"Pin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 715.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Autor de obras de tendencia católica, escribiu La quête de joie (1933), La Genèse (1945), Une somme de Poésie (1946), Contemplation errante (1948), Le second jeu (1959), Une lutte pour la vie (1970) e Psaumes de tous mes temps (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lääni de Finlandia (93.057 km2; 189.288 h [estim 2001]). A capital é Rovaniemi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chover de forma débil e constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chuvia miúda e pouco intensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘estudiante’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roupa de fío ou de la coa que se recobre o rolete central das máquinas de estampar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista. De familia acomodada, comezou a difundir as súas cancións no seu propio programa de radio. Creador de 455 temas, destacan as cancións “Imposible” (1929), “Granada” (1935), “Aventurera” ou “Noche de ronda”. Tamén compuxo a opereta El pájaro de oro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Discípulo de Corot, foi un dos predecesores do impresionismo. Pintou paisaxes das ribeiras do Sena, como Le port de Caen e Le Seine à Saint-Cloud.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do län de Östergötland, Suecia, situada ao L do lago Vättern (133.168 h [estim 2000]). Destaca a industria automobilística e eléctrica. Dos seus monumentos destacan a catedral gótica e o castelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona, de natureza peptídica, segregada pola parte distal da hipófise dos mamíferos, que estimula a lipólise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Formouse con Botticelli e co seu pai Filippo Lippi. En Florencia completou os frescos de Masaccio da capela Brancacci na igrexa de Santa Maria del Carmine e fixo as vidas de san Filipe e san Xoán (1495-1502) na capela Strozzi de Santa Maria Novella. Pintou os frescos do ciclo da vida de san Tomé de Aquino (1488-1493) na capela Caraffa da igrexa de Santa Maria sopra Minerva en Roma. Fixo unha interpretación versátil da tradición e deixouse influír polo naturalismo flamengo, como en Apparizione della Vergine a san Bernardo (1483-1488).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade máis antiga e importante de clasificación de navíos. Fundada en Londres (1834), fusionouse coa Unterwriters Registry for Irons Ships. Coa súa grande influencia creou un criterio de construción naval que se adiantou aos cambios e ao perfeccionamento da industria. Publica anualmente o seu rexistro e clasificación de barcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e realizador cinematográfico. Na década de 1920 marchou a Madrid co seu irmán Manuel e traballou como pintor, debuxante e colaborador en distintas publicacións cinematográficas. Mediada a década, escribiu a adaptación para a pantalla do poema de Curros Enríquez “A Virxe do Cristal”, coa pretensión de iniciar unha serie de películas de temática galega. A rodaxe do filme La Virgen del Cristal iniciouse en 1925, pero suspendeuse antes do seu remate. En 1926, co apoio da produtora Ediciones Raza, tentaron adaptar o poema “El milagro del Cristo de la Vega de Toledo”, de José Zorrilla, tamén sen éxito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Foi presidente da Asociación de Produtoras de Cine e Vídeo de Galicia e crítico de La Voz de Galicia. En 1973 fundou, xunto con Félix Casado e Luis Gayol, o grupo de cineastas afeccionados Imaxe, en que permaneceu ata a súa disolución en 1980, ano no que dirixiu Malapata, a primeira longametraxe galega. Traballou en diversos apartados do audiovisual, desde a produción de anuncios publicitarios ou curtametraxes como Circos (1979), ata o guión, a dirección de documentais industriais e de obras de ficción como Illa (1976), a súa primera obra en formato estándar, Embarque (1984) ou a longametraxe Urxa (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Fundou e dirixiu a serie monográfica Cuadernos Valencianos de Historia de la Medicina y de la Ciencia (1962) e o repertorio bibliográfico Índice Médico Español (1965). Das súas obras destacan Panorama histórico de la ciencia moderna (1963) en colaboración con P. Laín Entralgo, The Historical Origins of the concept of Neurosis (1976) e Dicionario biográfico de la ciencia moderna en España (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso xesuíta. Dirixiu o Colexio Maior da Universidad Pontificia de Comillas, da que foi vicerrector, e as revistas Sal Terrae e Cáritas Corintio 13. Foi asesor teolóxico en secretariados e comisións da Conferencia Episcopal Española e escribiu numerosos traballos en varias publicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertecente ao lobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, anuais ou perennes, da familia das fabáceas, que presenta talo piloso, follas dixitadas e flores bilabiadas dispostas en acios terminais. En Galicia pódese atopar as especies L. luteus e L. angustifolius.

    VER O DETALLE DO TERMO