Escipión Calvo, Cneo Cornelio
Escipión Calvo, Cneo Cornelio
Xeneral e político romano, irmán de Publio Cornelio Escipión. Dirixiu a campaña contra os insubrios como cónsul (222 a C). Desembarcou en Empúries á fronte do exército romano (218 a C) e derrotou os ilerxetes e outros pobos indíxenas aliados dos cartaxineses. Continuou o seu avance cara ao SO, venceu as tropas de Hannón, situadas ao N do Ebro, e conquistou Cissa (Tarragona). Trala chegada do seu irmán Publio á fronte de novas tropas (217 a C), continuaron xuntos a campaña, cruzaron o Ebro, cercaron Dertosa (Tortosa) e derrotaron a Asdrúbal (216 a C). Reconquistaron Sagunto (213 a C-212 a C), pero despois de dividir o exército foi derrotado polos cartaxineses.
Cronoloxía
-
Deceso