"Red" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 824.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Paderne de Allariz baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Figueroa, no concello de Abegondo, emparentada cos Figueroa. As súas armas traen, en campo de goles, cinco follas de figueira, de sinople, perfiladas de ouro, e postas en aspa. Outra variante presenta, en campo de ouro, tres follas de figueira, de sinople, mal ordenadas.
-
PERSOEIRO
Militar e político portugués. Marqués de Sá da Bandeira. Como representante dos liberais ocupou diversos ministerios, especialmente na carteira de Mariña, e foi xefe de goberno en varias ocasións desde 1835. Interesouse sobre todo pola política ultramariña e loitou pola abolición da escravitude nos territorios que estaban baixo administración portuguesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor portugués. Documentado entre 1515 e 1543, foi autor dos retablos da invención e exaltación da Santa Cruz en Coimbra (1522-1530) e de Ferreirim, onde colaborou con Gregorio Lopes e Christovão de Utreque (1533-1534).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo. Autor de pezas como Grêve geral (1948), Pantomima Trágica (1950), A menina sen nome (1953), Os fantasmas (1959), Tragédia para rir (1962), O asilado (1962) ou A raposa e as uvas (1953), texto sobre o que Maximino Queizán preparou un espectáculo homónimo, presentado en 1966 e 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político brasileiro. Foi xefe do Serviço Federal de Informação (1974-1978) e presidente da República (1979-1985). Durante o seu mandato iniciouse a transición cara ao sistema democrático.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Defendeu a imitación dos autores tráxicos gregos para crear un teatro nacional portugués. Comezou a escribir en 1756, pero durante vinte anos non puido estrear nada. Foron publicados trece volumes de dramas (1804-1815), entre os que destacan Artaxerxes II (1757), Viriato (1757), Inês (1774) e As Irmãs (1775).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cesuras baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionario cubano. Coñecido como Pedrucho, participou na ocupación de Bayamo (1868) e compuxo o actual himno nacional cubano. Foi apresado polos españois e fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e artista gráfico finlandés de orixe inglesa e belga. Foi un dos fundadores do Círculo do s XX. Adaptou a técnica do neoimpresionismo. En 1897 trasladouse a Finlandia e encargouse da fábrica de cerámica Iris. Introduciu as tendencias europeas das artes plásticas e industriais na arte finlandesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Formouse na Universidade de Ohio e no Instituto de Tecnoloxía de California, de onde foi profesor. As súas investigacións centráronse na teoría da nucleosíntese estelar, onde introduciu avances fundamentais, e na orixe dos elementos químicos. Recibiu a medalla Barnard da Universidade de Columbia (1965) e o premio Vetlesen (1973). En 1983 outorgóuselle o Premio Nobel de Física que compartiu con S. Chandrasekhar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Cultivou unha pintura social incluída na corrente do naturalismo do s XIX (Serventa vella) e unha pintura simbolista de tipo idealista (Arroio).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do antropónimo Federico.
-
CIDADES
Cidade de Dinamarca, na illa de Sjaelland, dentro da área metropolitana de Copenhaguen (9 km2; 90.327 h [2000]). O seu territorio está totalmente rodeado pola capital. Contén unha área de recreo, un sector residencial e unha área industrial. Do seu patrimonio cultural destacan a Real Fábrica de Porcelana de Copenhaguen, o palacio de Frederiksberg (1609-1703) e os xardíns de Frederiksberg, dentro dos que destacan o pavillón chinés (1799), o Apistemplet (1802) e o Kildegrotten (1801).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Amt de Dinamarca, ao NO da illa de Sjaelland (1.347 km2; 365.306 h [2000]). A cidade principal é Hillerød (36.453 h [2000]). O castelo que lle dá nome, construído entre 1602 e 1625, é museo de historia nacional.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico belga coñecido como Jacques Feyder. Foi un dos creadores do naturalismo poético cinematográfico. Foi premiado na Mostra de Venezia en 1936 por La kermasse héroïque. Outros filmes seus son Carmen (1926), Thérèse Raquin (1928) e Pension Mimosas (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e aristócrata francés. Introduciu a educación física nas escolas como método para a formación integral do individuo. Afeccionado á práctica deportiva, foi o impulsor, en 1894, do movemento olímpico moderno. Presidiu o Comité Olímpico Internacional entre 1896 e 1925. Durante o seu mandato celebráronse as primeiras edicións dos Xogos Olímpicos da Era Moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Profesor na Escola Superior de Arquitectura da Coruña, fundou, xunto con Iago Seara, Obradoiro de Arquitectura. Entre as súas obras destacan a restauración do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, a sede da Cruz Vermella da Gudiña (1990) e o centro de saúde do barrio da Ponte en Ourense (1993). Xunto con Iago Seara construíu tres vivendas unifamiliares en Derrasa (Ourense, 1979-1983) e con María Xesús Blanco e Fernando Blanco rehabilitou a antiga residencia de profesores das escolas de Carballiño para casa da cultura (1980-1983). Colaborou en Cadernos de psicoloxía, Obradoiro, On diseño e no Boletín académico da ETSA da Coruña e no catálogo Retratos Eduardo Núñes: dez anos da vida cultural en Ourense (1999). Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio no concurso de vivendas sociais da provincia de Ourense (1980), o primeiro premio provincial e o encargo do proxecto Basilio no concurso nacional Interprovincial de anteproxectos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés. Foi profesor en Toulouse e en Lyon, onde foi tamén director do observatorio astronómico. Fixo un gran número de investigacións sobre xeometría diferencial e estableceu o triedro e as fórmulas que levan o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e impresor. Traballou como libreiro na súa cidade natal, ata que en 1887 abriu a súa propia imprenta en Berlín. Influenciado por Bertha von Suttner, comezou a interesarse polo movemento pacifista, fundou a organización Deutsche Friedensgesellschaft, e pasou a editar a publicación Monatliche Friedenskorrespondenz (1894-1899). En 1899 tirou do prelo Die Friedenswarte, outro periódico representativo do pacifismo a escala mundial e en 1905 Annuaire de la vie internationale, no que se promovía a cooperación internacional baseada nos traballos da Conferencia da Haia. Neses anos, desenvolveu o seu labor como secretario xeral da Unión Internacional da Prensa para a Paz. Ao estalar a Primeira Guerra Mundial, foi acusado de traizón polo goberno austríaco. Finalizada a contenda, amosouse crítico cos abusos cometidos na Conferencia de Versailles. Impulsor dunha filosofía e dun estilo propios para a consecución da paz no mundo, recibiu o Premio Nobel da Paz en 1911.
VER O DETALLE DO TERMO