Longos, Santa Baia de

Longos, Santa Baia de

Igrexa parroquial situada en San Cristovo de Cea. Foi construída en 1758, cunha soa nave e sancristía na parte traseira. No interior, destaca o retablo maior (s XVIII), de estilo rococó, e as imaxes de san Bieito, san Bernaldo, a Asunción e santa Baia. Sobre unha fiestra colocouse o escudo dos Oseira con data de 1798.