Freixedo Alemparte, Alfredo

Freixedo Alemparte, Alfredo

Arquitecto. Profesor na Escola Superior de Arquitectura da Coruña, fundou, xunto con Iago Seara, Obradoiro de Arquitectura. Entre as súas obras destacan a restauración do mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, a sede da Cruz Vermella da Gudiña (1990) e o centro de saúde do barrio da Ponte en Ourense (1993). Xunto con Iago Seara construíu tres vivendas unifamiliares en Derrasa (Ourense, 1979-1983) e con María Xesús Blanco e Fernando Blanco rehabilitou a antiga residencia de profesores das escolas de Carballiño para casa da cultura (1980-1983). Colaborou en Cadernos de psicoloxía, Obradoiro, On diseño e no Boletín académico da ETSA da Coruña e no catálogo Retratos Eduardo Núñes: dez anos da vida cultural en Ourense (1999). Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio no concurso de vivendas sociais da provincia de Ourense (1980), o primeiro premio provincial e o encargo do proxecto Basilio no concurso nacional Interprovincial de anteproxectos sobre tipoloxías de vivenda rural (1982).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Carballiño