"Vas" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 331.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe nobre sueca, orixinaria de Uppland, que tivo unha importante influencia política durante o s XV e que se distinguiu pola súa oposición ao partido popular e por favorecer a unión con Dinamarca. Deu lugar a unha dinastía real en Suecia, inaugurada en 1523 por Gustavo I, e que reinou ata a abdicación en 1654 de Cristina I, e outra en Polonia, iniciada en 1587 con Sexismundo III, que reinou ata a abdicación de Xoán II Casimiro en 1668.
-
-
Condición ou estado de vasalo.
-
Servidume ou estado de sometemento.
-
Elemento integrante do vínculo feudal constituído dunha relación de servizo, amizade e protección pactada entre dúas persoas de condición nobre. Unha delas (vasalo) encoméndase á outra (señor) mediante xuramento de fidelidade (homenaxe), co compromiso de servilo, principalmente na guerra, a cambio de recibir unha protección, un sostemento doméstico ou a concesión duns bens en usufruto. Esta relación desenvolveuse amplamente nos séculos medievais nos países do occidente europeo e, ao fusionarse co beneficio, como mercé recibida do señor, constituíu unha das bases do feudo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
varredoiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelanizada do apelido galego Vasalo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume que facía referencia á condición social do individuo a quen se lle aplicaba. Pode aparecer grafado cun b- non etimolóxico. Presenta a variante castelanizada Vasallo.
-
-
Home de condición nobre que, mediante xuramento de fidelidade cara a outro nobre ou o rei, contraía con eles unha relación de vasalaxe, con todos os dereitos que lle eran inherentes, baseada fundamentalmente na axuda guerreira. A retribución do vasalo consistiu ordinariamente no gozo dun dominio territorial, en beneficio ou en feudo (vassi dominici); pero existía tamén o vasalo soldado, retribuído cun estipendio pecuniario. O termo chegou tamén a expresar a mesma condición xeral respecto do soberano.
-
Que ou quen está sometido ao poder doutra persoa ou a recoñece como superior.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto. De nome Jan van Santen, estableceuse en Roma, onde fixo o Palazzo Borghese, ampliado por Maderna, a fachada da igrexa de San Sebastiano fuori le Mura e o Casino Borghese, reformado a finais do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor húngaro. Foi alumno da Bauhaus de Budapest (1928-1929). Estableceuse en París, onde a partir do estudo da obra de Kandinskij e de Mondrian comezou a crear o novo movemento, que proseguía a obra de Mondrian e de Malevič. Coa súa obra teórica e coa súa plástica cinética negou toda a pintura tradicional e renovou a arte actual.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte, pintor e arquitecto. Instituíu a Academia del Disegno (1562) e, como pintor, decorou edificios relixiosos e civís (Palazzo Vecchio de Florencia), onde mostrou influencias de R. Fiorentino, Bronzino e sobre todo de Miguel Anxo, cuxas formas tamén son patentes nos seus proxectos arquitectónicos (Palazzo degli Uffizi de Florencia, 1560) e a quen exaltou en La vite dei più eccellenti pittori, scultori e architettori (1550).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista húngaro. Naturalizado suízo (1958), formouse en Budapest con Hernadi e Kodály, e especializouse en Chopin e Liszt.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
2 arcada.
-
Zona pedregosa e pendente onde unha corrente de auga se convulsiona formando unha fervenza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que o quen non se preocupa da súa maneira de vestir.
-
-
vascalleiro.
-
varredoiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe incerta, quizais ibérica, ou relacionada co éuscaro bela ‘corvo’, cunha terminación ibérica. Tamén se interpretou como procedente do éuscaro Belasko, onde o radical bel- significa ‘o máis baixo da ladeira’; -as- é un infixo abundancial de vexetación, polo que belas- é ‘prado nas ladeiras baixas dun monte’; o sufixo -ko indica procedencia. Na Idade Media era un nome bastante frecuente. De aquí deriva o apelido galego Vázquez ou Vásques, que corresponde ao castelán Velázquez. Tamén aparece con b- non etimolóxico.
-
-
Relativo ou pertencente a Euskadi, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Euskadi.
-
éuscaro.
