"RNE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 566.
-
PERSOEIRO
Urbanista e arquitecto neerlandés. Estudiou arquitectura na Academie van Beeldende Kunsten de Rotterdam (1915-1917) e ampliou estudios na Academie van Bouwkunst de Amsterdam (1919-1922). Polo deseño do edificio da academia neerlandesa de ciencias, que non construíu, recibiu o Prix de Rome en 1922. Colaborador de Theo van Doesburg, foi un dos delegados encargados de preparar o IV Congrés Internationaux d’Architecture Moderne (CIAM, 1932) e do plenario do Grupo de Artistas y Técnicos Españoles para el Progreso de la Arquitectura Contemporánea (GATEPAC) en Barcelona. Fixo a planificación urbanística de Amsterdam e presidiu o CIAM.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. Discípulo de C. Orff, estudiou en Múnic e posteriormente trasladouse a Berlín para dirixir a Ópera do Estado. Da súa produción destacan as óperas Die Zaubergeige (1935) e Peer Gynt (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nadadora alemana. Nos Xogos Olímpicos de Múnic en 1972, obtivo tres medallas de prata en 200 m estilo e nas dúas probas de remudas. Retirouse en 1977.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Formado probablemente en Anveres, foi unha figura de transición entre o gótico e o Renacemento. Incorporou unha decoración italianizante ás súas obras, entre as que destacan o tríptico Dó de Cristo e os retablos A crucifixión e A lamentación. Foi mestre dos seus fillos, Pieter, Cornelis e Lucas de Leiden.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
San Pedro de Ernes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espectáculo teatral estreado pola Escola Dramática Galega na Coruña en maio de 1982, na Sala Luís Seoane, e que chegou a realizar 33 funcións por toda Galicia. Foi creado a partir do texto de Oscar Wilde, The Importance of Being Ernest, con dirección de Miguel Pérez Romero, autor igualmente da versión para o galego. Actuaban J. Fernando Martínez, Celestino Hermida, Paco R. Campos, Elina Luaces, Carmina García, Candi García, Irene Canosa, Ana Bouza, Salvador Ramos e Teresa Castro, responsable tamén do vestiario e da escenografía. O espectáculo destacou pola axilidade das situacións e dos diálogos, segundo unha liña marcada polo propio Wilde, cun ritmo axeitado e unha acción trepidante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante de Ernesto/Ernesta.
-
PERSOEIRO
Rei de Hannover (1837-1851), fillo de Xurxo III de Inglaterra e de Hannover. Á morte do seu irmán Guillerme IV de Inglaterra e de Hannover, herdou este último reino. Hostil ás ideas liberais, aboliu a Constitución de 1833 e promulgou outra moito máis autoritaria. Por temor á expansión revolucionaria, en 1848 consentiu algunhas reformas que anulou pouco despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquiduque de Austria, fillo do Emperador Maximiliano II e de María de Austria. Filipe II nomeouno gobernador dos Países Baixos en 1594.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Curlandia (1737-1772). De nome Ernst Johann Biron, foi favorito da Emperatriz Ana I e cando esta morreu ocupou a rexencia durante a minoría de Iván VI (1740). A hostilidade da nobreza provocou o seu desterro a Siberia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe xermánica. Presenta as variantes Ernestino/ Ernestina. Entre as variantes xermánicas primitivas que se recollen, cómpre destacar Ernist, Arnost, Ernest (latinizado en Ernestus) ou Ernust, a forma máis antiga (s VIII), que se identifica co substantivo común antigo altoalemán ernust ‘batalla, combate’. Santo Ernesto, abade do mosteiro de Zwiefalten (Württemburg), celébrase o 7 de novembro.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e urbanista finlandés. Formouse na Universidade Técnica de Helsinqui (1930-1935) e comezou traballando con Alvar Aalto. Especializouse na realización de edificios industriais e levou a cabo proxectos urbanísticos entre os que destaca a cidade xardín de Tapiola.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen escarnece.
-
VER O DETALLE DO TERMO
escarnio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer escarnio de alguén.
