"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

  • PERSOEIRO

    Escultor de orixe romanesa. Pertenceu á escola de París. Logo dun período de iniciación en Bucarest (1887) e París (1906), liberouse de todo tipo de academicismo grazas á influencia de Auguste Rodin quen o invitou a traballar con el en 1906. Decidiu seguir traballando sobre unha liña estética relacionada co Cubismo e coa obra de Amadeo Modigliani, influída polas concepcións relixiosas budistas. Consistía nunha vontade de concisión e redución dos volumes a tipos esenciais e arquetípicos que eran expresados en series modulares dunha gran forza expresiva. A súa obra relaciónase pola súa elementalidade e primitivismo coa arte africana e as culturas primitivas. A partir de 1906 comezou a participar en exposicións. Entre as súas obras destacan Prometeo (1911), O bico (1908), Columna sen fin (1933) e O espírito de Buda (1933). En 1956 realizáronse exposicións retrospectivas da súa obra no Guggenheim Museum de Nova York e no Museum of Art de Philadelphia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Estivo preocupado sobre todo polos problemas do contraste estatístico das teorías. Insistiu no feito de que a política keynesiana conduciría inevitablemente á inflacción. No 1945 foi nomeado presidente do Banco de Roma; no 1947, director executivo do BIRD e, no 1953, ministro de Comercio en Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento impreso posiblemente cara ao ano 1489 ou 1490 do que se conserva un exemplar no arquivo da catedral de Ourense. Foi descuberto por F. J. Norton e Antonio Odriozola en 1960. Este exemplar conservado ten 280 follas en papel, ao que lle faltan 15 follas do principio e dúas do final; con elas desapareceu tamén o ano, lugar e nome do impresor encargado deste incunable. Ten unha tipografía con dous tamaños que tenden a unificarse. Cada folla está dividida en dúas columnas de trinta e cinco liñas, nunha caixa de impresión de 102x153 mm. O papel é groso e de boa fabricación, con filigrana de man e estrela. No seu contido atópase un calendario mes a mes, táboas cronolóxicas, un salterio con himnos, oficio de defuntos e horas da Virxe, un dominical, un santoral e, na parte final, un ritual e un misal, onde se encontran varios exorcismos, fórmulas para bautismo, extremaunción, defunción, prefacios, misa de defuntos, canon da misa e varias misas votivas. Á parte desta impresión, consérvase...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contrae os bronquios.