-
Literatura oral e escrita en éuscaro. Malia a riqueza da literatura popular oral, a parte escrita foi escasa, de aparición tardía e fragmentada en diversos dialectos. Os textos máis antigos son fragmentos dos cantos relativos ás loitas dos ss XIV e XV. O primeiro libro impreso foi a escolma de versos Linguae Vasconum Primitiae (1554), de B. Etxepare. Durante o reinado de Xoana de Albret, promotora da reforma dos hugonotes en Nafarroa, Xoán de Leizgarra traduciu ao vasco o Novo Testamento e o catecismo calvinista. O máis clásico dos prosistas vascos foi o labortano Pedro de Axular, autor de Guero (Despois, 1643); tamén destaca o labor do seu contemporáneo, o erudito suletino Arnauld de Oihenart. Nos territorios peninsulares o cultivo literario do éuscaro comezou en Gipuzkoa no s XVIII coa figura do xesuíta M. Larramendi. A finais do s XVIII e inicios do XIX xurdiron os primeiros escritores biscaíños, como Moguel Urquiza, autor de Peru Abarca (1800), que formula...
-
Arte musical desenvolvida en Euskadi. A música folclórica vasca ofrece características propias, aínda que recibiu influencias das súas veciñas. Considerouse a hipótese da influencia céltica sobre a música popular vasca que é, sobre todo, melódica e bimodal desde o s XVIII. No que respecta ao ritmo, a maioría das cancións están construídas sobre compás de 2/4, 3/4 e 6/8. O zortzico con ritmo 5/8 non é peculiar nin exclusivo do pobo vasco. Os instrumentos máis populares de Euskadi son o txistu, o alboka (da familia do clarinete) e a dulzaina. A música vasca ten un testemuño moi antigo no códice de Roda, do s X e de orixe navarra, que contén o epitalamio con notación musical máis antigo coñecido en Europa. Da escola de Nafarroa xurdiu no inicio do s XIV a nota mínima ou corchea. No s XVIII compuxeron música con clavecín algúns compositores notables, que difundiu J. A. Donostia en Música de tecla no País Vasco (1953). Destacou o tenor Julián Gayarre e o violinista...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Vasco da Gama.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Vasco da Ponte.
-
PERSOEIRO
Trobador galego. Activo no primeiro cuarto do s XIII, pertenceu á nobreza menor, como vasalo de Gil Vasquez de Soverosa, e casou con Teresa Martins, da familia dos Mogudos. As súas composicións aparecen xunto coas de Fernan Rodriguez de Calheiros, polo que se pensa que puideron ter algunha relación de amizade ou parentesco. Autor de 29 cantigas, das que 25 corresponden ao xénero de amor; destas, 13 localízanse no inicio do Cancioneiro da Ajuda, polo que poden corresponder a algunhas das primeiras manifestacións deste xénero. Ademais do emprego de temas convencionais, salienta o uso constante da hipérbole e o seu estilo elegante, aínda que algo monótono. En canto ás cantigas de amigo, moi semellantes na temática ás de amor, a doncela láiase da separación do amado. Nunha delas, “Meu amigo, pois vós tan gram pesar” reprodúcese certo enfado da dama co amado, un motivo pouco usual, que tamén empregou Fernan Rodriguez de Calheiros, polo que invita a pensar na relación existente entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués. Activo a mediados do s XIII, identifícase coa familia nobre dos Soverosa, de orixe galega, afín ao Rei Sancho II de Portugal, e que tiveron certo protagonismo na corte do monarca portugués, especialmente na guerra civil de 1245-1247. Capturado polas tropas de Afonso III o Boloñés, foi liberado ao pouco tempo e marchou para Castela, onde participou na conquista de Sevilla (1248). A súa obra está constituída por 13 cantigas de amor, dúas de amigo e dúas tenzóns, con Pero Martinz e Afonso X. Nas composicións de amor destaca unha en que responsabiliza a Deus polo sufrimento do amado, “Que sen-mesura Deus é contra mi!”, e outra que salienta pola forza das súas queixas e o emprego de formas paralelísticas, “Ay mia senhor! quero-vus preguntar”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués. Pertencente ás familias dos Pimentel e Resende, participou na vida da corte dos reis don Denís e Afonso IV. Polos seus casamentos tamén estivo relacionado con destacadas familias da época, os Moedeiros de Braga e os Azevedo. Segundo diversas informacións foi vasalo de Afonso Sanchez, fillo bastardo de don Denís, e formou parte das tropas deste monarca na guerra civil de 1319-1324. Da súa autoría só se conserva parte da tenzón “Vaasco Martiiz, pois vos traballades”, mantida co mesmo Afonso Sanchez.
VER O DETALLE DO TERMO