-
PERSOEIRO
Artista gráfico holandés. Formouse na School voor Kunstnijverheid de Haarlem (1919-1922). Viviu en Italia entre 1923 e 1935 e despois en Suíza, Bruxelas e Baarn ata que se instalou en Laren. Realizou unha obra caracterizada pola suxestión espacial e a ilusión óptica, de carácter surrealista, e na que tiveron grande importancia os conceptos matemáticos. Entre outros gravados destacan Ciclo (1946), Belvedere (1958) e Fervenza (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano, fillo de Publio Cornelio Escipión. Elixido por votación popular xefe do exército romano en Hispania, tralo desembarco en Tarraco (210 a C) estableceu alianzas cos indíxenas e aproveitouse da dispersión dos cartaxineses para conquistar Cartago Nova (209 a C). Derrotou a Asdrúbal en Bécula (208 a C) e conseguiu a vitoria en Ilipa (206 a C), feito que permitiu a captura de Gades e a fin do dominio cartaxinés en Hispania. Nomeado cónsul (205 a C), trasladouse a Sicilia para continuar a guerra contra os cartaxineses en África. Nomeado procónsul ao ano seguinte, aliouse co Rei Massinisa e puxo fin á Segunda Guerra Púnica trala derrota de Aníbal na Batalla de Zama (202 a C). Participou como legado na campaña contra Antíoco III de Siria e concertou un tratado de paz (190 a C) que o enfrontou cun sector do Senado. Pola súa vitoria concedéronlle o título de Africano (201 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano, irmán de Publio Cornelio Escipión. Dirixiu a campaña contra os insubrios como cónsul (222 a C). Desembarcou en Empúries á fronte do exército romano (218 a C) e derrotou os ilerxetes e outros pobos indíxenas aliados dos cartaxineses. Continuou o seu avance cara ao SO, venceu as tropas de Hannón, situadas ao N do Ebro, e conquistou Cissa (Tarragona). Trala chegada do seu irmán Publio á fronte de novas tropas (217 a C), continuaron xuntos a campaña, cruzaron o Ebro, cercaron Dertosa (Tortosa) e derrotaron a Asdrúbal (216 a C). Reconquistaron Sagunto (213 a C-212 a C), pero despois de dividir o exército foi derrotado polos cartaxineses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano, fillo adoptivo de Publio Cornelio Escipión Africano. Abandonou o partido dos Escipións para unirse ao dos patricios. Participou na Terceira Guerra Púnica como tribuno militar e, tralo seu nomeamento como cónsul, dirixiu o ataque definitivo contra Cartago para destruíla (146 a C). Organizou a provincia romana do Norte de África. Elixido de novo cónsul (134 a C), foi enviado a Hispania trala desfeita do cónsul Caio Hostilio Mancino no cerco de Numancia. Cercou a cidade (134 a C-133 a C) e, despois de rendela pola fame, arrasouna e pacificou a Meseta. Á súa volta a Roma, enfrontouse cos membros do partido popular pola lei agraria e foi asasinado. Formou ao seu redor un grupo, no que se incluían Polibio e Terencio, que difundiu a cultura grega en Roma. Recibiu os apelativos de Segundo Africano, trala vitoria sobre Cartago, e Numantino, pola súa vitoria en Hispania (132 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano, irmán de Cneo Cornelio Escipión Calvo. Recibiu o consulado xunto con Tiberio Sempronio (218 a C) e emprendeu unha campaña contra os cartaxineses, pero non puido frear o avance de Aníbal cara a Italia, que o derrotou en Tesino e Trebia. Enviou o seu irmán Cneo para atacar as bases cartaxinesas en Hispania e uniúselle cun novo exército (217 a C). Nunha campaña conxunta cruzaron o Ebro, cercaron Dertosa (Tortosa) e derrotaron a Asdrúbal (216 a C). No seu avance cara ao S conseguiron a alianza dalgúns dos pobos peninsulares, que se integraron no seu exército, e continuaron o seu avance ata reconquistar Sagunto (213 a C-212 a C). Foi derrotado en Cástulo polo exércitos de Asdrúbal e Magón.
VER O DETALLE DO TERMO