"ONG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

  • Pietro Falca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte italiano. Especializouse en pintura renacentista e barroca italiana e escribiu Piero della Francesca (1927), Viatico per cinque secoli di pittura veneziana (1946) e Caravaggio (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Essonne, Francia (19.864 h [1990]), situada ao S da rexión parisiense. Ten industrias farmacéuticas e cosméticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monte situado na parroquia de Seoane da Pregación (Friol). O seu cumio acada os 599 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Monte situado na parroquia de Seoane da Pregación (Friol). O seu cumio acada os 599 m de altitude.

    2. Que ten moita lonxitude ou máis da habitual.

    3. Que se prolonga no tempo ou dura máis do previsto.

    4. Que leva moito tempo lelo ou escribilo.

      1. Dimensión maior dunha superficie, en oposición a largo.

      2. FRAS: Ó longo de 1 loc prep Na mesma dirección que a maior das dimensións do obxecto que se menciona.

        Dimensión horizontal maior das dúas dun corpo tridimensional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten moita lonxitude ou máis da habitual.

    2. Que se prolonga no tempo ou dura máis do previsto.

    3. Que leva moito tempo lelo ou escribilo.

      1. Dimensión maior dunha superficie, en oposición a largo.

      2. Dimensión horizontal maior das dúas dun corpo tridimensional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Coñecido como O Sofista, atribúeselle a autoría da novela amorosa Dafne e Cloe (titulada orixinariamente Amores pastorais de Dafnis e Cloe), narración de ambientación bucólica, coa que se iniciou a novela pastoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre localizado na parroquia de Amoedo (Pazos de Borbén). Foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota). O seu cumio acada os 624 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro fundador do PC italiano, en 1921 organizou a loita antifascista de Piemonte, polo que foi encarceado (1923-1924). Fuxiu á URSS en 1926 e formou parte do Komintern desde 1933. Durante a Guerra Civil Española (1936-1939) foi un dos organizadores das Brigadas Internacionais. Preso en Italia (1942-1943), foi liberado polo Golpe de Estado de Badoglio e dirixiu os partisanos da Brigada Garibaldi. Foi secretario xeral do PCI (1964-1972), que presidiu desde 1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Representante da posvangarda italiana, traballou a figura humana e o tema da morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo longobardo ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo longobardo.

    3. Pobo xermánico que procedía do baixo Elba. Mantiveron contactos co Imperio Bizantino pola ruta comercial Báltico--Adriático e adoptaron como relixión o cristianismo ariano (489). Experimentaron un proceso de centralización liderado por unha monarquía militar. Trasladáronse cara ao SL e establecéronse en Panonia (526-546), onde se uniron a outros elementos bárbaros que procedían da disgregación do imperio de Atila, e convertéronse en xinetes seminómades. Empregados por Xustiniano na guerra contra os ostrogodos, a presión dos ávaros forzou o Rei Alboino (568-572) a emprender a invasión de Italia. A súa expedición integraba elementos de diversa orixe, como búlgaros, sármatas, panonios, suevos e nóricos, organizados en grupos nobiliarios cos seus exércitos. Conquistaron Aquilea ese ano e, despois da conquista de Pavia (572), fixéronse co dominio da chaira do Po. Instalaron a capital en Pavia e organizaron o territorio segundo os modelos da sociedade longobarda: un agrupamento...

    4. Lingua do grupo xermánico occidental que falaba o pobo longobardo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Christen Sørensen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Liáns (Oleiros). Ten planta en forma de L, realizada en cantería e cachotería, e posúe unha gran balconada de ferro sobre ménsulas de cantería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Cristovo de Cea baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en San Cristovo de Cea. Foi construída en 1758, cunha soa nave e sancristía na parte traseira. No interior, destaca o retablo maior (s XVIII), de estilo rococó, e as imaxes de san Bieito, san Bernaldo, a Asunción e santa Baia. Sobre unha fiestra colocouse o escudo dos Oseira con data de 1798.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • An- Longfort.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura neolítica (2500 a C - 1300 a C) que se caracteriza pola cerámica negra, que algúns historiadores consideran posterior á época de Yangshao. Desenvolveuse sobre todo ao N e ao L de China.

    VER O DETALLE DO TERMO