Miraz, pazo de
Miraz, pazo de
Construción situada en Arcos (Outeiro de Rei). Realizada en cachotaría de lousa enfuscada e encalada con cantaría nos linteis, xambas e esquinais, a súa planta ten forma de U. Conta con solaina orientada ao SO e escaleira de acceso exterior. Nun patio exterior ten un hórreo, capela e alpendre.