"RAG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Larramendi Garagorri.
-
PERSOEIRO
Militar. Formouse na Academia de Infantería de Toledo e foi destinado a Marrocos como alférez. En 1920 ingresou na Escuela de Aviación Militar, participou en campañas no N de África e foi un dos pilotos do voo Madrid-Manila (1926), polo que ascendeu a comandante. Ascendeu a xeneral de brigada (1941) e a xeneral de división (1945), e foi xefe do Estado Maior. Como ministro do Aire (1945-1957) preocupouse pola creación e modernización das infraestruturas aéreas. Foi condecorado coa Cruz Laureada de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo. Nacionalizouse sueco en 1940. Estudiou medicina na Universidade de Helsinqui, onde se graduou en 1927. Traballou na Universidade de Pensilvania, no laboratorio Sherrington de Oxford, na Universidade de Helsinqui, no instituto Nobel de Estocolmo e na facultade de Medicina do instituto Karolinska de Estocolmo, onde foi xefe do departamento de neurofisioloxía. Os seus estudios centráronse na neuroloxía da visión, concretamente na acción dos receptores da retina. Entre as súas obras destacan Os mecanismos sensoriais da retina (1947) e Os receptores da percepción sensorial (1955). En 1967 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina e Fisioloxía, que compartiu con Haldan Keffer Hartline e George Wald, polos seus traballos e descubrimentos sobre a fisioloxía da visión e o control das neuronas motoras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía internacional de construción e servicios que conta con máis de 130 empresas distribuídas por todo o mundo, estruturadas en catro áreas de actividade: construción (TECSA, Sopol de Portugal); servicios (empresas en España, Marrocos, Portugal, Europa e Sudamérica); industrial (empresas dos sectores de telecomunicacións, tecnoloxía e servicios para a industria); e concesións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
José Manuel Gutiérrez Sánchez.
-
-
Relativo ou pertencente ás haloragáceas.
-
Planta da familia das haloragáceas.
-
Familia de plantas herbáceas acuáticas da orde das haloragais. Presentan as follas opostas ou verticiladas, xeralmente divididas en segmentos capilares. As flores son hermafroditas ou unisexuais, tetrámeras, actinomorfas, de tamaño reducido, dispostas en espigas que sobresaen da auga e anemógamas. O periantio é trímero ou tetrámero, simple ou dobre. O froito é nuciforme ou drupáceo. Están distribuídas polas zonas temperadas e subtropicais, fundamentalmente no hemisferio sur e Australia. Engloba oito xéneros, dos que o máis representativo é o Myriophyllum. A especie máis abundante en Galicia é Myriophyllum alterniflorum.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de ruminantes, da familia dos bóvidos, ao que pertence o tar.
-
DIARIOS
Diario editado a partir de 20 de setembro de 1895 en Zaragoza polo xornalista e político Luis Montestruc. Subtitulouse “Periódico liberal independiente”. En 1896 pasou a ser propiedade de Antonio Motos e en 1899 posuía imprenta propia. Co tempo constituíuse en sociedade anónima, incrementou o seu carácter rexional e erixiuse en defensor dos intereses aragoneses. En 1923 tirou edicións especiais para Huesca, Navarra e La Rioja. En 2003 era o diario aragonés de maior tiraxe (65.136 exemplares en 2001, OJD).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao medicamento que fai saír o soro extravasado nalgunha parte do corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silabario xaponés que está composto de 45 sílabas e 6 letras.
-
PERSOEIRO
Poeta en lingua kazakho. Asinou co pseudónimo de Abaj Kunanbajev e foi un dos creadores da literatura nacional de Kazakhastán, que enriqueceu con traducións dos clásicos rusos e con libros de poemas inspirados nas paisaxes e costumes da súa terra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Aviador. Formouse na Academia de Guadalajara, participou na Guerra de Marrocos e chegou a capitán en 1926. Realizou a travesía aérea Sevilla-Karachi (1928) e en 1929, co avión Jesús del Gran Poder, a do Atlántico Sur (1929), na que partiu de Tablada (Sevilla) coa intención de chegar ata Rio de Janeiro, pero a falta de combustible obrigoulle a aterrar en Bahia, despois de percorrer 6.746 Km en 43 horas. Dirixiu o primeiro continxente da Sociedade de Nacións na fronteira entre Colombia e Perú, na rexión de Leticia (1934), e ao tempo explorou a rexión en hidroavión. Tiña prevista unha expedición científica polo Amazonas que non puido realizar por causa da Guerra Civil, na que participou a carón dos sublevados. Trala guerra foi secretario xeral e técnico do Exército do Aire. Foi xefe de obras do aeroporto de Santiago de Compostela, co rango de tenente coronel, e dirixiu o proxecto para o aeroporto da Coruña, aprobado polo goberno en 1953. Presidiu o comité técnico de Iberia e o consello de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
No mesmo momento de cometer o delito, ou apenas realizado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á articulación pulmonar. OBS: Oponse a exectiva.
-
-
Que non se pode tragar porque sabe mal.
-
Que resulta molesto ou difícil de soportar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode contradicir ou contrarrestar.
-
PERSOEIRO
Raíña de Portugal, filla de Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela. Foi declarada herdeira de Castela nas Cortes de Madrigal en 1476. Casou en 1490 co príncipe Afonso, primoxénito de Xoán II de Portugal. Despois de morrer este en 1491, casou co seu irmán, Manuel I (1497). Á morte do seu irmán, o príncipe Xoán, ela e o seu home xuraron como príncipes de Asturias (1497).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da oblast´ homónima, Kazakhstán (436.900 h [1999]). É o centro dunha conca hulleira, o que fai que a súa economía estea baseada na industria extractiva.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast´ de Kazakhstán (428.000 km2; 1.411.401 h [1999]). A súa capital é Karaganda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro de sombras introducido en Turquía a principios do s XVI polo sultán Selim I, que o trouxo de Exipto, xunto cun grupo de artistas que o practicaban, e que se pensa que provén da illa de Xava, coa que os países árabes mantiñan relacións comerciais desde moito tempo atrás. En Turquía o xénero coñeceu un considerable desenvolvemento e cos séculos a súa influencia deixouse sentir en todos os países dominados polo Imperio Otomano, desde o N de África ata Grecia, Romanía ou Bulgaria. Nun principio as representacións fixéronse na corte do sultán, pero pouco despois as funcións pasaron a realizarse nos casamentos, en festas diversas, durante o tempo do Ramadán ou nos cafés. O seu personaxe central é o propio Karagöz, co seu compañeiro Khadivat, que viven as máis diversas situacións e conflitos, moitos tirados da vida cotiá cunha dimensión satírica e mesmo escatolóxica, e sempre rodeados dunha ampla diversidade de tipos e personaxes que representan a vida baixo o Imperio Otomano.