"PAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 751.

  • PERSOEIRO

    Farmacéutico. Da súa produción destaca Palestra farmacéutica chímica-galénica (1706), que foi un intento de renovación da farmacia hispánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudou en Barcelona, Madrid e Leiden e foi catedrático de Terminoloxía en Madrid (desde 1926) e en Lisboa. Destacou polos seus traballos sobre física e sobre a teoría da relatividade especial de Einstein. Escribiu Análisis dimensional (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. En 1892 comezou os seus estudos na Escuela de Arquitectura de Madrid, que rematou cun proxecto de palacio arcebispal (1900). Recibiu unha formación arquitectónica ecléctica, en que tiña relevancia a ornamentación clasicista, e tivo un amplo coñecemento da arquitectura española. Tiña unha concepción grandiosa da arquitectura e partiu do seguimento dos postulados académicos pero evolucionou cara ao modernismo, con influencias do rexeneracionismo de comenzos do s XX, do modernismo vienés e da Escola de Chicago. Revalorizou o granito do Porriño, que ata o momento se utilizaba na pavimentación, e empregouno pulido. Asociouse con Joaquín Otamendi Machimbarrena e obtiveron o primeiro premio no concurso dunha ponte monumental para Bilbao (1901), a segunda medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes polo proxecto dunha ponte sobre o Urumea en Donostia (1904) e un dos premios do concurso para a construción do Casino de Madrid (1903-1904). En 1904 gañaron o concurso para a construción...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Catedrático de Francés, da súa produción destacan dous métodos para a aprendizaxe do francés, Philippe et Monique e Boul “mich”, e varios traballos sobre a influencia da literatura francesa en Álvaro Cunqueiro e en Feijoo (Contribución al estudo de las fuentes francesas de Feijóo). Tamén editou e traduciu ao castelán obras de Gustave Flaubert como Madame Bovary (1986), L’education sentimentale (1990), Bouvard et Pécuchet (1999) e Trois contes (1999), e ao galego a obra de Stendhal La chartreuse de Parme (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, que está situado a 27 km ao S da capital (33.045 h [2001]). Destacan os cultivos de oliveiras, vide e cereais, a cría de cabalos e a olaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e político checo. Antirrevolucionario, defendeu a autonomía de Bohemia dentro dun sistema austríaco federal e impulsou o nacionalismo bohemio. Presidiu o congreso paneslavo de Praga (1848) e das súas obras destaca Geschichte von Böhmen (Historia de Bohemia, 1836-1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Epigramista grego. Conserváronse máis de 150 epigramas da súa autoría na Antoloxía Palatina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Citólogo romanés. Estudou medicina na Universidade de Bucarest, onde foi profesor, e traballou no Instituto Rockefeller de Nova York e na Universidade de Yale. Estudou a estrutura das células animais, en que descubriu os ribosomas e a estrutura das mitocondrias. En 1966 recibiu o Premio Lasker de Investigación Médica Básica e, xunto con C. Rene de Duve e A. Claude, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1974), polos seus descubrimentos da estrutura e da organización funcional das células.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘figueira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao paladio.

    2. Que contén paladio.

    3. Aplícase ao composto de paladio en que este ten unha valencia ou número de oxidación de +4.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Heroe cabaleiresco, derivado de comes palatinus e de palatinus, títulos aplicados aos funcionarios da corte imperial. Segundo a tradición, referíase aos doce cabaleiros enviados a Hispania por Carlomagno para combater os infieis.

      2. Cabaleiro moi valeroso na guerra, distinguido polas súas fazañas.

    1. Defensor decidido de alguén ou dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representación de Palas Atenea, venerada como protectora da casa e da cidade. Eran famosas as que existían nos templos da deusa en Atenas e Troia.

      1. Elemento metálico de transición, de número atómico 46 e peso atómico 106,4, que pertence ao grupo VIII da táboa periódica. Atópase na natureza en estado nativo, xunto a outros metais do grupo do platino e, en pequena proporción, con algúns minerais de níquel e cobre. É unha mestura de seis isótopos naturais estables. O metal é de cor branca e agrisada, con brillo metálico, dúctil e maleable. Ten unha densidade de 12,02 g/cm 3 , fúndese a 1.554°C e ferve a 3.140°C. É atacado polos ácidos sulfúrico e nítrico concentrados e quentes, e disólvese rapidamente en auga rexia. Presenta a propiedade de ocluír grandes volumes de hidróxeno a baixa temperatura, e en quente permite a difusión de hidróxeno a través del, feito en que se basea un método para a obtención de hidróxeno de elevada pureza. Como outros metais do seu grupo presenta, cando está finamente dividido, unha intensa actividade catalítica. Forma dúas series de compostos, esencialmente covalentes, onde actúa coas valencias II...

      2. dicloruro de paladio [PdCl 2 ]

        Sólido pulverulento vermello escuro, delicuescente, soluble en auga, ácido clorhídrico (con formación de [PdCl 4 ] 2- ), alcohol e acetona, que se funde con descomposición a 501°C. É o composto de Pd(II) máis importante, e é o produto de partida para a obtención de moitos outros compostos e complexos do paladio.

      3. óxido de paladio(II) [PdO]

        Sólido en forma de pos negros verdosos, que se descompoñen a 870°C. Redúcese facilmente con hidróxeno e proporciona paladio con actividade catalítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Pasou unha longa tempada cos monxes de Exipto e Palestina e, de volta a Asia Menor, foi elixido bispo de Helenópolis de Bitinia (400). Amigo de Xoán Crisóstomo, compartiu con el o exilio (406). Escribiu Diálogo sobre a vida de Xoán Crisóstomo e Historia Lausiaca, documento sobre a historia do monacato de Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao paladio.

    2. Que contén paladio.

    3. Aplícase aos compostos de paladio en que este ten unha valencia ou número de oxidación de +2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘figo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de crustáceos decápodos, da familia dos palemónidos, que miden 10 cm de longo, teñen o corpo de cor rosada ou transparente cunhas bandas escuras, presentan o cefalotórax curvado cara a arriba e rematado nun ou varios dentes, e as pinzas de maior tamaño están situadas no segundo par de patas. Aliméntanse de organismos mortos e residuos orgánicos. Presentan unha ampla distribución e en Galicia aparece a especie P. serratus, que se coñece como camarón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de crustáceos decápodos, da familia dos palemónidos, que presentan o corpo comprimido lateralmente e de cor verdosa ou transparentes. Viven en esteiros ou en auga doce, sobre herbas ou sobre a vexetación somerxida. Inclúe especies tropicais e propias das rexións temperadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos fósiles, da familia dos castóridos, que presentaban características similares ás dos actuais castores pero co corpo robusto e de gran tamaño. Viviron en América do Norte durante o Mioceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabana prehistórica que se construía nas rexións lacustres sobre paus de madeira. Na zona alpina europea localizáronse algúns restos pertencentes ao Neolítico Medio e á Idade do Bronce, xeralmente entre asentamentos agrícolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás palafitas.

    VER O DETALLE DO TERMO