Tirana-Durrës (867 km2; 49.900 h [estim 1993]). A súa capital é Rëshen (4.400 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Veigas de Camba (Vilariño de Conso) e Parada da Serra (A Gudiña). O seu cumio acada os 1.106 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Mirela entre A Canda e Barrán, en Piñor. Datada posiblemente no s XV, trátase dunha ponte de cantaría con arco de medio punto e rasante horizontal. Atópase no antigo Camiño Real de Cotelas (A Canda) ao Reino (Carballeda).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘ollo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘dez mil’.

    2. Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘numerosos’.

    VER O DETALLE DO TERMO