Granit, Ragnar Arthur
Fisiólogo. Nacionalizouse sueco en 1940. Estudiou medicina na Universidade de Helsinqui, onde se graduou en 1927. Traballou na Universidade de Pensilvania, no laboratorio Sherrington de Oxford, na Universidade de Helsinqui, no instituto Nobel de Estocolmo e na facultade de Medicina do instituto Karolinska de Estocolmo, onde foi xefe do departamento de neurofisioloxía. Os seus estudios centráronse na neuroloxía da visión, concretamente na acción dos receptores da retina. Entre as súas obras destacan Os mecanismos sensoriais da retina (1947) e Os receptores da percepción sensorial (1955). En 1967 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina e Fisioloxía, que compartiu con Haldan Keffer Hartline e George Wald, polos seus traballos e descubrimentos sobre a fisioloxía da visión e o control das neuronas motoras.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Helsinqui -
Deceso
Lugar : Estocolmo