"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea convocada en 1530 polo Emperador Carlos V, aconsellado polo seu chanceler erasmista Mercurino Gattinara, co intento de conseguir unha reconciliación das igrexas reformadas coa Igrexa de Roma. A Dieta inaugurouse o 20 de xuño e Lutero, que se atopaba desterrado do Imperio, permaneceu en Coburgo co elector Xoán de Saxonia. Melanchthon presentou a Confesión de Augsburgo; Zwingli, a Confesión de Zúric, Berna e Basilea; e Bucer, a das cidades de Estrasburgo, Constanza, Lindau e Memmingen (Confesión Tetrapolitana). O 22 de setembro a Dieta acordou conceder aos protestantes un prazo de sete meses para volver á comuñón romana e pediulles colaborar co Emperador na loita contra os parlamentarios. O 15 de novembro Carlos V ordenou a aplicación do Edito de Worms (1521) e o restablecemento da xurisdición episcopal coa restitución dos seus bens.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo redactado polos teólogos Julius von Pflug e Michael Helding, católicos, e Johannes Agricola, protestante, en 1548 en nome do Emperador Carlos V e que concedía aos protestantes o matrimonio dos sacerdotes e a comuñón coas dúas especies aos laicos. O acordo silenciaba a controvertida cuestión dos bens eclesiásticos secularizados. Non foi aceptada nin polos católicos nin polos protestantes, pero provocou a suspensión do Concilio de Trento por parte do Papa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coalición política europea de carácter defensivo antifrancés asinada en 1686, motivada pola política de anexións de Luís XIV. A Liga, integrada polo Emperador Leopoldo I, España, Suecia, os príncipes alemáns e Holanda, tiña por obxecto esixir o cumprimento dos tratados de Nimega (1678) e Ratisbona (1684), e defender a integridade dos territorios aliados. A invasión do Palatinado por parte de Luís XIV obrigou á liga a defenderse, e en 1689 Guillerme de Orange, stadhouder das Provincias Unidas e Rei de Inglaterra, entrou tamén na coalición. Xaime II, coa axuda francesa, intentou entón a reconquista do trono de Inglaterra. A guerra da Liga de Augsburgo estendeuse tamén ao mar e ás colonias inglesas e francesas de América; o 30 de xuño de 1690 tivo lugar unha vitoria naval francesa en Beachy Head sobre a flota anglo-holandesa. Non obstante , dous anos máis tarde a flota francesa foi derrotada polos anglo-holandeses. Os corsarios tiveron un papel moi importante no ataque á navegación...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado entre os católicos e os seguidores da confesión de Augsburgo (1555). Con el foron excluídos os partidarios de Zwingli e os anabaptistas. Con este acordo estableceuse un compromiso político-relixioso que marcou a división da Alemaña entre as dúas confesións. Concedíase o dereito de reformar os estados do Imperio e de dispoñer que a relixión de cada príncipe fose obrigatoria para os seus súbditos; quen non o aceptase podía emigrar sen danos nin no seu honor nin nos seus bens; as cidades imperiais reformadas tiñan que respectar as minorías católicas. Recoñecía tamén aos príncipes alemáns as terras de dominio eclesiástico que estiveran secularizadas ata o Tratado de Passau (1552). O arquiduque Fernando de Austria engadiulles o chamado reservatum ecclesiasticum, polo que os bispos e os abades que se pasasen á Reforma perdían o seu oficio, as rendas e o territorio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañeira de santa Úrsula, non morreu -como esta e as once mil virxes- martirizada polos hunos na masacre de Colonia de 385 xa que, á volta da peregrinaxe a Roma, enfermou na capital alsaciana.
-
PERSOEIRO
Compositor francés. Seguidor de Vincent de Indy, formou parte do grupo de compositores franceses chamado Os Seis. Escribiu música para o cine, música instrumental, música orquestral, música coral, ópera cómica e ballets.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico, guionista e realizador de curtametraxes, foi o fundador da Revue du Cinéma, publicación na que editaba críticas e artigos sobre o cine francés e internacional dos anos corenta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Túnica de mallas ou escamas empregada para protexer o corpo. Ás veces levaba mangas e unha especie de capucha, e podía combinarse co almófar. Esta denominación, de procedencia xermana, acaba por ser substituída na Península Ibérica pola de ‘cota de mallas’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome orixinal francés de Auvernia.
-
-
de avergoñar.
-
Que sente vergoña.
-
-
-
Facer sentir vergonza ou turbar con reproches.
-
Sentir vergonza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
avergoñado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
avergoñar.
-
PERSOEIRO
Liberal e guerrilleiro e conspirador, célebre polas obras que lle dedicou Pío Baroja, parente afastado seu. Loitou do lado do cura Merino durante a guerra contra Napoleón e, na súa contra, durante o Trienio Constitucional, baixo as ordes do guerrilleiro Juan Martín Díaz, o Teimudo (el Empecinado). Interveu nos feitos do 1835 e nas guerras carlistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de Canadá, no Océano Ártico. É a principal illa do arquipélago de Sverdrup.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor grego. É o representante máis destacado da escola escultórica de Argos ao comezo do s V a C. Foi posiblemente mestre de Policleto, Mirón e Fidias.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Dise dos tecidos que teñen a atadura de xerga, de estameña ou de calquera dos seus derivados.
-
Dise dos tecidos que teñen aspecto de xerga ou estameña.
-
-
PERSOEIRO
Profesora mercantil e socióloga. Publicou, en colaboración co seu marido, Justo de la Cueva Alonso, os traballos: Las familias de la provincia de Pontevedra (1974) e La comarca de la ría de Arosa. Sus familias (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura do Calcolítico antigo-medio do oriente de Alemaña. A súa característica principal son os enterramentos, que poden consistir en simples tumbas onde se colocaba o morto flexionado, inhumacións colectivas en fosa simple ou, como novidade, tumbas baixo túmulo. O enxoval, exclusivamente cerámico, non acusa diferencias entre homes e mulleres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura do Calcolítico antigo-medio do oriente de Alemaña. A súa característica principal son os enterramentos, que poden consistir en simples tumbas onde se colocaba o morto flexionado, inhumacións colectivas en fosa simple ou, como novidade, tumbas baixo túmulo. O enxoval, exclusivamente cerámico, non acusa diferencias entre homes e mulleres.