miraxe
(< fr mirage)
-
s
f
[FÍS]
Fenómeno óptico causado pola refracción dos raios de luz a través de capas de aire a diferente temperatura. A máis corrente ten lugar cando as capas de aire máis próximas ao Sol están máis quentes e, polo tanto, son menos densas e de menor índice de refracción que as capas superiores. Un observador pode recibir de cada un dos puntos dun obxecto afastado dous raios de luz: un que percorre un traxecto rectilíneo e outro que percorre un traxecto curvilíneo. Así, o observador ve simultaneamente dúas imaxes do obxecto: unha que corresponde ao obxecto e outra, invertida respecto da primeira, que semella dada por unha superficie reflectora horizontal e que fai imaxinar ao observador a existencia dun lago ou dunha charca. É un fenómeno moi corrente en certas rexións do deserto.
-
s
f
Sensación de ver ou oír algo que non é real.
-
s
f
Ilusión sedutora.
-
miraxe gravitacional
[ASTRON]
Conxunto de imaxes correspondentes a un único obxecto celeste, que se producen polo fenómeno denominado lente gravitacional.