    2. Nome xenérico dos axentes capaces de causar contracción na musculatura lisa dos bronquios e, xa que logo, de reducir a luz bronquial. Poden actuar bloqueando os receptores adrenérxicos ou mediante unha acción colinérxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Charles Buchinsky.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico-químico danés. Estudiou e foi profesor na Universidade de Copenhaguen. Realizou traballos de investigación sobre a catálise, as propiedades dos ións e a cinética química. É coñecido, xunto con T. M. Lowry, polo enunciado da teoría ácido-base, que leva o seu nome. En 1935 foi nomeado membro da Royal Society de Londres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político soviético, coñecido polo nome ruso de Lev Trockij. Membro dunha familia de xudeus rusos, estudiou en Odessa e Mykolayiv. Iniciou as súas actividades políticas en 1896 ao entrar en contacto co populismo e en 1897 fundou a Unión de Obreiros Rusos en Mykolayiv e o xornal Nashe dielo. Detido en 1898 por mor desta actividade, foi deportado a Siberia. Conseguiu fuxir da prisión de Ust’-Kut en 1902 con pasaporte falso, empregando o nome dun carcereiro de Odessa que o custodiara, Trockij. Logo, instalouse en Londres onde entrou en contacto co Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso e coñeceu a Lenin e Plekhanov. Durante o seu primeiro exilio participou nos congresos do partido, celebrados en 1902 en Bruxelas e en 1903 en Londres, defendendo as teses menxeviques. De regreso a Rusia, participou na revolución de 1905 e chegou mesmo a presidir o soviet de San Petersburgo, polo que foi novamente detido en 1906 e deportado a Siberia un ano despois, de onde volvería...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra, compositor e frautista. É director da Orquestra da Portland State University e da Orquestra Sinfónica de Vancouver (Washington). Como compositor escribiu ao redor de 65 obras de diferentes xéneros. Recibiu o Premio Ciutat de Barcelona (1983 e 1986), o Premio Generalitat de Catalunya (1984) e o Premio Reina Sofía (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pertencentes á liñaxe dos Prado, á súa casa atópase en San Xulián de Campo, concello de Taboada, partido xudicial de Chantada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Comezou o seu labor periodístico na emisora da Cope en Vigo, en Radio Pontevedra e Radio Vigo. Traballou tamén na prensa escrita, concretamente como delegado de Faro de Vigo en Santiago, dende onde pasou a El Correo Gallego e, finalmente, a El Ideal Gallego. No período 1986-1996 foi redactor xefe e subdirector da TVG. Volvería á radio, nomeado como director de informativos da Radio Galega; posteriormente foi director de TVE en Galicia, director rexional da emisora Cope en Galicia e director da Radio Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Profesor de radio e televisión na facultade de Ciencias da Comunicación na Universitat Autónoma de Barcelona. Iniciou o seu labor profesional en Radio Popular de Lugo, onde presentaba Galicia e a súa música, un dos primeiros programas emitidos integramente en lingua galega. De igual modo, traballou na SER, en Radio Peninsular de Barcelona, onde dirixía o programa La cuestión laboral, foi redactor de RNE-Catalunya, de RNE-Galicia e da TVE-Catalunya, xefe de informativos e programas de RNE-Galicia e colaborou con numerosos xornais e revistas de Galicia e Catalunya. Coordinou o proxecto Olympus de televisión educativa vía satélite da Universitat Autónoma de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Pío Cabanillas Gallas. Licenciado en Dereito polo Centro de Estudios Universitarios (CEU) e máster en Arts in Law and Diplomacy pola Fletcher School de Medford (EE UU), foi director de organización e desenvolvemento da división de televisión e cine do grupo PRISA, director xeral de Sogecable, director de desenvolvemento e relacións internacionais do grupo PRISA e director xeral de Radiotelevisión Española (RTVE). O 27 de abril do 2000 foi nomeado ministro portavoz do Goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominicano e predicador. Fíxose coñecido polos seus sermóns, entre os que destaca o Sermón fúnebre (1598) dedicado a Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro texto constitucional da historia política española. Aprobada polas Cortes de Cádiz, foi promulgada o 19 de marzo de 1812, aniversario da subida ao trono de Fernando VII e festividade de san Xosé, polo que foi coñecida como La Pepa. Consta de 384 artigos divididos en 10 títulos. Rompeu co sistema político-social do Antigo Réxime ao declarar que a soberanía residía na nación e ao definir os dereitos individuais. Estableceu como forma do estado a monarquía moderada e limitada pola división de poderes: o poder executivo residía no rei; o lexislativo nas cortes unicamerais formadas por deputados elixidos por sufraxio indirecto e renovados cada dous anos; o xudicial residía nos tribunais de xustiza e a Constitución prohibía a intervención das Cortes e do rei nos asuntos xudiciais. Como órgano consultivo instituíuse o Consello de Estado. A relixión católica foi declarada como a oficial do reino. Ao longo do texto constitucional enumerábanse os dereitos de carácter liberal como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade financeira constituída en 1990 trala fusión da Caixa de Pensions per a la Vellesa i d’Estalvis de Catalunya i Balears (1904) coa Caixa d’Estalvis i Mont de Pietat de Barcelona. Forman parte do grupo a Caixa d’Estalvis i Mont de Pietat de Lleida, absorbida en 1979, e o Isbanc, comprado en 1992; e participa en Catalana de Gas. En 1999 era a terceira entidade financeira española e a primeira catalana. Destaca a súa obra social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Foi arquitecto municipal de Santiago de Compostela e subdirector do Museo Nacional de Escultura de Valladolid, do que publicou unha guía en 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, pintor e arquitecto. Discípulo do seu pai, Miguel Cano, en 1614 trasladouse a Sevilla onde coñeceu a Velázquez e onde estudiou pintura con Francisco Pacheco e escultura con Martínez Montañés. Entre as obras realizadas durante este período sevillano destaca o retablo maior de Santa María de Lebrija (1629-1631), así como as pinturas tenebristas entre as que se atopa a de San Francisco de Borja (1624). En 1638 instalouse en Madrid, onde foi pintor do conde duque de Olivares e restaurador da colección de pinturas de Filipe IV. Acusárono do asasinato da súa dona e, aínda que o declararon inocente, abandonou a cidade en 1644 e refuxiouse en València ata 1645, data na que regresou a Madrid. Durante o seu período na capital realizou dous retablos para a igrexa de Getafe (1645), o arco triunfal da porta de Guadalajara, co que se celebrou a chegada de Mariana de Austria en 1649, e unha serie de lenzos entre os que destaca El milagro del pozo, influenciado por Velázquez....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado entre os Reis Católicos e Cristovo Colón en Santa Fe (Granada), o 17 de abril de 1492, para a conquista das Indias. Nelas concedíanselle a Colón os títulos de almirante, vicerrei e gobernador xeral das terras descubertas, con carácter vitalicio e hereditario, e a décima parte das riquezas obtidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gángster norteamericano. Coñecido por Scarface (‘cara cortada’) e tamén por Al Capone, dirixiu unha das máis importantes organizacións clandestinas da época dedicadas ao tráfico de bebidas alcólicas, ao xogo e á prostitución. Emigrado de Italia en 1919, instalouse en Chicago onde se asociou con John Torrio. En 1931 condenárono por fraude fiscal e estivo no cárcere ata 1939. A súa biografía inspirou numerosas películas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Traballou no campo do cálculo de variacións, na teoría de funcións de variable complexa, en óptica xeométrica (construíu aparellos de proxección), en mecánica e en termodinámica para a que formulou o principio de Carathéodory. Foi pioneiro da axiomatización da teoría da medida e da teoría de campos, que considerou relacionada co cálculo diferencial en derivadas parciais.

    VER O DETALLE DO TERMO