Lois Piñeiro, Saturno

Lois Piñeiro, Saturno

Pintor e realizador cinematográfico. Na década de 1920 marchou a Madrid co seu irmán Manuel e traballou como pintor, debuxante e colaborador en distintas publicacións cinematográficas. Mediada a década, escribiu a adaptación para a pantalla do poema de Curros Enríquez “A Virxe do Cristal”, coa pretensión de iniciar unha serie de películas de temática galega. A rodaxe do filme La Virgen del Cristal iniciouse en 1925, pero suspendeuse antes do seu remate. En 1926, co apoio da produtora Ediciones Raza, tentaron adaptar o poema “El milagro del Cristo de la Vega de Toledo”, de José Zorrilla, tamén sen éxito.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lugo

  • Deceso